REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS
(25-14, 26-24, 25-22)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Pablo Redondo nas alturas |
O bo estado de forma do equipo filial masculino continúa. Malia as importantes baixas que os castigan, os de Adrián Alves están sacando adiante os partidos desta competición autonómica con solvencia. O do sábado foi un encontro no que os nosos foron de máis a menos. No transcurso do primeiro set viuse a mellor versión do Redesyl. Xavier Sarille e Xian Pérez eran os puñais ofensivos dun equipo atinado en recepción e moi activo en bloqueo-defensa. A partires de aquí o acerto baixou en tódalas facetas do xogo para vivir dous finais de set igualados. Unha vez máis o Redesyl demostrou que é un equipo ó que lle custa marcar o ritmo do xogo e os pontevedreses, equipo con xogadores de moito percorrido nesta categoría, competiron ata o final. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Xian P., Xavier S., Lois V., Borja V., Fran D. e Felipe R. (líbero). Como reservas agardando a súa oportunidade atopábanse Daniel V., Pablo R., Juan O., Félix R. e Diego R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(Agardando parciais)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(25-0, 25-0, 25-0)-(Liga Galega Cadete Masculina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-20, 25-12, 20-25, 25-12)-(Liga Galega Cadete Feminina)
O JEALSA gaña o seu 9º partido da tempada |
As rapazas que dirixe Emilio Palacio aférranse á parte alta da Liga Galega Cadete Feminina conseguindo a 9ª vitoria desta tempada en 11 encontros. Foi un choque carente de brilantez por parte de ámbolos dous equipos. Malia non mostrar a súa mellor versión as boirenses conseguían levar a iniciativa do encontro gracias ó seu maior poderío desde a liña de saque nos puntos importantes do mesmo. Por momentos o ataque local tamén desequilibraba a balanza dun encontro no que tan só durante o 3º set se perdeu a constancia para ledicia das da Costa da Morte. As vacacións do Nadal chegan ó JEALSA cunha bagaxe extraordinaria no que vai de camiño, pero con toda a segunda ronda da competición autonómica por diante para confirmar as pretensións de xogar o play-off desta edición 2014-15 da LGCF. Polo JEALSA xogaron: Ada V., Laura P., Lía V., Laura O., Alejandra M., Paula V. e Irea T. (líbero). Como suplentes estaban Verónica P., Luciana V., Sara T e Lea G.
Ningún comentario:
Publicar un comentario