xoves, 4 de decembro de 2014

EQUIPO IDEAL DO 29-30 DE NOVEMBRO:

Os mellores da xornada (29-30 de novembro)
Nunha xornada repleta de encontros varias son as actuacións d@s nos@s xogadores que destacan por riba dos demais compañeir@s. Deste xeito o septeto ideal da semana é o seguinte: colocadora, Sara Bugallo: a figura da xogadora saída da nosa canteira medra semana tras semana, mostrando actuacións tan notables como a do domingo en Ourense. O seu saber a dirección do JEALSA é unha das chaves da boa marcha das xuvenís nos últimos tempos. Oposto, Daniel Vázquez: nocivo co seu servicio e moi combativo durante todo o encontro foi un dos baluartes no encontro no que os infantís caeron en Dumbría ante o Manuela Rial Mouzo. Receptor 1, Xavier Sarille: destacadísima actuación a do amiense no seu debut co equipo filial masculino. Seguro na liña de recepción e moit incisivo en ataque foi sen lugar a dúbidas un dos mellores xogadores sobre a cancha do Municipal de Dumbría. Receptor 2, Alberto Tubío: Serio en defensa e moi atinado en recepción. A súa predisposición para competir fai do rianxeiro un gran valor da canteira boirense nestes momentos. Central 1, Germán Romero: no seu debut como titular estivo máis que acertado, sumando a nada rexeitable cifra de 11 puntos de ataque (44%) e 3 bloqueos para un total de 14. Central 2, Félix Romero: extraordinaria actuación a do central boirense na vitoria dos xuvenís sobre o Voleibol Dumbría por 0-3. En ataque estivo sobresaínte convertindo en punto cada ocasión que o seu colocador lle daba e en bloqueo traballou para intimidar ós atacantes locais. Líbero, Sheila Outeiral: o seu saber facer en recepción e a súa capacidade defensiva fan da xuvenil unha visitante asidua nesta sección.

Ningún comentario: