CLUB VIGO VOLEIBOL 3-2 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(28-26, 18-25, 30-28, 17-25, 15-13)-(Superliga 2 Masculina)
Derrota do Náutico en Coia |
Axustada derrota a sufrida polo noso primeiro equipo na súa visita ó Pavillón de Coia vigués. O derbi galego da categoría de prata chegáballes ós de Emilio Palacio nun momento delicado xa que as baixas de Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Iván Souto mermaban un cadro de xogadores que foi completado coa convocatoria do central xuvenil Fran Dieste. O encontro arrancaba cos nosos moi irregulares. O desconcerto boirense era aproveitado á perfección polos vigueses que chegaban ós tempos técnicos do primeiro set mandando no luminoso. Co paso dos puntos os nosos foron atando cabos e levando a igualdade ó xogo. Tras un tira e afrouxa e un balón de set marrado polo Náutico os de Vigo adiantábanse nun partido de pouca brilantez ata o momento. No inicio do segundo set o Náutico soltou lastre e mostrou unha cara ben diferente. Narciso Abalo e Gabriel del Carmen eran os estiletes ofensivos que mantiñan a iniciativa para os seus. Deste xeito chegaba o empate o tanteador. A terceira foi a manga máis igualada de todas. As defensas impoñíanse ós ataques e tras varias oportunidades de gañalo set desperdiciadas os vigueses asegurábanse un punto gracias a un envío fóra de límites dos branquiazuis. De novo a derrota espertaba ós nosos. A presión exercida neste momento polo servicio boirense maniataba ós receptores locais que se mostraban incapaces de comezar a súa construcción con certa claridade levando inevitablemente o encontro ó desempate. O tie-break comezaba co Náutico máis acertado. O saque, xunto co bloqueo defensa, poñía terra de por medio e os 3 puntos de renda acadados polos da Cachada semellaban case que definitivos. Foi neste momento cando o plan de xogo se desmoronou. As imprecisións no saque, sumadas á falta de determinación en momentos tan importantes fixo que os vigueses recuperaran alento e pechasen un encontro que nos deixa unha derrota que afasta ós nosos da clasificación para a Copa Príncipe. Polo Náutico xogaron: Ismael M., Narciso A., Cristóbal Á., Gabriel del C., Emilio P., Germán R. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Gustavo R., Miguel V., Manuel P. e Fran D.
VOLEIBOL DUMBRÍA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 25-18, 25-15, 25-18)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Xian Pérez explora o bloqueo do Voleibol Dumbría |
Primeiros tres puntos para o filial na 2ª Autonómica. Tras varias semanas de descanso volvían os de Adrián Alves á competición para medirse a un Voleibol Dumbría que tiña no seu haber 2 vitorias en 3 partidos. A superioridade preto da rede e a presión exercida desde a liña de saque levaban ós boirenses a golpear primeiro. No segundo set a relaxación xogoulle unha mala pasada ó Redesyl. Os locais, co ex Intasa San Sadurniño Pablo Touriñán á cabeza, empataban o encontro nun parcial controlado con comodidade. A reacción boirense non e fixo agardar e os dous seguintes sets caían en saco branquiazul gracias ó saber facer en saque a á actuación ofensiva de Xavier Sarille. A vindeira xornada duelo entre filiais das Superligas nacionais posto que o EMEVÉ B visita A Cachada. Redesyl: Daniel V., Xian P., Xavier S., Marcos A., Borja V., Fran D. e Felipe R. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Pablo R., Juan O., Diego R. e Óscar R.
DOMPA GESTIÓN 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Agardando parciais)-(2ª Div. Autonómica Feminina)
VOLEIBOL DUMBRÍA 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 23-25, 23-25)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Félix Romero foi o xuvenil máis destacado en Dumbría |
Vitoria en tres sets para os nosos xuvenís no Municipal de Dumbría ante un equipo que comparte metas clasificatorias para o fin de tempada. O saber facer na dirección de Ismael Martínez foi unha das facetas máis destacadas nun encontro no que os nosos non chegaron en ningún momento a xogar con soltura. A aportación ofensiva de Xian Pérez e de tódolos centrais, mención especial para Félix Romero, foron determinantes para que os de Adrián Alves dominasen o encontro con claridade e regresaran sen ceder ningún set. A vindeira semana partido complicadísimo contra EMEVÉ de Lugo na Cachada. Tódolos resultados da xornada na LGXM aquí. Polo JEALSA formaron de inicio: Ismael M., Xian P., Adrián G., Marcos A., Borja V., Fran D. e o cadete Christopher R. (líbero). Como reservas agardando a súa oportunidade estaban Rubén M., Daniel O., Dani G., Lois V. e Félix R.
DOMPA GESTIÓN 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Agardando parciais)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
VOLEIBOL DUMBRÍA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-13, 21-25, 25-23)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Os cadetes caen de xeito merecido nun encontro para esquecer |
Desastroso encontro o disputado polos nosos cadetes en Dumbría ante un rival directo para a clasificación polo play-off da LGCM. Totalmente desaparecidos nas dúas primeiras mangas os de Adrián Alves vían como os locais se colocaban cun clarísimo 2-0 apenas sen esforzarse e cunha gran actuación do seu central Marco Lado. Continuos erros de saque, desacertados en recepción e moi irregulares en ataque o JEALSA mostraba sen ningún lugar a dúbidas a peor cara da temporada. No terceiro set o orgullo boirense fixo acto de presencia para recurtar distancias. A melloría desde os 9 metros era evidente e os atacantes de banda comezaron a carburar. No cuarto a tónica era a mesma ata que dúas decisións arbitrais desfavorables desconcertaban ós nosos para caer pola mínima e deixar os puntos en xogo na Costa da Morte. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Christopher R., Álex V., Pablo D. e Darío O. (líbero). Como suplentes estaban Sergio C., Álvaro P. e Borja S.
DOMPA GESTIÓN 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Agardando parciais)-(Liga Galega Cadete Feminina)
MANUELA RIAL MOUZO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-21, 25-5)-(Liga Galega Infantil Masculina)
Ningún comentario:
Publicar un comentario