NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 CVLEGANÉS.COM
(17-25, 25-22, 25-23, 25-23)-(Superliga 2 Masculina)
Un Cristóbal Á. estelar relanza ó Náutico na SM-2 |
Fíxose de rogar pero a segunda vitoria da temporada para o noso primeiro equipo xa está no peto. As dificultades coas que o Náutico afrontaba este vital encontro para manter vivas as esperanzas de clasificar para a Copa Príncipe de Asturias eran inmumerables pero o ADN loitador do equipo volveu a brindarlle unha gran tarde de volei ós seus siareiros. Á xa coñecida baixa colocador titular Iván Souto sumábase a do central Jesús Vázquez por problemas nun nocello pero os nosos souberon sobrepoñerse a estas ausencias e deixar os 3 puntos na Cachada. Emilio Palacio confiou nos mesmos homes que deron a cara fai 7 días en Palencia ante a selección española júnior. O arranque do choque era desesperanzador para os de Boiro. Cheos de dúbidas, cometendo moitas imprecisións e incapaces de parar ós atacantes madrileños vían como o rival se adiantaba con relativa comodidade gracias á aportación ofensiva do seu oposto Alberto Aparicio (16 pts). Lonxe de borrarse do encontro, os nosos apelaron a súa coraxe e mudaron de faciana tralo descanso entre sets. O servicio branquiazul comezou a carburar e a construcción visitante pasaba por moitos máis apuros que no primeiro acto. A recepción local permitía elaborar o xogo ofensivo en mans do xuvenil Ismael Martínez e a estratosférica actuación ofensiva de Cristóbal Álvarez (19) mostráballe ó Náutico o camiño hacia a vitoria parcial que colocaba as táboas no luminoso. No terceiro o Náutico chegaba ós dous primeiros tempos técnicos a remolque no tanteador (4-8 e 13-16). As imprecisións volvían a lastrar a un equipo que só na parte final do set conseguiría afinar as súas accións para colocar o 2-1 favorable. Este triunfo parcial sentoulles ós nosos coma un soplo de aire fresco. O nivel de recepción era óptimo e o Náutico permanecía puntual ó cambio mentres en bloqueo-defensa arañaba en cada rotación que se dispoñía a sacar. Tras desaproveitar 4 puntos de vantaxe con varias imprecisións Narciso Abalo atopaba un bloqueo-fóra nas mans da primeira liña madrileña que catapultaba ó Náutico hacia 3 puntos importantísimos. Consulta aquí a estadística do encontro. Polo Náutico xogaban: Ismael M., Narciso A., Cristóbal Á., Gabriel del C., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como suplentes estaban Daniel V., Miguel V., Germán R., Manuel P. e Gustavo R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A.
(21-25, 25-22, 14-25, 25-22, 15-9)-(2ª Div. Autonómica Feminina)
Gran actuación das senior para certificar a vitoria no 5º |
Gran encontro do JEALSA ante un conxunto que chegaba á Cachada sen coñecer a derrota. Comezaba o encontro coas nosas ordeadas en defensa e moi precisas na recepción. Tan só unha gran xeira de servicios das pontevedresas evitaron que as nosas se adiantasen. O 2º foi un espello do 1º pero agora as que golpeaban co servicio para igualar o choque eran as boirenses e de seguido as pontevedresas para colocar o 1-2. No 4º set, a entrada de Sara Bugallo na dirección e a conexión desta coas súas centrais ocasionaba unha remontada (4-13) que levaba a contenda ó tie-break. A recepción sumada a grandes defensas puntuais deixaba os puntos na Cachada. JEALSA: Laura M., Mariana D., Veróniza C., María T., Noelia D., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Rebeca G., Sara B., Sheila P., Paula R. e Xiana R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A.
(26-24, 25-20, 26-24)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
O JEALSA xuvenil feminino, en postos de play-off |
Vitoria en tres sets do JEALSA xuvenil feminino para sumar a súa cuarta conquista da temporada. A sensible baixa da receptora Melissa Novoa por molestias nun hombro semellaba difícil de dixerir para as nosas, pero a gran aportación preto da rede da noiesa Alejandra Moledo rompiu a igualdade case que en tódolos sets. A presión exercida polas nosas desde a liña de saque foi unha das claves do encontro, xa que permitiu que a defensa boirense fixese acto de presencia outorgandolles ás da Cachada multitude de situacións de contraataque. Sara Bugallo, atinada ós mandos do JEALSA, atopaba sempre a mellor opción de ataque. Deste xeito e non sen apuros conseguían as nosas pechar un encontro que as deixa na 4ª praza da LGXF a expensas do que faga o Xuvenil Teis no encontro que tén pendente. Polo JEALSA xogaron: Sara B., Paula V., Alejandra M., Lea G., Lía V., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Como suplentes estaban Irea T., Marta S., Laura P., Laura O. e Ada V.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-8, 25-11, 25-9)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Os cadetes manteñen intacta a súa travesía pola LGCM |
Sexto triunfo da temporada para o JEALSA cadete masculino nun encontro dominado de cabo a rabo polos de Adrián Alves. O servicio local facía estragos nunha inexperta liña de recepción, a naronesa, que pasaba serios apuros para devolver o esférico a campo boirense. Cun gran Rubén Martínez na dirección os atacantes branquiazuis mostraron a súa mellor versión. Gracias á comodidade dos parciais o preparador local puido dar entrada a tódolos seus xogadores. Como nota destacable queda o debut en categoría cadete do infantil de primeiro ano Daniel Vázquez. A vindeira semana visita complicadísima a unha cancha con tradición no deporte de base masculino como é o Municipal de Dumbría, Consulta tódolos resultados na LGCM aquí. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Christopher R., Pablo D., Álex V. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Borja S., Manu T. e Álvaro P.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A.
(23-25, 21-25, 25-17, 25-20, 15-8)-(Liga Galega Cadete Feminina)
Gran remontada das cadetes para seguir en postos de play-off |
Importantísima e traballada vitoria das nosas cadetes. O encontro non arrancaba como as nosas agardaban e as pontevedresas apretaban forte. Os erros non forzados maniataban ás rapazas que dirixe Emilio impedíndolles facer fronte a un CVP que se mostraba serio en defensa e moi incisivo o seu servicio. Co 0-2 no tanteador da Cachada o JEALSA mudou de imaxe e cunha atinadísima Alejandra Moledo en ataque conseguíu revertir a situación e poñer a salvo o 6º partido gañado para as de Boiro no que vai de LGCF. Importante foi tamén a gran actuación que tivo Sara Tubío desde a liña de saque, xerando moita incertidume entre a liña de recepción visitante. Esta vitoria sumada á derrota de Liceo ante Voleyourense afianza ás branquiazuis na 3ª posición da fase regular. Próxima parada, Dumbría. Polo JEALSA xogaron: Lea G., Paula V., Alejandra M., Lía V., Laura O., Laura P. e Irea T. (líbero). Tamén xogaron Ada V., Verónica P., Marta S., Luciana V. e Sara T.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 CV NARÓN VOLEA
(25-23, 15-25, 14-25, 10-25)-(Liga Zonal Infantil Feminina)
As infantís gañan o seu primeiro set como equipo |
Segundo tropezo da temporada para este equipo de recente nacemento. O partido arrancaba con vitoria parcial das boirenses froito do seu acerto desde a liña dos 9 metros, especialmente en mans de Sara Ordóñez. Desde este momento as visitantes tomaron as rendas do encontro utilizando esta mesma arma que tanta relevancia cobra nesta categoría. Incapaces de trenzar accións ofensivas o JEALSA vía como as naronesas tomaban progresivamente o mando do xogo e do luminoso. A vindeira semana tócalles ás infantís xornada de descanso, oportunidade inmellorable para seguir pulindo erros e crecendo como equipo. Ánimo rapazas. Polo JEALSA formaron de inicio Sara O., Sara S., Laura N., Lucía, Alejandra e Miriam. No banco de reservas agarnado o seu turno estaban Laura P., Cristina, Uxía, Priscila, Paula e Mara.
1 comentario:
O mércores publicaremos o #7IdealBoiroVoleibol Non esquezades deixarnos ós vosos elixidos da semana en Facebook, Twitter ou nesta mesma entrada
Publicar un comentario