NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 INTASA SAN SADURNIÑO
(24-26, 19-25, 16-25)-(Superliga 2 Masculina)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 ASESORES VILA CASTRO
(24-26, 19-25, 16-25)-(Superliga 2 Masculina)
Os atacantes de banda do Intasa desequilibran o derbi |
Dolorosa derrota a sufrida polo noso primeiro equipo masculino neste derbi galego da categoría de prata do volei español. Tras unha semana de moitas dúbidas ó redor do Náutico debido á mala imaxe ofrecida ante o CV Mediterráneo os ferrolanos que dirixe Flavio Calafell marchan de xeito merecido con 3 puntos da Cachada. O encontro comezaba cos nosos moi atinados no side-out. Deste xeito se chegou sempre en vantaxe ós tempos técnicos do primeiro set (8-5 e 16-11). Miguel Vázquez e Narciso Abalo mantiñan a raia á defensa visitante coa súa efectividade ofensiva. Os de ferrolterra estaban acorralados e pasando moitísimos apuros na súa construcción ata que as pantasmas de fai 7 días volveron para castigar duramente ó Náutico. O pulso tremeulle ós atacantes branquiazuis nos momentos quentes do set e o Intasa aproveitou a súa oportunidade de entrar no encontro dan man dos seus atacantes de ala. A derrota parcial caeu como unha xerra de auga fría e dinamitou por completo a confianza dos nosos. Os 17 puntos do receptor venezolano Hernán Tovar (44% de efectividade en ataque) e os 15 do seu compañeiro de posición, o murciano Francisco Fernández, foron as armas coas que os de San Sadurniño feriron de morte ós de Emilio Palacio. No 2º e 3º set non houbo historia: un crecido Intasa levábase pola vía rápida un triunfo ante un equipo que lamentablemente non estivo de novo á altura da súa extraordinaria afección, sen ningunha dúbida a mellor. Consulta tódolos datos do encontro premendo neste enlace. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban o colocador xuvenil Ismael M., Emilio P., Gabriel del C., Manuel P. e Germán R.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 ASESORES VILA CASTRO
(24-26, 18-25, 21-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Clara derrota do Redesyl na súa estrea ligueira |
Mal encontro o disputado polo noso equipo filial masculino ante os ourensáns do Asesores Vila Castro na mañá do sábado. O cansanzo tanto físico como mental dos nosos xogadores en idade xuvenil tralo durísimo tie-break disputado minutos antes e a derrota no primeiro set despois dun 23-21 a favor foron as claves da vitoria visitante. Os de Adrián Alves non souberon sobrepoñerse ó duro golpe sufrido no final do primeiro set e viron como os da cidade das burgas marchaban cos 3 puntos en xogo sen apenas oposición na pista 1 da Cachada. A vindeira semana tócalles xornada de descanso polo que se poderá preparar a conciencia a visita dos pontevedreses do Gómez Lor Multiópticas do vindeiro 22 de novembro. Consulta tódolos resultados da xornada aquí. Polo Redesyl xogaron: Daniel V., Xian P., Lois V., Marcos A., Félix R., Fran D. e Dani G. (líbero). No banco de reservas estaban Ismael M., Pablo R., Juan O., Diego R. e Óscar R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CALDARIA VOLEYOURENSE
(14-25, 9-25, 22-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ASESORES VILA CASTRO
(14-25, 9-25, 22-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
O JEALSA choca contra o bloqueo-defensa do Caldaria |
Derrota en tres sets do primeiro equipo feminino ante un dos principais candidatos ó título da 2ª División. O inicio do choque estivo marcado polo 0-6 de inicio conseguido polas ourensás. A orde defensiva e os ataques da súa oposta poñían unha renda insalvable para as de Mario Iglesias. O 2º arrancaba igual. 0-5 de inicio para un Caldaria ordeadísimo en bloqueo-defensa que por momentos chegou a desesperar ás atacantes boirenses. Na 3ª manga o ritmo das visitantes era inalcanzable para o JEALSA que tivo que tirar de orgullo e casta para levar a igualdade ó tramo decisivo do xogo. Tras superar parciais como un 3-11 ou un 13-21 as nosas maquillaron o luminoso e chegaron a poñerse 20-22 pero xa era tarde. Polas boirenses xogaron Laura M., Mariana D., Melissa N., Rebeca G., Xiana R., Alejandra R. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Cris F., Alejandra M., Noelia D. e María T.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ASESORES VILA CASTRO
(21-25, 25-21, 25-15, 20-25, 15-12)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Os centrais catapultan ó JEALSA na Liga Galega |
Importantísimo triunfo dos xuvenís para seguir invictos na Liga Galega nun encontro marcado pola tensión e os altibaixos de ambos equipos. O choque comezaba co JEALSA atenazado. Os de Adrián Alves non conseguían atopar fluidez no seu xogo e os 3-4 puntos de vantaxe que tomaban os visitantes no tramo inicial do encontro non facían máis que acrecentar o problema. A medida que pasaron os minutos o xogo mellorou e o empate fíxose inevitable. Os boirenses ían lanzados e coa aportación dos seus centrais anotábanse o 3º set. Neste momento os nosos baixaron a garda levando o choque ó desempate gracias á actuación do receptor ex da concentración permanente Victor Conde. O set decisivo mantívose equilibrado ata que un bloqueo directo de Fran Dieste conseguía o break-point que catapultaba ós nosos. JEALSA: Ismael M., Xian P., Lois V., Marcos A., Félix R., Fran D. e Dani G. (líbero). Tamén xogaron: Rubén M., Daniel O. Pablo N., Borja V e Adrián G.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 VOLEYOURENSE
(20-25, 10-25, 17-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 ASESORES VILA CASTRO
(20-25, 10-25, 17-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
8 xogadoras cadetes formaron co JEALSA xuvenil |
A cuarta vitoria das xuvenís en Liga Galega deberá esperar. Dábase o pistoletazo de saída cunha igualdade que tan só o maior acerto das visitantes en saque podería quebrar. Melissa Novoa tentaba de manter a flote o navío boirense pero a renda conseguida polo Voleyourense desde os 9 metros foi demasiado. Coa mesma arma dominaban as da cidade das burgas o arranque do 2º parcial onde as boirenses chegaron a estar 7 puntos por debaixo no tanteador (3-11) que se transformarían en 15 ó final do set (10-25). No 3º as nosas melloraron. Sara Bugallo atopaba agora unha maior efectividade das súas atacantes pero co 16-16 os erros condeaban ó JEALSA e os 2 puntos poñían rumbo Ourense. Polas boirenses xogaron: Sara B., Paula V., Melissa N., Alejandra M., Lía V., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Como suplentes estaban as cadetes Ada V., Sara T., Laura O., Marta S. e Irea T.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 ASESORES VILA CASTRO
(Agardando parciais)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Os nosos cadetes seguen sen coñecer a derrota |
Vitoria en tres sets para o JEALSA cadete masculino nun encontro controlado de principio a fin que significa para os de Adrián Alves o 4 de 4 en Liga Galega. O xove equipo visitante pouco podía facer ante o bombardeo que estaban a padecer dende a liña dos 9 metros. Ben plantados en defensa e moi atinados en contraataque baixo a dirección do pequeno dos irmáns Martínez camiñaban decididos os branquiazuis hacia unha nova vitoria na competición doméstica. Cabe destacar unha semana máis a aportación ofensiva do receptor Pablo Nieto e do oposto Daniel Olveira, convertíndose sen ningunha dúbida nos xogadores máis destacados dos nosos en facetas ofensivas. Para coñecer os outros resultados da LGCM preme aquí. A formación do JEALSA estaba composta por: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Álex V., Christopher R., Gabriel S. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban Sergio C., Manu T., Pablo D., Álvaro P. e Borja S.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 VOLEYOURENSE
(25-11, 25-11, 19-25, 25-17)-(Liga Galega Cadete Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ASESORES VILA CASTRO
(25-11, 25-11, 19-25, 25-17)-(Liga Galega Cadete Feminina)
Alejandra, destacada ante Voleyourense |
Nova vitoria para as de Emilio Palacio nun encontro que as afianza nos postos altos da LGCF xunto con EMEVÉ, CV Ribeira Sacra e Liceo. O acerto inicial das nosas en defensa ocasionaba múltiples situacións de contraataque colocando un contundente 6-0 nos primeiros compases do choque. Mesmo guión no transcurso do 2º set onde puntuais á cita co cambio colocaban o 2-0 no luminoso. As dúbidas chegaron no 3º parcial. O servicio do JEALSA xa non era nocivo para a liña de recepción visitante e que construía mellor o seu ataque conseguindo parciais tales como un 3-17. No 4º as nosas recuperaron o instinto competitivo e coa primeira unidade sobre terreo de xogo pechaban un encontro que significa o seu cuarto triunfo da 14-15. Polo JEALSA saltaron á cancha: Marta S., Laura P., Alejandra M., Paula V., Laura O., Lía V. e Irea T. (líbero). Tamén participaron Laura L., Verónica P., Lucian V., Sara T. e Ada V.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ASESORES VILA CASTRO
(25-17, 25-21, 15-25, 23-25, 15-12)-(Liga Galega Infantil Masculina)
Primeira vitoria para os nosos cachorros, ¡parabéns! |
E chegou a primeira. A estrea no casilleiro de vitorias do equipo de nova creación infantil masculino do Boiro Voleibol fíxose esperar menos do previsto. A mellor actuación dos nosos desde a liña de saque poñía terra de por medio e situaba ós de Adrián Alves cun favorable i esperanzador 2-0. No terceiro os visitantes conntratacaban e recurtaban distancias aproveitando o desconcerto dos boirenses e o seu menor acerto en saque. O cuarto foi o set máis igualado de todos, pero as dúbidas dos nosos levaban o encontro ó desempate. Chegado este punto Daniel Vázquez e Sergio Castaño deron un paso á fronte e deixaron os dous puntos da vitoria en Boiro. Tódolos resultados da xornada na LGIM aquí. Polo JEALSA infantil masculino xogaron: Daniel V., Sergio C., Manuel L., Carlos L., Víctor M. e Esteban P. Como reservas agardando a súa oportunidade estaban Alexis S., David F., Alberto T., Abel G. e Rodrigo M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario