mércores, 28 de xaneiro de 2015

JUAN DÍAZ-ROMERAL, NOVO XOGADOR DO NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL:

Juan Díaz-Romeral, foto de Diego Rodríguez
Naceu en Guadalajara o 3 de xuño do 89 (25 anos), mide 2.04m, xoga de oposto e destacou pola súa capacidade anotadora en tódolos clubes onde militou. Ó igual que o boirense Pablo Bugallo formouse como xogador en Palencia, na concentración permanente da selección española xuvenil coa que participou en torneos internacionais e se consagrou como unha das maiores promesas do volei do noso país. Posteriormente pasou a formar parte do Portol Palma Volley (Mallorca) co que chegou a xogar Champions League ante equipos de tanto nome coma o Knack Rosellare belga, ou os italianos de Lube Macerata e Trentino Volley (ver vídeo). Tralo seu paso pola illa o Club Vigo Voleibol fíxose cos seus servizos e tras unhas tempadas rendindo a gran nivel onde chegou a ser chamado pola selección absoluta firmou co EMEVÉ para axudar a levar o proxecto lucense á máxima categoría do voleibol español, e conseguiuno. Hai algo máis dun mes o club da cidade da muralla decidiu prescindir dos seus servizos e darlle a Díaz-Romeral a carta de liberdade, feito que xa lle permitiu debutar co Náutico o pasado sábado en Castellón. Malia levar varias semanas sen xogar co EMEVÉ, Díaz-Romeral segue entre os máximos anotadores da Superliga (5º con 188 puntos), polo que o Náutico contará cun xogador desequilibrante que de seguro marcará as diferencias e que servirá de modelo de referencia para os nosos xogadores máis novos. Agradecémoslle a Juan a súa incoproración desinteresada ó noso proxecto e desexámoslle unha moi feliz estancia en Boiro. ¡Benvido!

Ningún comentario: