mércores, 28 de xaneiro de 2015

OS XOGADORES DO NÁUTICO, PROTAGONISTAS DESTE #7IDEALBOIROVOLEIBOL:

Ata 5 xogadores do Náutico forman neste septeto ideal
Sen lugar a dúbida a vitoria do Náutico en Castellón ante o líder invicto da Superliga 2 Masculina foi o acontecemento da fin de semana, polo que moitos dos integrantes deste septeto ideal corresponden ó noso primeiro equipo masculino. Colocador, Iván Souto: gran labor de distribución a do director do xogo boirense, elevando a un 50% a efectividade ofensiva dos seus atacantes. A maiores, un bloqueo e un ataque, adornan unha meritoria estadística que lle serviu a Pas para formar no equipo ideal da xornada proposto pola Real Federación Española de Voleibol. Oposto, Juan Díaz-Romeral: gran actuación a do alcarreño no que foi o seu debut como xogador do Náutico. 14 puntos de ataque (50% de acerto) e 2 bloqueos directos son as súas credenciais. Receptor 1, Gabriel Del Carmen: MVP da xornada na categoría de prata do volei nacional. Os seus 10 puntos de ataque, 4 bloqueos, 1 ace e un extraordinario 70% de efectividade en recepción convirten a Gaby no mellor xogador da xornada. Receptora 2, Melissa Novoa: destacadísima actuación en facetas ofensivas a da nosa xuvenil tanto no partido da súa categoría como no que disputou coas senior en Cambados. O seu potencial físico permítelle desequilibrar partidos, tal e como sucedeu esta pasada fin de semana. Central 1, Mario Iglesias: con 6 tantos repartidos en 3 bloqueos e 3 puntos de remate (60%) colaborou de maneira activa a deter os potentes envíos dos atacantes levantinos. Central 2, Emilio Palacio: xunto con Mario formou a primeira pedra da muralla boirense, parte vital para posicionar unha defensa que raiou a gran nivel no Pablo Herrera. Os seus números son 2 bloqueos e 2 ataques (75%). Líbero, Irea Triñanes: moi incisiva en defensa tanto no encontro cadete coma no xuvenil. A súa velocidade de desprazamentos danlle a oportunidade de chegar a balóns que outros líberos non poden.

Ningún comentario: