CV MELILLA 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-21, 22-25, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)
Imaxe de arquivo (WWIDDAX) |
Derrota do primeiro equipo masculino na súa visita ó continente africano para medirse ó 3º clasificado desta Superliga 2 Masculina. O encontro arrancaba cos de Emilio Palacio moi conectados. A extraordinaria actuación na defensa de segunda liña proporcionaba múltiples situacións de contra que materializaban os atacantes de banda branquiazuis. Deste xeito se chegaba ós tempos técnicos co Náutico mandando no luminoso (3-8 e 15-16) e mostrando unha gran solidez. Foi cun 18-21 favorable cando o panorama se anubrou para os nosos e apareceron erros non forzados puntuais que serían unha lousa demasiado pesada. A derrota parcial na primeira manga, a touro pasado, semella a chave do encontro xa que os ánimos durante o segundo set non foron os mesmos. Agora eran os locais quen, da man dun excelso Noé de Mena (24 puntos), dominaban o xogo no J.J. Imbroda e colocaban un 2-0 no tanteador que semellaba definitivo. Na reanudación o instinto de supervivencia boirense regresou como en datas pasadas. Da man de Gabriel del Carmen (16 puntos), Emilio Palacio (14) e Cristóbal Álvarez (14) conseguiron os boirenses recuperarlle o pulso ó choque e volver a meterse na loita polos puntos. Cando semellaba que o Náutico volvía a dominar a contenda os erros volveron para condealos e deixar os 3 puntos da vitoria en Melilla. Como nota positiva do encontro queda o regreso ás canchas de Iván Souto trala lesión que o tivo apartado do equipo nos últimos encontros. Consulta aquí a estadística completa do partido. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Gabriel del C., Cristóbal Á., Mario I., Germán R. e Adrian A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Narciso A., Gustavo R., Manuel P. e Miguel V.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO
(25-17, 25-18, 25-8)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV RIBEIRA SACRA
(26-28, 20-25, 18-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 TOMYMOBILE SAN SADURNIÑO
(25-15, 25-11, 25-15)-(Liga Galega Cadete Masculina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV RIBEIRA SACRA
(23-25, 10-25, 14-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)
Ningún comentario:
Publicar un comentario