domingo, 1 de abril de 2012

VITORIA BOIRENSE NA PROMOCIÓN DE ASCENSO:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 0-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB
(13-25, 22-25, 20-25)-(Semifinal do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
Ingeniería Trazos Boiro Voleibol 2011-2012
Vitoria en tres sets das rapazas que dirixe Emilio Palacio ante o líder da competición regular provincial feminina, que lles permitirá disputar a gran final da promoción de ascenso á liga galega hoxe domingo ás 19:00h no PM de Rianxo. A regularidade no servicio das boirenses marcaban a diferencia nos intres iniciais do encontro, impedindo a construcción noiesa en todo momento. A orde e a correcta asignación de roles no xogo do Ingeniería Trazos ensinaba o camiño da vitoria parcial na primeira manga. As sensacións persistían ó longo do segundo set. A recepción noiesa non podía facer fronte ó excelente saque das nosas, que unha e outra vez puntuaban repetidamente en cada rotación. Esta faceta, sumada ó tino en ataque das receptoras Ana Bugallo e Melissa Novoa poñían a directa para situarse cun favorable 0-2 no tanteador xeral. No terceiro set o Fisioterapia Cinesia mellorou froito dos erros das boirenses. Tras errar os saques en 4 rotacións consecutivas as de Emilio Palacio chegaban ó ecuador do xogo 2-3 puntos por debaixo. Foi Emma Ordóñez, quen dende a liña de saque, poñía de novo ás súas por diante. De novo os ánimos das boirenses aumentaban e pasiño a pasiño distanciábanse definitivamente no luminoso para pechar con vitoria esta semifinal. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Antía Sampedro, Melissa Novoa, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Sara Lojo, Ángela Alves e Isabel Gómez.
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB 3-0 CV PONTEVEDRA
(25-22, 25-14, 26-24)-(Final do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
A defensa e contraataque, chaves na vitoria das cadetes 
Vitoria do equipo cadete feminino na gran final deste torneo de ascenso á liga galega ante o CV Pontevedra. Tal triunfo permite avanzar un escalón máis ás de Emilio Palacio na loita polo ascenso, do que as separa únicamente unha eliminatoria a doble partido os vindeiros 21 e 27 de abril ante o Voleibol Dumbría. Comezaba o encontro no PM de Rianxo coas boirenses atinadas dende a liña de saque. Gracias a esto de contado se situaban 7 puntos por diante no marcador mantendo un nivel de defensa e  contraataque máis que aceptable. O desenlcace desta primeira manga non podía ser outro que o de vitoria do Ingeniería Trazos. Semellante situación se vivía no inicio do segundo set. As boirenses colleitaban nos intres iniciais unha renda de 10 puntos que as pontevedresas non poderían contrarrestar. A entrada de Ángela Alves e Isa Gómez por Ana Bugallo e Melissa Novoa non provocou variación no nivel das boirenses que pechaban o parcial para sutuarse 2-0 na final. No inicio de terceiro o encontro sufriría un cambio de panorama. As pontevedresas reaccionaban á situación adversa con servicios que danaban a recepción boirense e lles impedía ás nosas construír xogadas con soltura. A entrada de Claudia Pinaque nos momentos decisivos da manga cunha desvantaxe de 3 puntos sería o punto de inflexión que o Ingeniería Trazos estaba buscando. A golpe de saques a nova xogadora boirense completaría a súa rotación para achegar ás súas no luminoso e incluso situalas un punto por riba. Isto cargou de moral ás de Emilio Palacio que mostrando a cara do inicio do encontro pecharía o set e o encontro cun 3-0. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Alejandra Galbán, Ana Bugallo, Melissa Novoa e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Isabel Gómez e Ángela Alves.

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa rapazas e noraboa míster, ben merecido o tiñades.

P.D: Emilio, non pensaches en retirarte no máis alto? :-)

FORZA BOIRO VB!!!

Jesus_pivot dixo...

Enhorabuena.Que orgullo de equipo cadete, me alegro mucho por todas vosotras chicas os lo habeis currado.

Andrés "Araña" dixo...

Que grande chicaaaas. Vaya dos partidazos los del domingo con muy muy muy buenos momentos de juego. Un placer enorme el haber compartido con vosotras. Sois muy grandes equipooo. Gracias también a todos los que os acercasteis a Rianxo a animas a estas campeonas. Un fuerte abrazo

Narciso dixo...

Noraboa a todas por tantas victorias. Xa so queda un peldaño para acadar a liga galega.

farrucox dixo...

" O EXITO É FÁCIL DE ACADAR, O DIFÍCIL É, MERECELO "
E vos merecedes éste que xa conseguíchedes, CAMPIONAS PROVINCIAIS, e todos cantos poidan vir detrás. O traballo e o único camiño ao éxito. Esto ben o sabedes as que o pasado ano xa estivéchedes a piques...SHEI, ALE, MELI, ANA, SARA... se non se vos cruzara o Bruxas. Polo tanto a seguir ARREANDO, QUE SÓ FOI UN PEQUECHO PASIÑO de comenzo e sobor de todo... DESFRUTADE, DESFRUTADE, DESFRUTADE. Un campionato non se gaña tódolos anos.