As nosas estarán nas semifinais do Cpto. de España |
Sorte dispar para as seleccións galegas con representación boirense nos seus partidos de 1/4 de final do Cpto. de España por autonomías que se está celebrando en Lloret de Mar (Xirona). O punto negativo da xornada do xoves poñíano os rapaces do combinado cadete masculino onde forman Fran Dieste e Ismael Martínez, que tras unha dura loita e unha imaxe excelente cederon no tie-break do seu encontro ante C.Valenciana (15-17). Os de Eloy Mahía competirán agora polos postos do 5º ó 8º ás 13:00h de hoxe ante a selección de Castela e León. Pola contra, a nota positiva traíana da man as rapazas da selección galega infantil feminina onde podemos ver ás boirenses Emma Ordóñez e Ana Bugallo. As de Rodolfo Lago disputarán as semifinais esta tarde (19:00h) ante o potente combinado de Andalucía tras derrotar en 1/4 a Asturias por 1-3 cunha actuación destacadísima de Ana Bugallo, que conseguíu un total de 20 puntos. Recordade que podedes consultar os marcadores en directo.
1 comentario:
Noraboa para Emma, Ana e o resto das súas compañeiras de selección galega infantil por este triunfo en 1/4 de final. Disfrutádeo ó máximo e recollede tódalas sensacións que poidades nesta experiencia pois unha semifinal dun campionato estatal non se xoga moi a miudo. Agora a pola final!!
Pena o dos rapaces que perderon no 5º ante C.Valenciana. Según escoitei o árbitro non axudou demasiado no tramo final do partido. Hai que levantarse e deixar ó equipo o máis arriba que se poida, ánimo Fran e ánimo Isma.
P.D: noraboa ó corpo técnico da FGVB, que mete a 3 equipos nas semifinais. Para a organización si cadra un cuarto equipo xa era excesivo. A por eles!
FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario