mércores, 4 de abril de 2012

¿QUERES APOIAR ÓS TEUS NA FASE DE ASCENSO A FEV?

Dende a xunta directiva do clube queremos facilitar o desprazamento de todo aquel siareiro que queira presenciar os encontros do Náutico Boiro Vb. na fase de ascenso a liga FEV que se disputará en San Sadurniño os vindeiros 27, 28 e 29 de abril. A iniciativa xurde maiormente para presenciar os partidos da xornada do sábado 28 ante o CV Santa Pola (11:00h) e os anfitrións do Intasa San Sadurniño (20:30h). En función das necesidades da maioría de interesados contratarase o autocar para presenciar a xornada de mañá, a xornada de tarde ou a xornada completa si así se desexase. A decisión é vosa. Para confirmar a asistencia ou consultar calquera tipo de dúbida debedes poñervos en contacto co responsable desta iniciativa, Emilio Palacio (687235416). Animádevos e poñédevos en contacto con nós canto antes para que a organización sexa máis cómoda para todos.

Reserva asento no autocar chamando a Emilio, ¡prazas limitadas!

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Sexa cal sexa a dúbida ou inquietude que teñades acerca da viaxe podedes consultala chamando a Emilio.

Animádevos e non o deixedes para o último momento.

FORZA BOIRO VB!!!

Jesus_pivot dixo...

Ojala se anime más gente a ver los partidos que a comentar en la pagina.xDDDD.