Selección Galega cadete masculina 2011-2012 |
Os combinados galegos con representación de xogadores do Boiro Voleibol xa se atopan nos cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. O combinado cadete masculino onde militan Ismael Martínez e Fran Dieste accede a esta ronda tras clasificarse no 3º posto do seu grupo, no que cedeu ante Canarias (3-2) e Andalucía (3-0) e doblegou a I.Baleares (3-0). Por outra parte, o equipo infantil feminino de Galicia onde podemos ver ás boirenses Ana Bugallo e Emma Ordóñez, chega ós 1/4 de final tamén como 3º de grupo no que caeron con Andalucía (3-0) e C.Valenciana (3-1) e onde gañaron a I.Baleares (3-0). No día de hoxe ambos combinados disputarán os seus respectivos choques buscando as semifinais do campionato estatal. Eles xogaran ante a C.Valenciana ás 19:00h e elas ante Asturias ás 18:00h. Aquí podedes seguir en directo os marcadores de 1/4 de final.
1 comentario:
Quizais para moitos seguidores do voleibol os campionatos de seleccions autonomicas non sexan unha gran compiticion, non o dubido. Pero e o maximo o que poden chegar os nosos pequenos.
Eu seguirei os partidos como se fosen a final dos xogos olimpicos
Moita sorte!!!
Publicar un comentario