martes, 24 de abril de 2012

¿AÍNDA NON RESERVACHES A TÚA PRAZA NO AUTOCAR DA FASE DE ASCENSO?

Xa falta pouco. O Náutico Boiro Voleibol ultima preparativos e sácalle punta ós derradeiros detalles antes de partir cara a competición para a que leva traballando moi duro toda a tempada, a fase de ascenso á liga FEV que comeza o vindeiro venres 27 e na que competirán toda a fin de semana os mellores equipos de España desta 1ª División Nacional masculina. Se queres alentalos na xornada do sábado recorda que o Boiro Voleibol obséquiate cun autocar que viaxará a San Sadurniño con cantos máis siareiros mellor. Para máis información ponte en contacto con Emilio no 687235416 e reserva a túa praza para poder así, disfrutar do teu equipo nesta cita histórica para o club. Ánimo, non pode faltar ninguén!

1 comentario:

Adrián Alves dixo...

Ánimo xente, é unha oportunidade inmellorable. Quizais non caia outra fase de ascenso a FEV preto de Boiro en mooooooito tempo.

FORZA BOIRO VB!!!