O SECRETO BOIRO VB. 3-2 VOLEYOURENSE.ES
(25-14, 25-20, 10-25, 19-25, 15-7)-(1ª fase da Copa Xunta de Galicia Feminina)
O Secreto salva, no tie-break, un encontro tolo |
Vitoria pola mínima do primeiro equipo feminino nesta 1ª fase da Copa Xunta de Galicia ante o Voleyourense.es para seguir adiante nesta competición. Foi un encontro raro, marcado polos altibaixos de ámbolos dous equipos e onde o preparador local, Narciso Abalo, probou diversas variacións no esquema de O Secreto dando entrada a xogadoras novas como Sheila Outeiral no posto de líbero ou Alejandra Galbán como central. O menor número de erros non forzados daban a vitoria ás nosas nos dous primeiros sets. A partires deste momento a situación daba un xiro inesperado de 180º para situar o empate no luminoso. As ourensás aproveitábanse do desconcerto local no 3º e 4º set, onde a deficiente recepción condeaba ás boirenses a decidir o futuro do equipo na Copa no tie-break. Chegado a este momento as xogadoras veteranas tomaron a iniciativa para tentar non pasar apuros a final de set e así foi. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Carla Castro, Alejandra Galbán, Katy Sampedro, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sara Bugallo, Ana Bugallo, Melissa Novoa e Elena García.
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB. 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-14, 27-25, 25-16)-(Promoción á Liga Galega Cadete Feminina)
As cadetes dan un importante paso de cara o ascenso |
Vitoria en tres sets das rapazas que dirixe Emilio Palacio neste encontro de ida da promoción de ascenso á liga galega cadete feminina. A pesar da dificultade que, a priori, tiña o encontro polo feito de medirse a un equipo que competía ata agora na liga autonómica as nosas mostraron un xogo sen fisuras e con constancia durante todo o encontro. Unha vez máis o eficaz servicio do Ingeniería Trazos facía dano na recepción do equipo rival que tan só no 2º parcial podía poñer en apretos ás locais da man do ataque dunha das súas receptoras. O resto do encontro foi un monólogo boirense. A incomodidade das visitantes na construcción facía que a defensa local se posicionara con solvencia para dar opcións de contraataque ás xogadoras de banda boirenses. Cabe destacar tamén a aportación das centrais Alejandra Galbán e Antía Sampedro que semana tras semana melloran o seu rendemento para ledicia das súas compañeiras e dos siareiros da Cachada. Deste xeito consigue o noso equipo cadete feminino unha importante renda de cara o partido de volta no que, a pesares de non escapar da vitoria, un set sería válido para a clasificación. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Alejandra Galbán, Ana Bugallo, Melissa Novoa e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Lea Gatbache, Isabel Gómez e Sandra Fernández
2 comentarios:
Seguimos adiante rapazas, unhas na Copa e as outras na loita polo ascenso. A rematalo!!
Dos amigables contra Sansa que disputou o primeiro equipo masculino decir q ambos se saldaron con vitoria boirense por 3-1. Agora a seguir traballando e a afrontar esta fase con ganas e con optimismo. A por eles!
FORZA BOIRO VB!!!
PARABÉNS RAPAZAS!!!
Publicar un comentario