As cadetes, na pelexa polo ascenso á liga galega |
O vindeiro domingo día 1 de abril será unha xornada de gran importancia para o noso club, xa que o noso equipo cadete feminino (Ingeniería Trazos Boiro Vb.) ten un fronte aberto, pelexar polo ascenso á liga galega cadete. A pesares da extrema xuventude do equipo, as de Emilio Palacio atópanse agora mesmo nas semifinais do torneo que dá dereito ó ascenso e deberá medirse ás noiesas do Fisioterapia Cinesia para disputar a gran final. Boirenses e noiesas xa se viron as caras na fase regular da liga provincial, caendo o último encontro entre ambas de lado do Ingeniería Trazos por un axustado 3-2 na Cachada. O formato do torneo é dunha final a 4 que se celebrará íntegramente no PM de Rianxo. As semifinais xogaranse simultáneamente ás 11:00h e, xa pola tarde (19:00h), poderemos disfrutar do 3º e 4º e, por suposto, da gran final. ¡A por todas rapazas!
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB.
(11:00h, PM de Rianxo)-(Semifinais do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
CV PONTEVEDRA - MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO
(11:00h, PM de Rianxo)-(Semifinais do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
PERDEDOR PARTIDO 1 - PERDEDOR PARTIDO 2
(17:00h, PM de Rianxo)-(3º/4ºposto do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
GAÑADOR PARTIDO 1 - GAÑADOR PARTIDO 2
(19:00h, PM de Rianxo)-(Final do torneo de ascenso á liga galega cadete feminina)
2 comentarios:
Moita sorte ás rapazas, ben merecido tendes o ascenso despois dun ano de tanto traballo.
Espero ver xente de Boiro por alí, xa que se trata dun partido moi importante para elas e témolo ó ladiño da casa.
FORZA BOIRO VB!!!
Animo chiiicas, que ya queda poquiiitoo!!. Lo vais a conseguir....seguro...
Disfrutarlo mucho sobre todo y muucha suerte...
Nos vemos el sabadoo!
Un beso a todas.
Meii
Publicar un comentario