TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 2-3 ZALAETA
(25-21, 25-22, 23-25, 18-25, 11-15)-(Liga galega xuvenil masculina)
Boas sensacións as que mostraba na mañá do sábado o equipo xuvenil masculino a pesares da axustadísima derrota por 2-3. Moitas e importantes eran as baixas coas que o Trillizos afrontaba este choque ante o Zalaeta pero os rapaces de Adrián Alves souberon estar á altura das circunstancias e plantar cara en todo o momento malia a ausencia dos seus dous colocadores habituais. Destacadísima aportación en tarefas ofensivas do oposto cadete Fran Dieste, que en todo momento danaba o entramado defensivo dos coruñeses impedíndolles atopar situacións claras de contraataque. A regularidade dos coruñeses en momentos decisivos do tie-break desequilibraba a balanza ó seu favor e desestabilizaba a moral do xovencísimo equipo boirense. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Adrián Gatbache, Fran Dieste, Óscar Refojo, Miguel Lorenzo, Xian Pérez, Martín Herrera e Lois Vázquez (líbero). Tamén xogou Dani Gey.
Gran aportación ofensiva de Fran Dieste |
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS B
(25-7, 25-18, 25-15)-(Liguiña de ascenso á liga galega cadete feminina)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 FISIOTERAPIA CINESIA NOIAIncontestable triunfo do Ingeniería Trazos ante o XAV Cambados |
Da mellor maneira posible comezan as rapazas que dirixe Emilio Palacio esta liguiña de ascenso á liga galega. A efectividade das irmás Bugallo ó servicio marcaría o desenlace do primeiro set. Primeiro Ana e despois Sara desequilibraron este xogo ata tal punto que as nosas chegaron a atoparse cun 21-1 favorable. No segundo parcial as cambadesas subiron o seu nivel. Mantivéronse por diante no luminoso ata mediada a manga, momento no que o Ingeniería Trazos atopou de novo a vía axeitada para vlver a anotarse o xogo e colocarse cun cómodo 2-0. No terceiro, o preparador local daba entrada ás xogadoras con menos minutos e o equipo non se resentía en absoluto. Deste xeito, a vitoria queda en Boiro deixando con ela unhas moi boas sensacións de cara a vindeiros convites. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Melissa Novoa, Alejandra Galbán, Antía Sampedro, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Isabel Gómez e Sara lojo.
(Agardando parciais)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Vitoria boirense no primeiro derbi do sábado |
Axustada vitoria do equipo filial masculino no primeiro dos derbis rexionais que terían lugar na tarde de sábado. Os de Felipe García doblegaron ós noieses, non sen sufrimento, e mostrando un xogo de altibaixos ó longo de todo o partido. A falta de regularidade do Redesyl non lles permitía enlazar moitos minutos de bo xogo consecutivos, e os erros non forzados en ataque alimentaban as esperanzas dos noieses que, cunha gran actitude defensiva, mantiveron en vilo ós boirenses ata o último momento. A situación en terra de ninguén na que se atopan os boirenses na táboa clasificatoria impídelles xogar os encontros coa necesidade axeitada e, dende hai za unhas semanas, non son capaces de mostrar a súa mellor versión. A pesares de todo, os dous puntos da vitoria quedaron na Cachada para ledicia dos nosos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Daniel García, Ignacio Cibeira, Martín Herrera, Pablo Suárez, Diego Romero, Juan "Mande" e Adrián Armental (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Xavier Sarille, Juan Lorenzo e Roberto Rodríguez.
O SECRETO BOIRO VB. 3-1 FISIOCHEBEN SAN SADURNIÑO
(24-26, 25-22, 25-12, 25-22)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Vitoria do primeiro equipo feminino ante un complicado rival como é o San Sadurniño. Dende o comezo as locais dominaban o encontro, situándose cunha renda favorable de 8 puntos. Os erros non forzados sembraron a desconfianza entre as nosas no tramo final do xogo e o Fisiocheben aproveitou a situación para anotarse o primeiro. Na segunda manga as sensacións iniciais volvían. Comandadas por María Triñanes en ataque conseguiron igualar o tanteador xeral. O terceiro set estivo totalmente condicionado polo excelente servicio de Ángela Triñanes que conseguiu ampliar a distancia no luminoso coas ferrolanas ata chegar a estar cun 21-7. As boas sensacións prolongábanse ó longo de todo o cuarto xogo. Boa actuación defensiva de Elena García e de Rebeca González en facetas ofensivas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, María Triñanes, Rebeca González, Ana Bugallo, Ángela Fernández e Sheila Outeiral e Carla Castro (líberos). Tamén xogaron Sara Bugallo, Evelyn Urrutia e Andrea Barreiro.
As rapazas doblegan ás ferrolanas |
MEX. DE OURO VB. RIANXO 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 18-25, 12-25, 15-25)-(1ª Div. Nacional masculina)
Espectacular actuación de Iván Souto ó servicio |
Vitoria do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol neste derbi rexional da 1ª división nacional demostrando o bo estado de forma que están asinando neste tramo final de liga os de Emilio Palacio. Comezaba o encontro co Náutico moi concentrado. Baseándose nun gran servicio de contado se disparaban no luminoso poñendo terra de por medio cos rianxeiros. Chegados ó ecuador do xogo un baixón no nivel do ataque boirense daba vida ós locais que igualaban o tanteador e se anotaban o primeiro nun intrépido desenlace. A partires de aquí os boirenses non deron opción ó Mexillón de Ouro. O potente servicio do colocador Iván Souto e do receptor Cristóbal Álvarez marcaba as diferencias no municipal de Rianxo. O nivel en bloqueo-defensa mellorou exponencialmente, destacando nesta faceta o central Antón Pérez e o receptor Emilio Palacio que poñían en pé ós siareiros boirenses desprazados ata Rianxo con espectaculares accións en bloqueo. Con esta vitoria, os boirenses clasifícanse por segundo ano consecutivo para a fase de ascenso á liga FEV. Noraboa e traballo duro para preparar tan competitiva cita. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Daniel Agra, Manuel Pérez, Xavier Sarille e Miguel Vázquez.
2 comentarios:
Enhorabuena a todos los equipos por las victorias.Y muy buen partido de los Juveniles-cadetes, que dieron la cara.
En cuanto a mi equipo, esta vez si fue un buen partido, pena de no llevarnos el primer set que era nuestro desde el principio.
Semana dura de entrenos para jugar contra el actual lider.
Boa fin de semana, pena o encontro xuvenil masculino que se escapou nos últimos intres. Noraboa ás cadetes que seguen imparables, de seguir así a liga galega estará ó voso alcance.
Moi bo partido do Náutico en Rianxo, as sensacións do equipo están in crescendo semana a semana. Partidazo de Pas, Cris e Antón. Noraboa ós tres
FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario