"Debo confesar que son
culpable. Culpable de se me ocorrer golpear coas mans unha pelota cando era un
cativo. Alá polo 1988, nun país ofuscado polo balompé e nunha vila mariñeira de
tradición remeira, Cabo de Cruz (Boiro), xunto cos compañeiros da escola,
comecei a xogar a voleibol. Foron moitos anos de lembranzas, vitorias e
derrotas. Un día tocou emigrar, eran malos tempos. Repartímonos polos demais
clubs da comarca. Moitos quedaron no camiño. Os máis afortunados puidemos
voltar á casa. Desafiando o dito de que ninguén é profeta na súa terra,
logramos facernos con dúas ligas consecutivas en 1ª división nacional. Nos máis
de 30 anos non lembro maior ledicia, bágoas incluídas, que dúas tardes en
terras leonesas e burgalesas. Un iceberg que segue medrando. Ascensos a ligas
autonómicas nas categorías inferiores, xogadores convocados coas selecións
galegas (medallas incluídas)... ducias de xogadores e centos de socios.
Suficiente condena cumplimos xa entregándonos en corpo e alma a un deporte
minoritario. E nestes momentos difíciles, voltamos a mirada atrás á espera de
ter que emigrar outra vez. Desta volta non pedimos diñeiro, a crise o levou
todo, tampouco recoñecemento, a tiranía do mal chamado deporte rei encárgase de
arrebatárnolo, só pedimos que nos reabran as instalacións deportivas
municipais. Por favor, déixennos xogar"
La Voz de Galicia publicou a carta que lles enviou Narciso Abalo (abaixo á dereita na imaxe) |
2 comentarios:
Grande Narci. Dende logo a túa historia é digna de contar e máis, si cabe, coa mestría que ti o fixeches. Seguro rematará con final feliz e dentro de 20 anos os rapaces poderán ver fotos de cando eran cativos cos seus compañeiros de equipo xogando ó voleibol en Boiro. Saíremos adiante!
¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!
Cuánta razón !!! Tuve oportunidad de compartir con uds.en el verano.Son maravillosos.Qué pena que los gobernantes no lo vean.Sería muy triste que España se esté asemejando a los funcionarios argentinos que tanto mal nos hacen,no escuchando a la gente.Por favor,desde acá les pido soluciones para estos chicos que como bien dice Narci,sólo quieren jugar.
Publicar un comentario