domingo, 7 de outubro de 2012

O NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL CAE EN LUGO NA FINAL DA COPA GALICIA:

O Náutico é, con moito orgullo, subcampión da Copa Galicia
Malas novas chegan desde o Municipal de Lugo, onde nesta mañá de domingo o primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol caía derrotado por 3-0 (26-24, 25-14, 25-21) no encontro que coroaría ó mellor equipo de voleibol da nosa comunidade autónoma, a final da Copa Galicia. Os de Emilio Palacio viaxaban a primeira hora da mañá á cidade da muralla coa intención de regresar coa Copa tras eliminar ó gran favorito ó título nas semifinais (Club Vigo Voleibol). Para elo contarían co apoio dun numeroso grupo de afeccionados boirenses que non querían perderse esta cita histórica para o noso club e case que superaban en número ós siareiros locais. O encontro non foi fácil para o Náutico. Desde o comezo do choque as sensacións non foron de todo boas, sendo os boirenses incapaces de atopar o camiño do bo xogo naquelas facetas coas que adoitan dominar ós seus rivais. Malia todo isto, o resultado do primeiro set ben puido ter sido outro e de seguro que o desenlace do encontro tamén. A derrota parcial fixo dano nos xogadores branquiazuis. No segundo xogo o EMEVE xogou a pracer. A falta de constancia no xogo do Náutico poñía en bandexa un novo punto lucense no tanteador dos sets. No terceiro os nosos conxurábanse para buscar as sensacións que permitiran darlle a volta a esta situación. O nivel mellorou, pero o bo facer do oposto do EMEVE Juan Díaz-Romeral mantiña o partido a salvo para ledicia dos seus. Non puido ser desta. Volverémolo a intentar. Moitas gracias a todos os que acompañaron ó equipo e o apoiaron tamén desde a distancia. Polo Náutico xogaban: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Mario Iglesias, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Gustavo Romero, Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Antón Pérez.

9 comentarios:

Emilio dixo...

Lamento la derrota tanto por mis compañeros como por la gente que se acercó hasta Lugo. Perdón por no haber sido capaz de hacerlo mejor. Hoy fue una de las derrotas mas duras desde que llegué al club.
Hay que seguir trabajando que falta poco para que empiece la liga...y hay que ir por la tercera.!!!

Adrián Alves dixo...

Cabezas ben altas tíos. Co paso do tempo veremos o valor do que fixemos. Noraboa a EMEVE polo título (moi merecido). Como ben di Emilio en breve xa comeza a liga, esto non para... Ánimo!

¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!

Jesus_pivot dixo...

Estoy contento por nuestro segundo puesto, trsite porque ya lo conseguimos hace una semana. Lamento muchisimo que no pudieramos hacer un gran partido, un partido donde realmente compitieramos. Enhorabuena al Emeve que son un buen equipo y fueron ellos los que no nos dejaron desplegar nuestro juego.

Con todo esto, y un poco harto de ser "diplomatico" tengo que decir que por primera vez todo aquello que rodeaba al partido pero que "NO" era el partido nos perjudicó (al menos a mi) muchisimo y no deberia haber sido asi ya que este partido se tenía que jugar en Rianxo y no tendríamos que habernos desplazado a Lugo, en Bus, temprano, un pabellon desconocido para todos....etc etc. Hay que ser muy hipocrita por parte de la Federación para contradecir las normas que ellos mismos imponen.

Anónimo dixo...

Buenos días,

Entiendo que la derrota en una final siempre es algo duro de asimilar pero la normativa de la FGVb es muy clara en cuanto a la adjudicación de las Finales o de las Fases Finales de cualquiera de sus competiciones:

Se adjudican siempre a la entidad que, dentro del plazo establecido, ofrece a la FGVb las mejores condiciones de organización (no tiene ni siquiera porqué ser alguno de los equipos participantes y, de hecho, una Final de Copa Galicia se jugó en Chantada donde no hay equipo de voley).

Las Normas Especificas de Competición de la Copa Galicia son tb claras en este sentido y, mientras para las otras eliminatorias dicen textualmente: "As eliminatorias de cuartos de final e semifinais
xogaranse a partido único na casa do equipo peor clasificado, agás que se enfronten
equipos dunha mesma categoría que nese caso será a dobre partido (xogando a ida na
casa do peor clasificado)" para la FINAL oor el contrario se indica que: "A adxudicación e organización da Fase
Final regularase segundo a súa propia normativa específica" con lo que queda claro que no se mantiene el criterio de las otras eliminatorias.

Esto lleva siendo así durante todas las ediciones celebradas hasta ahora de la Copa Galicia (nunca la Fase Final o la Final de esta competición se adjudicó por normativa al equipo de inferior categoría y si alguien cree lo contrario que me diga la edición en la que eso se produjo).

Un saludo y enhorabuena por el buen papel realizado este año en la competición.

Román

Anónimo dixo...

Ah! Por cierto Pivot, se me olvidaba una cosa: La FGVb no "impone" ninguna norma: Las aprueban por votacion los representantes de los clubs, jugadores, entrenadores y arbitros en la Asamblea de cada año.

Concretamente éstas de la Copa Galicia recibieron además en la última Asamblea el voto favorable del propio CV Cabo de Cruz

Saludos!
Roman

Jesus_pivot dixo...

uuuhh uuuhh
I´m sorry
Desconocia que: "A adxudicación e organización da Fase
Final regularase segundo a súa propia normativa específica"

Narciso dixo...

O que non se comprende dende o Boiro Voleibol (e falo en nome da corporación directiva) é que a data límite para a solicitude da organización da final sexa unha semana antes de coñecer os finalistas.

Si ven é certo, como di Román, que tense organizado finais en sedes distintas á procedencia dos equipos finalistas. Sen ir máis lonxe, en Boiro celebrouse unha final de Copa Galicia entre o Vigo e o Zalaeta. Pero eran outros tempos. Agora incluso as finais quedan sin celebrarse, por non haber organizador.

Anónimo dixo...

Hola Narciso,

O da data límite ponse dese xeito por motivos da desexada retransmisión televisiva. Calquera TV pídeche saber a sede con a lo menos 2 semanas de antelación (se non máis) para ter polo menos unha mínima opción de que che retransmitan o evento.

Non obstante, e dado que efectivamente nos ultimos anos ao remate da data limite de solicitude non adoita haber ningunha candidatura en firme que cumpra todos os requisitos esixidos, talvez poderia modificarse ese apartado na vindeira Asemblea (aceptando non obstante os equipos participantes que dese xeito quedará decartada calquera mínima posibilidade de retransmisión de TV).

Saúdos
Román

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Ánimo EQUIPO e a seguir currando!
A afición está con vós e festexamos este segundo posto na Copa Galicia.
É un pracer partcipar neste proxecto.