martes, 30 de outubro de 2012

ACTUALIDADE: NOVAS DA ASAMBLEA E SEMANA DE ENTREGA DOS SOCIOS

Juan Nepo (esquerda), presidente de honra do Boiro Voleibol
Na asamblea celebrada o pasado domingo 28 de outubro a xunta directiva do Boiro Voleibol en presencia dos seus socios ofreceu a Juan Nepo, por tantos anos de traballo e adicación desinteresada a este proxecto nacido en 1991, a presidencia de honra da entidade. Tras ser neste longo estadío a cabeza visible do club deixa a presidencia en mans dun símbolo do noso deporte na comarca sin o cal o club non sería o que é na actualidade. Trátase do ben coñecido por todos Andrés Martínez, que encabezará o proxecto boirense nos  tempos vindeiros xunto cunha xunta directiva volcada nesta actividade e que recén se reforzou cun novo membro, Juan Segade. Gracias Nepo e moita sorte "Araña". Aproveitamos tamén este post para recordar a tódolos xogadores e xogadoras do Boiro Voleibol que esta semana (mércores 31) remata o prazo para entregar o listado de socios. O procedemento para facelo será similar ó das últimas tempadas: cada xogador entregará a súa recadación ó seu correspondente adestrador. Que ninguén se esquenza, é polo ben de todos e todas.

3 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Tenemos la suerte de que alguien como el amigo Andres se interesase hace ya años por el boiro, la suerte de que sea el Club Voleibol Cabo Cruz el que pueda contar con el ahora como presidente.Además de todas esas facetas que ya hacia antes.Suerte 8p

Gus dixo...

Gracias Nepo por todos estes anos dedicándonos o teu tempo, merecido tes a presidencia honorífica... APERTAS A TODOS, e ánimo Andrés con este novo cargo! A familia do bvb sigue medrando...

Dani_santiago dixo...

Enorabuena amigo andres! Un saludo y suerte amigo :)