sábado, 29 de setembro de 2012

O NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL CONSEGUE A XESTA. ¡FINALISTAS DA COPA GALICIA!

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 CLUB VIGO VOLEIBOL
(25-19, 25-21, 25-23)-(Semifinais Copa Galicia)

Gran tarde para o voleibol boirense. ¡Merecida final!
Unha vez máis este equipo non defrauda. O Náutico Boiro Voleibol cambia a historia da Copa Galicia apeando da final ó gran favorito para gañar o título, o Club Vigo Voleibol que militará outro ano máis na máxima competición do voleibol español. Tres sets de bo xogo. Tres sets mantendo unha altísima intensidade permitiron ós de Emilio Palacio citarse coa historia esta tarde no municipal de Rianxo. Sempre puntuais ó cambio de saque, os boirenses mostraron un ritmo moi elevado dende os primeiros compases do choque. Altísima eficacia no bloqueo, orde e predisposición defensiva, presión dende a liña dos 9 metros e unha maxistral dirección do colocador Iván Souto permitían que o primeiro parcial quedase en saco branquiazul. Igualado comezaba o segundo xogo. Foi a partires do ecuador do mesmo onde o inspirado bloqueo barbanzano marcaba as diferencias para abrir unha senda no luminoso que os olívicos xa non poderían pechar. Cun tanteador favorable para os locais (2-0), era de esperar unha reacción por parte dos vigueses. Así foi. Presentábanse os de Eduardo Sánchez na zona quente do set cunha vantaxe de dous puntos (20-18) pero unha xeira en servicio de Jesús Vázquez devolvía o dominio no tanteador ós seus. Como non hai dous sen tres e retando o dito que di que ninguén é profeta na súa terra, Mario Iglesias cerraba o set e o encontro cun exitoso ataque en primeiro tempo que a medida que se achegaba ó firme da instalación rianxeira se mesturaba cun grito de xúbilo que unía a equipo e afección. Noraboa rapaces, gran tarde. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaban: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Mario Iglesias, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas figuraban Rubén Taibo, Miguel Vázquez, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Antón Pérez.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Graaaaaaaaaaaandes!

Jesus_pivot dixo...

Enhorabuena a todo mi EQUIPO. Orgullo es la palabra para expresar lo que siento, hemos sacado adelante un partido contra un equipo complicadisimo, un equipo de dos categorias por encima que no se le olvide a nadie, con buenisimos jugadores, jugamos con una alegria, una felicidad inmejorable.
Muchas gracias por los animos a todos lo que se acercaron a Rianxo para ver y apoyar al equipo.

Anónimo dixo...

Enhorabuena chavales, todo un placer haber estado ayer en Rianxo apoyandoos. Que gran partido cabroneees! Ahora hay que ir a por la final con todo!Suerteeee!!!!!!!!!!

Dieguito!!

Adrián Alves dixo...

Orgullo é a palabra. Descomunales compañeiros e afición. Este triunfo é de todos e para todos. Pasado un tempo recoñeceremos a magnitude do que se fixo onte, non esquezamos o nivel do equipo que había ó outro lado da rede. Agora que xa cumplimos sobradamente na pista, tócalles a outros mover ficha. A preparar a final tíos, ánimo!

P.D: recoñecer a deportividade na reacción de TÓDOLOS xogadores do Club Vigo Voleibol tralo encontro. A papeleta non era fácil para eles dada a situación. Sorte na Superliga.


¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...

Supoñendo que os receptores do vigo eran os líberos dos últimos anos,que un dos centrales era un xuvenil e que o oposto era o central suplente doutros anos.....a victoria sempre gosta pero ese equipo non gaña un partido en superliga, e vos deberiades estar na superliga B asi que de duas categorias de diferencia solo no papel.non vos quito méritos pero a xesta foi menos do que dicides

Anónimo dixo...

Certo todo eso, pero solo contas ou sabes o que pasa nun lado da rede? vémonos na final!!!

a10 dixo...

Noraboa!!
Sabese a sede da final??

Jesus_pivot dixo...

La gesta no es menos de lo que decidos, ya que la gesta fue pasar por primera vez en la historia de este club a la final de la Copa Galicia, da igual que fuese contra Vigo, contra Teruel, o contra el Baracaldo.

Andrés "Araña" dixo...

Que gran hazaña chavales. No puede ver todo pero me encantaría. Con las sensaciones del primer set ya se presagiaba un gran partido para los nuestros. Enhorabuena a todos. Ben xogaaaao

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Narciso dixo...

Histórico, porque e a primeira vez na historia que o Boiro Voleibol xoga a final de Copa Galicia. Histórico, porque e a primeira vez na historia que o Vigo non vai gañar a Copa Galicia, e máis, non vai xogar nin a final. Hazaña, porque fomos nos quenes tivemos o pracer de eliminalos en semifinais. E non sei se unha xesta, pero para nos e un logro gañarlle a un equipo de superliga. E a parte despectiva do teu comentario...podela meter polo cu

Alén dixo...

Sólo cuando se hace algo grande se despiertan envidias. Es tan simple como eso. Que os quiten lo bailao...bueno,que lo intenten,lo que disfrutamos en el partido del otro día no nos lo quita nadie. En cuanto al envidioso...superhéroe tú,campeón,que de la simple crónica de una victoria y las habituales felicitaciones (recuerda que estás en la página del Boiro,normal que estemos contentos de haber ganado) intentas sacar no sé qué clase de debate.
Enhorabuena chavales!Seguir currando que dá gusto veros jugar!

Adrián Alves dixo...

¡Ciao graciosete!

¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!