O cadete feminino no torneo internacional de Andorra 2012 |
Os equipos cadete e xuvenil femininos do Boiro Voleibol terán o vindeiro sábado 22 de setembro os primeiros amigables de preparación para as competicións regulares da 2012-2013. As rapazas que dirixen Emilio Palacio e Narciso Abalo visitarán o Alonso Rodríguez do CV Noia coa mente posta en perfeccionar e sincronizar as pezas dun puzzle con moitas novidades respecto ó ano pasado. Os horarios serán os seguintes: a partires das 16:00h disputarase o encontro correspondente á categoría cadete feminina. Aquí veremos os avances do equipo boirense que o ano pasado acadou no terreo de xogo o ascenso á liga galega. A continuación será o turno do partido xuvenil feminino (17:30h aproximadamente). Tras un ano de paréntese, o Boiro Voleibol volve a contar cun cadro de xogadoras en idade xuvenil, que será completado con compañeiras de equipos de menor idade. ¡Boa sorte rapazas!
5 comentarios:
Animo pequeñas. Darles duro.
q le pasa al equipo senior?????q no se habla nada...me refiero al femenino
Non pasa nada. Simplemente que este ano non hai equipo senior feminino no Boiro Voleibol
a q se debe????
Existe un minimo de xogadoras para formar un equipo. Dende o clube creese que é necesario unhas 8 ou 10 xogadoras, dependendo da implicación destas. A FGVB marca o mínimo en 8 xogadoras senior. Nos, so tiñamos a 4. Era inviable formar un equipo.
Publicar un comentario