Septeto ideal da xornada, ¡parabéns! |
Os bos resultados acadados nesta fin de semana xeraron unha dura pugna por un posto neste septeto ideal do Boiro Voleibol que definitivamente queda deste xeito: colocador, Rubén Martínez: extraordinaria labor de dirección na vitoria dos cadetes ante o seu máximo rival na Liga Galega. Ademais da xestión do xogo do JEALSA Rubi estivo moi inspirado en bloqueo, onde apañou un bo número de puntos. Oposto, Juan Díaz-Romeral: unha semana máis o alcarreño volveu a ser o canoneiro dun Náutico que desta volta superaba por 3-2 a un Llars Mundet que perdía a oportunidade de ascender na Cachada. 25 puntos de ataque (42%), 1 ace e 1 bloqueo son os números de Juan no partido. Receptor 1, Pablo Nieto: imparable preto da rede durante todo o encontro cadete en Lugo. Sobre as súas costas recaíu a responsabilidade anotadora do JEALSA, en especial no tie-break que remataría cun axustado 19-21. Receptor 2, Adrián Gatbache: foi o mellor xogador do partido na vitoria dos xuvenís ante o EMEVÉ nun encontro no que rozou a vintena de puntos en ataque. Central 1, Lidia Figueira: a súa rotación de saque foi como un oasis no deserto nos encontros que as nosas infantís xogaron correspondentes á 2ª Fase da Liga Zonal Infantil Feminina. Central 2, Germán Romero: 8 puntos de ataque (62%) e 3 bloqueos son as credenciais do de Lousame para ser un dos mellores xogadores do Boiro Voleibol nesta xornada. Líbero, Óscar Prieto: gran debut o do líbero de San Sadurniño con vitoria ligueira ante un rival directo. Seguro en defensa e moi incisivo en defensa Óscar reúne méritos para ser o mellor líbero da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario