F.C. BARCELONA 3-2 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 27-25, 25-19, 20-25, 15-8)-(Superliga 2 Masculina)
Boirenses e culés xogaron un encontro de alta tensión |
O destino volveu a darlle a espalda ó Náutico. Tras un durísimo encontro no Parc Esportiu del Llobregat os boirenses vían como outro tie-break volvía a caer en saco do equipo rival. O encontro non podía comezar de mellor forma para os de Emilio Palacio. O tino ofensivo de Juan Díaz-Romeral (21 puntos) mantiña ós nosos con varios puntos de vantaxe culminados coa vitoria parcial cun gran bloqueo de Iván Souto. O segundo foi o set máis igualado do encontro. A entrada de Aaron Gámiz dáballe ós culés un toque de calidade e seguridade no seu xogo. Tras un case definitivo 24-22 para o FC Barcelona o Náutico reaccionou e situouse con bola de set para colocar o que sería un incrible 2-0. Unha imprecisión dos nosos e a gran aportación do bloqueo catalana situaban as táboas no marcador. Esta derrota pasou factura entre a expedición boirense. O oposto andaluz Germán López, máximo artilleiro do encontro con 26 dianas, botouse ó equipo catalán ás costas dominando de cabo a rabo a 3ª manga (25-19). A reacción galega non se fixo esperar. Un estelar Cristóbal Álvarez (16) volveu a mostrar a súa mellor versión para tirar do carro branquiazul nun set no que o noso servicio presionou e moito a recepción do Barça. Deste xeito se chegaba ó set de desempate. Un gran Jordi Gens dirixiu con mestría a nave blaugrana para deixar sen opcións ó Náutico prácticamente desde o inicio do xogo. Incapaces de puntuar ante o entramado defensivo local vían os nosos como se distanciaban pouco a pouco os de Sergi Bosch para deixar os dous puntos na cidade condal. Consulta aquí a estadística completa do encontro. Polo Náutico xogaron: Iván S., Juan Díaz-R., Gabriel del C., Cristóbal Á., Mario I., Germán R. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Pablo R., Adrián G., Manuel P. e Borja V.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 DOMPA GESTIÓN
(25-18, 25-12, 25-11)-(2ª Div. Autonómica Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 DOMPA GESTIÓN
(25-12, 18-25, 25-14, 25-20)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 DOMPA GESTIÓN
(21-25, 25-18, 25-14, 25-14)-(Liga Galega Cadete Feminina)
CLUB VIGO VOLEIBOL 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-8, 25-8)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)
EMEVÉ IF2 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-12, 25-19)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)
Ningún comentario:
Publicar un comentario