xoves, 26 de marzo de 2015

OS MELLORES DA XORNADA #7IDEALBOIROVOLEIBOL

Septeto ideal do 20, 21 e 22 de marzo
Dura competencia a desta semana para formar o que é o mellor equipo posible da fin de semana. Os 12 encontros disputados na Cachada déixannos un bo puñado de actuacións destacadas, pero só 7 poden ser os elexidos. Colocadora, Laura Martínez: gran labor de distribución ofensiva a mostrada pola viguesa na brillante vitoria do JEALSA ante o Calasancias Coruña. Oposto, Xian Pérez: a súa actuación en bloqueo ante o Voleibol Dumbría foi digna de mención, convertindo a primeiro liña do JEALSA xuvenil masculino na súa mellor arma neste encontro saldado cun 3-0 favorable. Receptor 1, Pablo Nieto: gran aparición a do cadete de primeiro ano non na vitoria dos xuvenís ante o Calasancias Coruña. Imparable en ataque, Pablo demostrou o seu potencial na 2ª vitoria da fin de semana para os nosos xuvenís. Receptora 2, María Triñanes: probablemente a mellor xogadora do JEALSA na tarde do sábado. Segura en recepción, participativa en defensa e atinada en ataque conseguíu xunto as súas compañeiras despedir a temporada cun gran triunfo. Central 1, Félix Romero: xenial en bloqueo ó igual que o resto do equipo xuvenil en toda a fin de semana. Foi un auténtico muro na vitoria por 3-0 ante Calasancias Coruña. Central 2, Álex Velo: mellor xogador dos cadetes no encontro que convertía ós de Adrián Alves en campións da fase regular da Liga Galega. Álex estivo atinado en bloqueo, incisivo en ataque e moi preciso desde a liña de saque. Líbero, Sheila Outeiral: un dos piares do JEALSA da 2ª feminina en recepción e defensa, apartados vitales para un equipo que quere ser competitivo no volei autonómico feminino.

Ningún comentario: