domingo, 15 de marzo de 2015

O NÁUTICO DESPÍDESE DA SÚA AFECCIÓN CON VITORIA. RESULTADOS:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 CVAA LLARS MUNDET
(23-25, 26-24, 13-25, 25-19, 15-12)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico, coa asociación ALCER
A despedida desta edición 2014-15 da SM-2 non puido ser mellor para os siareiros que cada 15 días se congregan na Cachada para ver ó seu equipo. O CVAA Llars Mundet catalán, inmerso de cheo na pelexa polo ascenso á máxima categoría do volei nacional, non puido cun gran Náutico que se levaba o encontro nun apaixoante tie-break no que o oposto Juan Díaz-Romeral volveu a ser decisivo. O encontro comezaba igualado froito das imprecisións de galegos e cataláns. Foi chegado o ecuador do mesmo cando o oposto Ignacio Calderé e os erros de ataque condeaban ós boirenses que vían como os da cidade condal se colocaban en disposición de pechar a manga (14-20). Lonxe de baixar os brazos os de Emilio Palacio loitaron e gracias a unha gran rotación de saque de Gabriel del Carmen conseguían facer dubidar ós visitantes que pasaron dun 20-24 a un 23-24 en cuestión de segundos. Un erro de saque buscando a igualada poñería o 23-25 definitivo. O arranque do segundo set facía presaxiar un duro encontro para os nosos. A gran actuación en bloqueo dos de Toni Alemany disparaban ós barceloneses camiño do primeiro tempo técnico. A entrada de Gustavo Romero e Manuel Pérez dotou de sacrificio ó Náutico que paseniño lle foi collendo o pulso a un complicadísimo encontro. Sería a conexión Iván Souto-Mario Iglesias a que cun primeiro tempo levaría as táboas ó luminoso da Cachada. O 3º foi de claro dominio visitante. A figura do central Iván Lanza comezou a brilar en bloqueo e os atacantes do Náutico sufriron un baixón na súa efectividade. Dirixidos por un gran Sergi Arranz o Llars colocábase de xeito cómodo en vantaxe. No 4º os nosos levaron a cabo a réplica. Juan Díaz-Romeral atopaba constantemente o firme catalán e o alto nivel de defensa galega outorgáballe ó Náutico numerosas situacións de contra. Sería de novo cun ataque por zona 3 (desta volta con Germán Romero como protagonista) o que pecharía o set en prol do Náutico e levaría o encontro a un desempate que se antoxaba apaixoante. Tódolas miradas estaban en Boiro e Castellón. Na cidade valenciana estábase a xogar simultáneamente un CV Mediterráneo-CV Melilla no tie-break que decantaría o ascenso ben para Llars ou ben para os africanos. Na Cachada os cataláns apretaban os dentes e comezaban o desempate cun 0-3 que complicaba moito as cousas. Foi neste momento cando a aparición de Juan Díaz-Romeral desequilibrou a balanza no noso favor. Cunha espectacular cifra de 8 puntos neste set poñería a salvo unha vitoria que afastaba ós barceloneses do ascenso malia que CV Melilla tamén caía en Castellón nun apretado final. Inmellorable fin de festa para un Náutico que remata 6º na liga e seguirá a lo menos un ano máis na elite do volei español. Consulta neste enlace a estadística do encontro. Polo Náutico formaron Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Gabriel del Carmen, Cristóbal Álvarez, Germán Romero, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Narciso Abalo, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Fran Dieste.

EMEVÉ 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(28-26, 25-20, 19-25, 11-25, 13-15)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

Vitoria das senior noutro final apretado
Vitoria no tie-break acadada polo primeiro equipo feminino tras remontar un 2-0 en contra nun encontro no que sufriron moito para conseguir balóns francos en ataque. Malia que as de Mario Iglesias comezaban o encontro frías conseguían arrancar con vantaxe no luminoso. Esta renda que chegou a ser de 10 puntos perdíase e sembraba o desconcerto nun equipo que vía como o partido se poñía moi costa arriba co 2-0 a prol do EMEVÉ. O xogo era delabazado e falto de criterio pero non sen traballo as nosas conseguían impoñerse ó seu rival no 3º e 4º para levar o encontro ó desempate. Tras desaproveitar unha cómoda renda inicial as nosas levábanse o gato á auga nun apretado final de set no que calquera dos dous equipos puideron saír vitoriosos. Polo JEALSA xogaban Laura M., Mariana D., Noe D., Katy S., María T., Melissa N. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Alejandra G., Sheila P., Irea T. e Paula V.

EMEVÉ 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-17, 25-18)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

O Redesyl cae claramente ante o EMEVÉ
Clara e merecida derrota na mañá so sábado a do noso equipo filial masculino en Lugo. Mermados física e mentalmente pola dureza e esixencia do encontro xuvenil os de Adrián Alves foron incapaces de mostrarse competitivos en ningún momento do partido. Os numerosos erros non forzados impedían que o Redesyl fose quen de seguir o ritmo de puntuación local, camiñando inevitablemente hacia a derrota. A falta de un encontro para o remate da competición os boirenses marchan na 4ª praza da 2ª División, tendo como próximo rival ós noieses do Fisioterapia Cinesia que matemáticamente xa son campións desta competición. Polo Redesyl formaban de inicio Daniel V., Pablo R., Marcos A., Adrián G., Félix R., Borja V. e Dani G. (líbero). Como reservas agardaban unha oportunidade Rubén M., Xian P., Lois V. e Juan O.

EMEVÉ 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 15-25, 25-19, 30-32)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

O JEALSA estará na fase final do Cpto. Galegi Xuvenil
Traballada vitoria dos xuvenís na súa visita ó sempre perigoso EMEVÉ de Lugo. O encontro comezaba co JEALSA moi afinado no cambio. Facendo dano no primeiro balón de ataque os locais vían impotentes como os branquiazuis se colocaban de inicio cun claro 2-0. No terceiro os de Diego Taboada melloraron apoiando o seu xogo ofensivo sobre o ferrolano Marcos Blanco. Na reanudación chegaron os momentos máis tensos do partido. A igualdade mantívose durante toda a manga con 2 equipos que non mostraban un xogo brillante. Foi a actuación en ataque de Adrián Gatbache sumada a un bloqueo de Xian Pérez a que poñía camiño de Boiro os 2 puntos do triunfo. Polo JEALSA xogaron Ismael M., Xian P., Adrián G., Lois V., Borja V., Fran D. e Óscar P. (líbero). Como reservas estaban Rubén M., Daniel O., Pablo N., Marcos A. e Félix R. 

EMEVÉ 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-11, 17-25, 25-23)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

As xuvenís plantan cara na pista dun dos favoritos da liga
Bo partido o xogado polas xuvenís que dirixe Andrés Martínez diante dun dos dominadores desta LGXF. O pistoletazo de saída dábase con máxima igualdade onde tan só dúas imprecisións puntuais privaron ó JEALSA de adiantarse. Esta derrota parcial pasoulles factura ás nosas que desapareceron por completo do encontro durante o transcurso da 2ª manga. A reacción non se fixo agardar e da man das súas atacantes de banda Melissa e Alejandra recurtaban distancias as branquiazuis. Neste tramo do encontro destacou a aportación desde a segunda liña de defensa da líbero Sheila Outeiral. A igualdade volveu a reinar no 4º set, xogo que se decantaría de lado local gracias ó maior tino ofensivo nos momentos cruciais. Polo JEALSA xogaban Sara B., Lea G., Alejandra M., Melissa N., Alejandra G., Laura O. e Sheila O. (líbero). No banco estaban Ada V., Irea T., Marta S., Paula V. e Laura P.

EMEVÉ 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 26-24, 19-25, 25-23, 19-21)-(Liga Galega Cadete Masculina)

Os cadetes demostran personalidade gañando en Lugo
O JEALSA está a un encontro de convertirse en campión da fase regular desta LGCM. Empezaban os nosos concentrados levándose o 1º gracias á magnifica labor de Rubén Martínez na dirección e á actuación ofensiva de Pablo Nieto. No 2º as sensacións eran similares ata que, despois de desperdiciar un 21-24 os de Adrián Alves deixábanse remontar e cedían a manga por 26-24. No 3º o dominio boirense regresaba. Daniel Olveira sumábase ó carro do encontro para deixar sen opcións de triunfo parcial ós locais. A partires de aquí viviuse un encontro igualado. Os lucenses cedían toda a responsabilidade ofensiva nos seus receptores pero a vitoria marchou para Boiro gracias ó sacrificio deste equipo. JEALSA: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Christopher R., Gabriel S., Álex V. e Darío O. (líbero). Tamén xogaron Sergio C., Manuel T., Pablo D. e Borja S.

EMEVÉ 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-10, 25-15, 25-18)-(Liga Galega Cadete Feminina)

Paula V. ataca ante o bloqueo lucense
Contundente derrota en tres sets das nosas cadetes no feudo do líder da Liga Galega. As lucenses, que non perderon ningún partido no que vai de liga cedendo tan só 6 sets, mostráronse intratables durante todo o choque e non tremeron para asegurarse de xeito case definitivo a primeira praza desta fase regular. As nosas, superadas en todo momento polo servicio local, pelexaban con moitas dificultades por construir xogadas de ataque. Lonxe de conseguilo, os problemas na recepción traducíanse directamente en erros non forzados que aplanaban o camiño do EMEVÉ hacia o triunfo. Con esta derrota as de Emilio Palacio despídense de xeito definitivo dos postos que dan dereito a xogar o play-off polo título. Polo JEALSA xogaban Ada V., Laura P., Laura O., Luciana V., Paula V., Alejandra M. e Irea T. (líbero). Como reservas estaban Marta S. e Lea G.

EMEVÉ 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 25-11, 25-21)-(Liga Galega Infantil Masculina)

Os infantís non poden co poderío físico do EMEVÉ
Derrota en tres sets dos máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol diante dun equipo con máis horas de xogo e cun poderío físico moito maior. A diferencia de nivel no saque marcaba o xogo nos dous primeiros sets nos cales os de Adrián Alves se mostraban moi agarrotados e non conseguían elaborar xogo ofensivo para facer fronte ó vendaval dos da cidade da muralla. Pouco a pouco os pequenos do Boiro Voleibol ían trenzando accións con máis precisión e sentido. Foi no transcurso do 3º set cando unha gran xeira de Sergio Castaño desde a liña de saque levou a manga ó final máis apretado do encontro e fixo pensar coa vitoria parcial para os branquiazuis. O ataque local saíu ó rescate dos puntos e deixou a vitoria en Lugo. O próximo sábado nova oportunidade ante Calasancias, ánimo. Polo JEALSA infantil masculino xogaron Daniel V., Juan Q., Manuel S., David F., Sergio C. e Alberto T.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 DOMPA GESTIÓN
(9-25, 5-25, 6-25)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)

As infantís seguen acumulando minutos de xogo
Derrota por 0-3 das infantís do JEALSA neste encontro da 2ª Fase da Liga Zonal que as enfrontaba ás ourensás do Dompa Gestión. A falta de ritmo co servicio dificultaba tremendamente que as de Emilio Palacio seguisen o ritmo das vistantes. Éstas, máis experimentadas e cun servicio moito máis podersoso, marcaban o territorio desde o inicio do choque. As nosas tiñan serios problemas para elaborar o seu xogo ofensivo e vían como as da cidade das burgas non tremían para pechar o partido en tres mangas e quedarse cos 2 puntos en xogo. Como nota positiva do encontro queda a aportación en momentos puntuais desde a liña de saque de Lidia Figueira. A formación do JEALSA estaba composta por Lidia, Sara O., Mara, Laura, Alejandra, Lucía, Sara S., Lara, Alba, Laura P., Olaya e Cristina

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(14-25, 8-25, 8-25)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)

Laura P. prepara o saque durante o encontro
Encontro de guión semellante ó anterior no segundo partido que as nosas infantís afrontaban na mañá do domingo nesta 2ª Fase da Liga Zonal Infantil Feminina. A presión exercida polo equipo rival desde a liña de saque era demasiado para un JEALSA que volvía a ceder en tres sets sen opcións reais de triunfo. A irregularidade do primeiro toque boirense imposibilitaba que as nosas trenzasen xogadas ofensivas con mordente. O ataque do JEALSA mostrábase inofensivo ante unha defensa máis experimentada e que non pasou apuros para contrarrestar os envíos das nosas unha e outra vez. Deste xeito e apoiándose constantemente no servicio marchaban coa vitoria da Cachada as rapazas do Club Vigo Voleibol. Po parte do JEALSA xogaron Lidia, Sara O., Mara, Laura, Alejandra, Lucía, Sara S., Lara, Alba, Laura P., Olaya e Cristina

Ningún comentario: