domingo, 22 de marzo de 2015

RESULTADOS DESTA XORNADA MARATONIANA DE 3 DÍAS DE ENCONTROS:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-23, 25-19, 25-22)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

Noelia e Laura bloqueando ante o Calasancias
Clara vitoria por 3-0 do noso primeiro equipo feminino ante as 4ª clasificadas desta 2ª División Autonómica. Malia un mal arranque no que as coruñesas partían cun contundente 0-7 a favor as de Mario Iglesias reaccionaron a tempo para marchar de vacacións con sabor a triunfo. A intensidade defensiva boirense sumada ós continuos erros de saque das visitantes xeraban a tranquilidade que as nosas necesitaban para ir tomándolle o pulso ó encontro. María Triñanes e a xuvenil Melissa Novoa volveron a ser os referentes ofensivos dun JEALSA que, a excepción do último tercio do 3º set, se mostrou moi sólido e infranqueable para as herculinas. Afincadas na 6ª praza despiden as nosas esta 2014-15 marcada polos altos e baixos do equipo. Xogaron Laura M., Mariana D., Melissa N., María T., Noelia D., Katy S. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Sheila P.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 2-3 VOLEIBOL DUMBRÍA
(14-25, 25-18, 15-25, 25-23, 12-15)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

Un irregular partido castiga no tie-break ó Redesyl
Derrota en cinco sets a sufrida polo noso equipo filial nun encontro no que ámbolos dous equipos mostraron uns altos e baixos moi pronunciados. Os visitantes golpeaban primeiro ante un Redesyl maniatado polos erros na recepción e saque. Xa no 2º, os de Boiro melloraban gracias á seguridade que Marcos Alvite lles brindaba dende a liña durante o seu turno de saque. O 3º era un calco do primeiro: os de Adriñan Alves eran incapaces de trenzar xogo ofensivo e o Voleibol Dumbría volvía a adiantarse no luminoso recargando a confianza perdida minutos antes. A resposta foi inmediata e gracias ó acerto dos centrais branquiazuis o partido chegaba a un tie-break no que un saque directo dos visitantes sería definitivo para os da Cachada. A vindeira semana toca derbi en Noia para despedir o ano. Redesyl: Daniel V., Pablo R., Marcos A., Diego R., Félix R., Fran D. e Óscar P. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Xian P., Adrián G., Dani G. e Juan O.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 CALASANCIAS CORUÑA
(25-18, 13-25, 15-25, 24-26)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

As xuvenís desmorónanse tras un bo inicio de partido
As cousas non son como comezan, sinon como acaban. Iso é o que deben pensar as xogadoras do JEALSA xuvenil feminino tralo encontro disputado o pasado sábado ante o Calasancias Coruña. A un primeiro set onde as de Andrés Martínez dominaron con facilidade o xogo seguíronlle 3 onde o nivel boirense caía en picado para acabar cun claro 1-3 e deixar escapar do feudo boirense os dous puntos en xogo. O nivel de saque da primeira manga foi tan só un espellismo que precedía ós erros en recepción e ataque nos dous seguintes sets onde as nosas caían con tanteadores abultados. Só no 4º set se volveron a mostrar competitivas as nosas pero co 24-24 os erros volveron para castigar coa derrota ás da Cachada. O 7 inicial do JEALSA neste encontro foi Sara B., Lea G., Lía V., Alejandra M., Melissa N., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Como reservas agardaban saltar ó terre de xogo Ada V., Marta S., Irea T., Paula V. e Laura P.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-18, 25-17, 25-17)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

Gran actuación en bloqueo por parte do JEALSA
Encontro moi serio o disputado polos nosos xuvenís na tarde do sábado e que finalmente se saldou cun favorable 3-0 ante un sempre rival con moita tradición no volei de base galego. O bloqueo local de contado marcaba o territorio tocando multitude de balóns atacados polos da Costa da Morte. Xian Pérez e Borja Vilas son os nomes propios nesta faceta do xogo boirense. A defensa do JEALSA mostraba un nivel máis que aceptable e os atacantes de banda branquiazuis cumprían con creces co seu traballo na contra atacando balóns fóra do alcance da defensa rival. Os dumbrienses tentaban responder para manterse con opcións de entrar na fase final do Campionato Galego pero os nosos demostraron solidez e non baixaron o ritmo en ningún tramo do choque, impedindo deste xeito calquera posible reacción. Polo JEALSA formaban Ismael M., Xian P., Lois V., Adrián G., Fran D., Borja V. e Óscar P. (líbero). Tamén xogaron Rubén M., Pablo N., Dani G., Félix R. e Marcos A.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-13, 25-16, 25-21)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

O JEALSA xa mira para o play-off
Co billete para o Campionato Galego xa na man afrontaban os xuvenís do JEALSA este último encontro da fase regular da Liga Galega. Foi un partido sen sobresaltos para os de Adrián Alves, onde a nota positiva a protagonizaban os cadetes Pablo Nieto, Rubén Martínez e Daniel Olveira cun encontro máis que correcto na categoría superior. Tamén foi un día de benvidas xa que se produxo o debut oficial coa elástica branquiazul de Iván García, xogador que se vén exercitando dende hai meses co equipo cadete. Ó igual que ante o Voleibol Dumbría, o bloqueo volveu a ser unha das armas que os nosos mellor empregaron. Marcos Alvite, inspiradísimo de novo desde a liña de saque axudabaa organizar a primeira liña de defensa boirense. Xogaron Ismael M., Xian M., Pablo N., Marcos A., Félix R., Fran D. e Dani G. (líbero). Como reservas estaban Rubén M., Daniel O., Lois V. e Iván G.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CALASANCIAS CORUÑA
(18-25, 19-25, 23-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)

Laura O. ataca ante o Calasancias
Derrota por 0-3 do JEALSA cadete feminino diante das 7ª clasificadas da Liga Galega. Foi un encontro igualado nos tres inicios de set, onde a maior intensidade en segunda liña mostrada polas coruñesas serían claves para acadar a vitoria final. As boirenses, erráticas e imprecisas durante todo o encontro, observaban desde a 5ª posición ligueira como dous novos puntos fuxían da Cachada nun encontro no que as branquiazuis xa non se xogaban nada. O 3º set foi o máis igualado dos tres. Boirenses e coruñesas chegaban ós puntos quentes igualadas pero a man tremeulle ás atacantes locais e as visitantes aproveitaron os erros contra a rede das nosas para pechar o encontro pola vía rápida. O JEALSA saltaba á pista 2 da Cachada con Ada V., Laura P., Lea G., Paula V., Lía V., Laura O. e Irea T. (líbero). Tamén xogaron Luciana V., Alejandra M., Verónica P. e Marta S.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-19, 25-21, 19-25, 25-21)-(Liga Galega Cadete Masculina)

Pablo Nieto atacando ante o bloqueo-defensa dumbriense
Mala actuación a dos nosos cadetes na tarde do sábado no encontro que os convertía de xeito matemático en campións da fase regular da Liga Galega. Comezaban os nosos moi atinados castigando a defensa local con ataques potentes e precisos da man de Pablo Nieto e Daniel Olveira. Foi chegado o ecuador do set cando os de Adrián Alves desaparecían por completo da pista central da Cachada e mostraban sen lugar a dúbidas a peor cara da temporada a menos de dous meses de xogarse a clasificación para o campionato de España. Apatía e desacerto na execución son os descriptores da actuación dos nosos que a pesares da problemática se fixeron cos dous puntos da vitoria. Como nota positiva do encontro queda a aportación preto da rede de Álex Velo, mellor xogador do JEALSA na tarde do sábado. No JEALSA formaban de inicio Rubén M., Daniel O., Pablo N., Christopher R., Borja S., Álex V. e Darío O. (líbero). Como reserva estaba Manuel T.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-20, 25-14, 25-18)-(Liga Galega Cadete Masculina)

O JEALSA despide a 2014-15 con 17 vitorias e 1 derrota
Co campionato da fase regular no peto afrontaban os cadetes o derradeiro encontro da da liga ante os herculinos do Calasancias, 5º na táboa clasificatoria e xa sen posibilidades de disputa o play-off polo título autonómico. Foi un partido dominado de cabo a rabo polos nosos no que a actuación ofensiva de Pablo Nieto foi suficiente para dominar o xogo na pista 1 da Cachada. Rubén Martínez, correcto na dirección e moi atinado desde a liña de saque, era sempre un seguro durante a súa rotación ó servicio e permitíalle ó JEALSA conseguir amplas rendas no luminoso que os visitantes xa non poderían contrarrestar. Pablo Dieste, Borja Santamaría e Manuel Tubío cumpliron con nota na súa aparición como titulares. Polo JEALSA xogaban de inicio: Rubén M., Manuel T., Borja S., Pablo N., Pablo D., Álex V. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban Sergio C., Christopher R. e Daniel O.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVÉ IF2
(12-25, 21-25, 15-25)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)

As infantís caeron ante EMEVE no primeiro turno
Unha vez máis o saque volveu a decidir un encontro das nosas infantís, que desta volta non foron quen de facerlle fronte á potencia do servicio das lucenses do EMEVÉ. As continuas arremetidas desde os 9 metros por parte das visitantes desactivaban o ataque do JEALSA, que se limitaba a enviar balóns fáciles ó outro campo e intentar gañar os puntos en defensa. No segundo set as forzas igualáronse. O EMEVÉ xa non era tan preciso e contundente co seu servizo e as nosas aproveitaron para ofrecernos os mellores momentos do partido. Foi no tramo final cando as imprecisións lle custaron o set ás nosas. No 3º regresouse á tónica do comezo do partido. O servicio visitante marcando territorio e o JEALSA pasando apuros na construcción. Polas boirenses formaban Sara O., Sara S., Mara V., Lidia F., Alejandra T. e Lucía S. Tamén xogaron Laura, Cristina, Lara e Olaya.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 DOMPA GESTIÓN (INFANTIL)
(14-25, 13-25, 14-25)-(2ª Fase Liga Zonal Infantil Feminina)

O JEALSA infantil cae ante o campión
Na mañá do domingo presenciouse un encontro entre dous equipos cun notable desequilibrio en canto á súa experiencia e que finalmente se saldou con vitoria en tres sets a prol das ourensás. O Dompa Gestión, campión desta 2ª Fase da Liga Zonal Infantil Feminina mostrouse contundente desde os 9 metros, castigando duramente a liña de recepción do JEALSA e defendendo con relativa comodidade os envíos das de Boiro. Malia as dificultades que as nosas tiveron que superar ó longo de todo o encontro compre resaltar algunha xogada de mérito trenzada ante un equipo tan superior físicamente, tendo como protagonistas a Sara O. e a Lidia F. O JEALSA formaba de inicio co seguinte seis: Olaya, Laura, Cristina, Lara, Lidia e Alejandra. Como suplentes agardaban o seu turno Sara O., Mara, Lucía e Sara S.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CALASANCIAS CORUÑA
(25-15, 25-23, 25-16)-(Liga Galega Infantil Masculina)

Os infantís, fututo da sección masculina do Boiro VB
Derrota en tres sets do JEALSA infantil masculino nun encontro no que non conseguiron levar a cabo o seu mellor xogo. A irregularidade que mostraron os nosos desde a liña de saque, unida á certeza dos coruñeses nesta faceta dificultaba seriamente a faena dos de Adrián Alves. Tan só no segundo set, onde as rotacións de saque de Alexis Sanlés e Sergio Castaño foron o fructíferas que deben, se desfrutou dun set igualado no que calquera dos dous equipos se puido anotar a vitoria parcial. A 3ª manga foi de claro dominio visitante. De novo baseando a estratexia na presión co saque, os do Colexio Calasancias marchaban cos dous puntos da Cachada para finalizar na 3ª posición da fase regular desta LGIM. Polo JEALSA xogaban Sergio C., Daniel V., Alberto T., Manuel L., Juan Q. e David F. Tamén xogaron Agustín L., Alexis S., Esteban P., Víctor M. e Carlos L.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 2-3 VOLEIBOL DUMBRÍA
(27-25, 25-23, 22-25, 22-25, 13-15)-(Liga Galega Infantil Masculina)

Os infantís rozan a súa segunda vitoria da temporada
Encontro de alta tensión o vivido no mediodía do domingo na Cachada que rematou con vitoria do Manuela Rial Mouzo tras case dúas horas de xogo. O JEALSA comezaba o encontro ordeado, xogando con tranquilidade e conseguindo colocarse cun 2-0 que chamaba ó optimismo. A responsabilidade da vitoria pesoulle ós nosos que, atenazados pola presión, vían como os visitantes se facían pouco a pouco co dominio do xogo e recurtaban de xeito paulatino a vantaxe branquiazul. No set de desempate os brazos locais agarrotáronse e o ritmo necesario desde a liña de saque para ser competitivos nesta categoría caíu en picado. Deste xeito encaixaban o nosos a 9ª derrota da tempada para despedir esta 2014-15 no que o obxectivo de acumular experiencia nun equipo novel se cumpríu con creces. Xogaron polo JEALSA Sergio C., Daniel V., Alexis S., Alberto T., Carlos L. e Manuel L. Tamén xogaron Víctor M., Eloy P., Rodrigo M., Juan Q., Esteban P. e Abel G.

Ningún comentario: