En Almería, coa medalla de bronce |
- (Daniel Vázquez) Comecemos polos inicios, como chegas ó mundo do
volei?
- (Christopher) Con 11 anos, a min apetecíame practicar un
deporte de equipo, competitivo, cun balón de por medio, e coma á miña nai non
lle chista o fútbol, pois busquei outra saída. Xa tiña
visto algúns partidos do actual equipo de Superliga e apaixonoume. Entón esa
saída foi o voleibol. Se non fose pola miña nai... non formaría parte disto tan
marabilloso.
-Tes practicado algún outro deporte? Facendo logo
unha comparativa: que caracteriza o
voleibol respecto doutros?
-Si, practiquei outro "deporte": o xadrez. Non é para nada comparable co
voleibol, nula esixencia física, posición estática, por momentos aburrido...
Pero si teñen un punto en común: a concentración. Ámbolos dous esixen máximo
nivel nesa faceta, por iso creo que me resulta tan fácil concentrarme na pista.
O volei é complicadísimo. Un mínimo
erro, dálle o tanto ao rival, cousa que non pasa no fútbol, no baloncesto... E
como todos os deportes de equipo, necesita dun compañeirismo excepcional se
queres acadar grandes éxitos.
-Que ten que pasar para que un rapaz da túa idade escolla xogar ao voleibol?
-Que ten que pasar para que un rapaz da túa idade escolla xogar ao voleibol?
-É moi difícil, e máis neste país influenciado
polo fútbol, todos os rapaces queren ser un Ronaldo ou un Messi, poucos queren
ser un Kurek ou un Robertlandy. Para escoller este deporte, tenche que entrar
polos ollos á primeira vista como me pasou a min, ou senón influenciado por
algunha amizade. Non vexo outra maneira.
“Se non fose pola miña nai... non formaría parte disto tan
marabilloso”
-Que é para ti
Boiro Voleibol? e o teu equipo?
-Unha familia, non podería dicilo doutra
maneira, todos nos coñecemos e todos nos alegramos de vernos uns aos outros. Un
bo rollo excepcional. E ademais diso, unha institución moi seria que pensa no
futuro do volei boirense, galego e incluso nacional. E o meu equipo, unha panda
de amigos, que andamos xuntos pola rúa, saímos por aí uns cos outros, un
ambiente boísimo, que con xogadores coma os que temos, fai un equipazo.
-Sei de primeira man que segues moi de cerca as ligas
continentais, como ves de saúde ó voleibol nacional?
-Este país tíñalle que dar máis importancia a
este deporte, e non o digo porque o practique eu. É bonitísimo de ver, e
nalgúns equipos, coma ocorre no noso club, cada punto celébrase como se fose o
último, ese ambiente non cho da calquera cousa. Ti ves a final do mundial en
Polonia deste ano, pavillón a estoupar, público entregado e pensas: Por que
aquí non? É unha mágoa, espero que a
miña xeración e as que veñen poidamos mudar a situación.
-Alta carga de adestramentos, viaxes, competicións... estudos, renuncias a algo?
Gustaríame poder visitar máis á miña familia de Buhia, en especial á miña avoa. Pero enténdeno, saben ao que ando e intento visitalos cando podo.
-Alta carga de adestramentos, viaxes, competicións... estudos, renuncias a algo?
Gustaríame poder visitar máis á miña familia de Buhia, en especial á miña avoa. Pero enténdeno, saben ao que ando e intento visitalos cando podo.
-A nivel persoal, que che aporta este deporte?
-Quédome coas moitas amizades, non só a nivel de club, senón noutros equipos, no que destaco a Unai do Voleibol Dumbría. Rival e compañeiro co que teño unha gran relación que espero manter. E isto que nunca se di, co volei lígase moito (risas).
-Quédome coas moitas amizades, non só a nivel de club, senón noutros equipos, no que destaco a Unai do Voleibol Dumbría. Rival e compañeiro co que teño unha gran relación que espero manter. E isto que nunca se di, co volei lígase moito (risas).
-Sucesivas convocatorias coa Selección Galega, bronce
no Campionato de España de volei praia sub-15 en 2013, ouro no Campionato de
España de volei praia sub-15 en 2014, bronce no Campionato de España de
seleccións autonómicas sub-15 en 2014... Christopher, cal é o camiño para
acadar todo isto?
-Traballo, traballo, traballo e... máis
traballo. E o que traballes, traballalo ben. Constancia no que fas,
concienciarse e botarlle “un par”. Sempre lembrarei un adestramento coa
selección galega, no que nos mandaron deitarnos no chan, erguer as pernas e
escribir no aire: "Voy a traer una medalla". Iso, sumado aos adestramentos,
méteseche no chip.
-En moitas ocasións impresiona vervos xogar, tan
xoves e a un tempo tan maduros no campo...estou no certo?
-Á xente
gústalle vernos xogar, somos un equipo alegre, que aplaude, berra, xogamos
ben... somos doados de animar. Certo é que tivemos e temos unha progresión moi
grande, fai dous anos estabamos xogando en uve dobre e hoxe adestramos a bola
súper, alma..., o cambio nótase. Dámolo todo para que impresione vernos xogar
e, obviamente, para gañar.
-Falemos do máis recente. Que significa ser campión
de España no deporte que che gusta, ao que tanto tempo adicas?
-Aínda non sabemos ben a magnitude do que
fixemos, creo eu. Ser campión de España implica que eres o mellor do país
facendo aquilo que máis che gusta. É o
soño de calquera, e nós cumprímolo. Foi un subidón enorme gañar o campionato, e
ademais na casa, unha auténtica tolería. Pero isto non remata aquí, somos xoves
e seguiremos dando guerra.
-Cales son os teus obxectivos a curto e longo prazo?
-Agora mesmo penso en mellorar día a día
individualmente e conseguir entrar de novo na selección galega, aínda que é
unha nova categoría, loitarei por estar aí. Colectivamente, desexo ganar a liga
e acabar a tempada como o ano pasado, xogando un Campionato de España de Clubs,
pero queda moito camiño por andar. Falando xa do futuro, o meu soño é poder
xogar algún día en Superliga, e todo o que veña a partir de aí, benvido sexa.
-Algún espello no que reflexarse dentro do Boiro
Voleibol?
-Os xogadores do club nos que máis me miro son Chicho e na nova incorporación Gaby. E que... son moi bos, non hai outra
forma de dicilo. Chicho co seu entusiasmo, cas súas defensas espectaculares e
coas súas recepcións; e Gaby co seu potente saque, contundencia, bloqueo... Para
min, dous xogadores top.
“Pero isto non remata aquí, somos xoves e seguiremos dando guerra”
-Agora que non está Chicho diante, fálanos do teu
adestrador.
-Que dicir de el. Un tío preparado,con estudos,
con gañas, que lle gusta o que fai, un apaixonado e que ademais, xoga a alto
nivel, só pode ser un adestrador excepcional. Teno todo preparado, non toma
unha soa decisión sen pensala e repensala, e iso ten que saír ben, porque non
lle queda outra. El dinos que se seguimos o plan de xogo, vénse connosco onde
sexa, pero nós imos con el aínda que sexa sen plan. Porque cando me dixo en
Barraña, que o sacrificado do campionato ía ser eu, non me importou, porque
estaba completamente convencido que o facía para ser campións, e así foi. Non
teño palabras para describilo, de verdade, isto non é por facerlle a pelota, é
o que penso e o que sinto de verdade. Un conciliador, un motivador, sei que
podo confiar nel para o que faga falla. Con outro adestrador, non seríamos nada
do que somos, estou seguro. É o mellor.
-E agora Cris, a ver como recibes
estes saques:
-Praia ou pista.
-Pista sen dúbida. Ese compañeirismo, o son dos
remates, os berros, as gradas, visitar pavillóns... Todo iso encántame.
-Unha aperta para non esquecer.
-A de Chicho nada máis gañar o campionato.
Nunca olvidarei as catro palabras que nese momento me pronunciou.
-Unha praia para xogar.
-Onde estea a praia de Barraña que se quiten
todas.
-Unha parella.
-Darío, un pracer xogar ao seu lado, é un león,
un mago.
-Un rival.
-A nivel galego o EMEVÉ de Lugo, sempre é
complicado enfrontarse a eles. E a nivel nacional o CVSóller, un óso moi duro
de roer.
-Un punto.
-Os últimos puntos de Pablo tanto na final de
Barraña como o do terceiro e cuarto posto en Valladolid, inesquencibles. E un
meu, o último contra Coslada en Almería que nos metía nas semifinais, esa había
que destruíla.
-Un tempo morto.
-Sen dúbida, o do 10-3 abaixo no tie-break contra
Cieza. Estábamos fora. Tivemos a grande sorte da racha de saques de Alex Velo,
senón... outro galo cantaría.
-Unha imaxe.
-A foto da selección galega coas medallas. Quén
me ía dicir a min que chegaría a ese equipo.
-Unha canción.
-Best Song Ever de One Direction, moi recomendable.
Despois de ter falado
con Christopher, non queda dúbida de que
é un tío que traballa, traballa, traballa e que, por suposto, sempre lle bota
“un par”.
3 comentarios:
Agradecementos especiais para Daniel Vázquez pola súa colaboración. Ademais de boas mans para colocar demostras ter maneiras de gran xornalista. ¡GRACIAS!
Grande Chris!
se me saltan las lágrimas campeón... Da gusto ver ese entusiasmo en ti. Genial la entrevista... A seguir trabajando.
Neste club faise algo mais que adestrar e xogar a volei
Publicar un comentario