domingo, 2 de febreiro de 2014

O F.C. BARCELONA PERECE ANTE A PRESIÓN DA CACHADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 F.C. BARCELONA
(26-24, 25-17, 25-22)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico regálalle un 3-0 ós seus siareiros
A do sábado será unha desas tardes que quedarán grabadas no recordo de todos nós. Diante de medio milleiro de espectadores fieis ó volei boirense conseguía o noso primeiro equipo masculino doblegar por 3-0 ó todopoderoso F.C Barcelona. A espectacular actuación do receptor Cristóbal Álvarez (17 puntos e 88% de efectividade en recepción) catapultou ós de Emilio Palacio a unha vitoria na que o bloqueo barbanzano vestiu as súas mellores galas conseguindo a nada despreciable cifra de 9 tantos. O encontro comezaba igualado. Os altísimos centrais cataláns marcaban o territorio mentras os branquiazuis lle tomaban o pulso ó ritmo de xogo. Tan só nos momentos decisivos da primeira manga puido o Náutico dasequilibrar a balanza gracias a dúas accións defensivas extraordinarias que colocaban 0 26-24 no luminoso. Esta derrota parcial foi un duro mazazo para os da cidade condal que comezaban o 2º set cos ánimos polo chan e padecendo a efectividade do servicio local. Os boirenses camiñaban sen dúbidas a polo 2-0 nun set no que chegaron por diante ós dous tempos técnicos (8-6 e 16-11) gracias ó acerto en recepción e ataque. A 3ª manga foi un calco do anterior. O empuxe dos nosos era demasiado para os blaugranas que nada podían facer para impedir que os tres puntos da vitoria se quedasen en Galicia. Para consultar a estadística completa do encontro pulsa aquí. Polo Náutico xogaron Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Emilio P., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas ficaban Ismael M., Fran D., Miguel V., Manuel P. e Adrián G. 

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ZALAETA
(23-25, 25-16, 25-20, 18-25, 15-8)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

Disputado encontro entre boirenses e coruñesas
Axustada vitoria que lles permite ás de Mario Iglesias aproximarse á cima da clasificación desta 2ª División. O encontro comezaba dominado polo K2 coruñés, culminado en puntos da súa oposta. Deste xeito a vitoria no primeiro set caía pola mínima en peto do Zalaeta. No 2º e 3º parcial as branquiazuis tomaron a dianteira no xogo. Rebeca González mostrou unha gran forma en ataque facendo imposible os intentos defensivos das herculinas e poñendo o 2-1 para as locais. Na 4ª manga o ritmo e a intensidade do JEALSA baixou. Os erros non forzados impediron que os 3 puntos quedasen na Cachada e o tie-break decidise o encontro. Tralo descanso entre sets as nosas recuperaron folgos. Agora as que fallaban eran as visitantes e a vitoria quedaría na Cachada con todas as da lei. Polo JEALSA xogaron: Carla O., Mariana D., Rebeca G., María T., Alejandra G., Katy S. e Paula R. (líbero). Tamén xogaron Ángela T., Laura M., Ana B., Cristina F. e Verónica C. (2ª líbero)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 2-3 VOLEIBOL DUMBRÍA
(22-25, 25-19, 17-25, 25-21, 13-15)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

Os xuvenís volven a caer como locais
Axustada derrota a sufrida polos xuvenís nun encontro para o que volvía a causar baixa por lesión Xian Pérez. O servicio visitante comezaba tomando a dianteira no tanteador da Cachada. No 2º parcial a melloría dende a liña dos 9 metros ocasionaban un merecido empate 1-1. Os erros de recepción condearían ó JEALSA na primeira metade do 3º xogo, onde verían como os de Dumbría conseguirían unha renda que xa non se podería salvar. As tornas volverían a cambiar na seguinte manga confirmando claramente o que estaba a ser un partido tolo. Como sucedera minutos atrás o servicio local sería o encargado de volver a igualar a contenda. O desenlace neste encontro era totalmente incerto e o tie-break que agardaba non apto para cardíacos. Unha renda inicial dos visitantes froito dos erros de ataque do JEALSA sería suficiente para que os amigos do Voleibol Dumbría marchasen con esta vitoria. Xogaron Daniel V., Fran D., Adrián G., Lois V., Óscar R., Félix R. e Jorge D. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Pablo R. e Dani G.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 ZALAETA
(Agardando parciais)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 VOLEIBOL DUMBRÍA
(14-25, 18-25, 17-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

O JEALSA cae ante o líder nun encontro pouco brillante
Complicadísimo encontro o que afrontaban os de Adrián Alves ante o líder invicto desta Liga Galega Cadete Masculina. Con 5 infantís en pista e ante un equipo físicamente moi superior saían os nosos a defender as súas opcións de meterse na final a catro do Campionato Galego. O potente servicio visitante descolocou durante todo o encontro a unha liña de recepción non acostumada a facer fronte a esta clase de envíos. Malia o potencial do rival tamén é de xustiza sinalar que a actuación dos nosos non foi a de outras ocasións. O equipo mostrouse atenazado, inseguro por momentos e pouco confiado en conseguir o triunfo ante un equipo superior. Deste xeito a 5ª derrota do ano deixa ós nosos no 3º posto con dous encontros máis disputados que o EMEVÉ e un punto máis que os lucenses. Polo JEALSA formaron: Rubén M., Daniel O., Darío O., Pablo N., Christopher R. e Gabriel S. No banco agardando unha oportunidade estaban Antón V., Álex V. e Pablo D.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(20-25, 19-25, 18-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)

Marta S. bloqueando no encontro do sábado
Derrota en tres sets ante o equipo que ocupa a penúltima praza desta competición autonómica en idade cadete. As baixas de Lea Gatbache e Ana Bugallo mermaban enormemente o equipo e facían que a aliñación estivese repleta de xogadoras infantís. A diferencia de potencial físico quedaría patente desde o arranque do partido. Os erros non forzados foron o gran lastre das de Emilio Palacio no transcurso de todo o encontro. A falta de experiencia e tranquilidade nos momentos decisivos de cada set propiciou que as viguesas apenas sufrisen para anotarse un choque que para elas significa a segunda vitoria do ano. O derbi comarcal do vindeiro sábado entre as boirenses e as noiesas do Fisioterapia Cinesia promete fortes emocións xa que ámbolos dous equipos chegan igualadas a 20 puntos na clasificación. Polo JEALSA xogaron Sara T., Irea T., Lía V., Laura P., Ada V. e Paula V. Tamén xogaron Laura O., Laura S., Luciana V. e Marta S.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 MANUELA RIAL MOUZO
(25-7,25-9, 25-18)-(Liga Galega Infantil Masculina)

O servicio branquiazul desequilibrou o partido infantil
Vitoria en tres sets dos infantís do Boiro Voleibol para seguir invictos sin encaixar ningún set no que vai de Liga Galega. Borja Santamaría e Manuel Tubío causaban baixa nun JEALSA que non deu opción a un rival que despois da celebración desta xornada ocupa a 3ª praza da fase regular. O ritmo de xogo local poñía contra as cordas ó Manuela Rial. A superioridade froito da presión exercida dende a liña dos 9 metros foi a chave para anotarse con tranquilidade os dous primeiros parciais, nos que o ataque branquiazul tamén fixo acto de presencia con accións espectaculares e vistosas dos nosos cativos. No terceiro set a intensidade do JEALSA non foi a mesma. Levados pola lentitude do encontro os de Adrián Alves non conseguiron xogar ó mesmo nivel que no arranque do choque e viron como a melloría visitante se traduxo no luminoso cun tanteador máis axustado. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Álex V., Christopher R., Darío O. e Pablo N. Como reserva estaba Pablo D.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 MANUELA RIAL MOUZO
(25-12, 25-21, 22-25, 25-15)-(Liga Galega Infantil Feminina)

Irea remata un balón ante o bloqueo do Manuela Rial
Importantísimo triunfo das rapazas baixo a tutela de Emilio Palacio nun encontro que as enfrontaba a un rival directo nesta Liga Galega e ó que agora deixan a tan só un punto cun encontro pendente de xogar. O servicio foi a pedra angular sobre a que se apoiou o plan de xogo das locais. A recepción visitante víase superada pola efectividade das nosas dende a liña de saque, factor que impedía unha cómoda construcción e que facilitaba a reacción da defenda boirense. Cabe destacar tamén a aportación ofensiva de Lía Villar e Sara Tubío, convertíndose nun quebradeiro de cabeza constante para a segunda liña do Manuela Rial. Dura semana de traballo a que afronta o infantil feminino xa que o vindeiro sábado o Fisioterapia Cinesia de Noia chega á Cachada para disputar un derbi que enfronta a dous equipos separados tan só por dous postos na clasificación. Polo JEALSA xogaron Sara T., Marta S., Ada V., Paula V., Lía V. e Laura O. Tamén xogaron Luciana V., Irea T. e Verónica P.

3 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Partido moi serio e completo o que onte logramos. Pasamos unha semana complicada con baixas de seniors pero entrenamos 12 xogadores que fan que os 6 que estan na pista esten fortes, entrenados, e poñendo moitas ganas por xogar.
O asunto da xente que ven os partidos e un tema aparte, ¡¡¡que grandes!!!

Narciso dixo...

Subídelle a rede a Pablo Nieto XDDD

Gus dixo...

Son 7 Pivot... ;P

gran partido!!!