ELLAEL VIGO VOLEY 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(23-25, 18-25, 15-25)-(2ª Div. Autonómica Feminina)
3 puntos de ouro antes do parón de Nadal |
Importantísimo triunfo o do noso primeiro equipo feminino para seguir de preto a estela dos conxuntos da parte alta da táboa clasificatoria. As de Mario Iglesias atópanse na 6ª praza a 5 puntos do 4º clasificado e cun partido pendente de xogar ante o XAV de Cambados. Despois dunha semana complicada pola incertidume creada polas obras no Complexo Polidepertivo da Cachada chegaba o JEALSA a Vigo coas baixas de Rebeca González, Paula Rial e Sheila Pouso. As típicas dúbidas das nosas nos compases iniciais dos encontros volveron aflorar en Pista Vermella. As imprecisións en recepción e ataque impedíalle ó JEALSA atopar un ritmo de xogo axeitado para dominar cómodamente o tanteador. Deste xeito, as locais chegaban por diante ó momento decisivo do primeiro parcial (22-21) aproveitando a indecisión branquiazul. Neste momento, o control dos erros non forzados e a orde táctica fixo que as boirenses lle deran a volta ó marcador e se adiantasen no partido nun axustadísimo final de set. As seguintes mangas non foron moi diferentes en canto ó guión. Malia non exhibir un xogo vistoso as nosas conseguían voltar a terras barbanzás con 3 valiosísimos puntos froito da presión exercida dende a liña de saque, factor que imposibilitaba unha construcción de calidade por parte das olívicas. Polo JEALSA xogaron: Ángela T., Mariana D., María T., Cristina F., Alejandra M., Andrea B. e Verónica D. (líbero). Tamén xogou Carla O.
CLUB VIGO VOLEIBOL B 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 25-17, 25-13)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Mal encontro do Redesyl en Vigo |
Non houbo historia. Cómodo triunfo para os vigueses neste duelo de filiais entre olívicos e boirenses que na tarde do sábado acolleu o polideportivo de Coia. O podería ofensivo dos locais foi demasiado para un Redesyl que en ningún momento do encontro puido plantar cara a un conxunto moi superior que manda con autoridade na 2ª Autonómica. A calidade do servicio vermello e a mala actuación en recepción dos nosos facía que o encontro fose un camiño de rosas para os vigueses, que defendían con suma facilidade as tentativas de ataque branquiazuis. Tan só en momentos puntuais o receptor Xian Pérez conseguía desestabilizar o K2 local pero tan só foron chispazos dun equipo que non tiña fé na vitoria. O parón de nadal chega cunha 6ª praza que nos deixa 4 triunfos e 5 derrotas na primeira volta do curso. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Diego R., Xian P., Adrian A., Fran D., Lois V. e Felipe R. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Dani G., Adrián G., Óscar R. e Juan O.
CLUB VIGO VOLEIBOL 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 25-18, 25-13)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Os xuvenís chegan 3º ó parón de Nadal |
Derrota en tres sets que, sumada ó triunfo do EMEVÉ ante o San Sadurniño, envía ó noso equipo xuvenil masculino á 3ª posición desta Liga Galega. Malia o abultado do resultado foi un encontro onde as sensacións dos nosos non foron todo o malas que poida parecer. Ante un equipo moi forte e competitivo, reforzado con xogadores de calidade como é o caso do receptor vallisoletano Antonio Rodríguez pereceron os de Adrián Alves por segunda vez no que vai de campaña. A mellor cara do JEALSA puidose ver no segundo parcial onde chegado o ecuador do mesmo dominaban os nosos cunha renda de 3 puntos (11-14) e mostrando accións realmente brillantes. A contundencia dos atacantes de banda vigueses sería o antídoto que desactivaría o xogo dos nosos deixarían os dous puntos da vitoria en peto vermello. Non cabe dúbida de que o final de tempada será de infarto para os xuvenís, a traballar. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Fran D., Xian P., Adrián G., Lois V. e Óscar R. Tamén xogaron Daniel V., Dani G e Félix R. Causaron baixa Pablo R. e Jorge D.
AD A PINGUELA 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 25-27, 25-16, 25-14, 15-9)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
AD A PINGUELA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 26-24, 25-21, 27-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)
AD A PINGUELA 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-7, 25-9, 25-9)-(Liga Galega Infantil Feminina)
1 comentario:
Esperemos que este año Papá Noel traiga dos ventanas para poner en la cachada y no se llueva más el pabellón, así no tenemos que estar los entrenadores fregando una hora para que no haya accidentes.
Ya que anda por aquí que arregle los postes y el suelo así podemos entrenar, y de paso que friege los baños así le damos descanso a los entrenadores y directivos del club...porque aunque no lo vean o puntuen en las subvenciones esto también es colaborar con el concello.
Y si a Papá Noel no le da tiempo esperemos que los reyes arreglen el problema de las humedades para que podamos jugar...
Es un poco triste tener que pedirle estas cosas a Papá Noel y los reyes, pero por ahí nos hacen más caso.
Feliz navidad.
Emilio Palacio Álvarez
Publicar un comentario