martes, 10 de decembro de 2013

EQUIPO IDEAL DA XORNADA ANTE O EMEVÉ DE LUGO:

#7idealBoiroVoleibol (7-12-2013)
Moitas son as actuacións destacadas que nos deixan os nosos xogadores nunha fin de semana onde 5 dos equipos do Boiro Voleibol voltaron coa vitoria debaixo do brazo. Alá imos. No posto de colocadora temos a Ada Villar: intelixente dirección e moito criterio nos momentos importantes do encontro no que as infantís conseguiron a súa 4ª vitoria do ano. Colocador-Oposto, Darío Outeiral: excepcional en servicio tanto no partido infantil como no cadete. Cada rotación súa de saque era un respiro para os seus compañeiros. Destacada actuación tamén en labores ofensivas e de director de equipo. Receptora 1, Rebeca González: extraordinaria aportación ofensiva a da xogadora da canteira boirense na vitoria do primeiro equipo feminino sobre as lucenses. O seu potente servicio axudou enormemente a facer tremer a recepción local no desempate. Receptor 2, Rubén Martínez: clase maxistral do pequeno dos Martínez na Casa do Deporte. A súa actuación ofensiva, en saque, en defensa e sobre todo en carácter convírteno probablemente na figura destacada da fin de semana. Central 1, Lois Vázquez: atinado en bloqueo e decisivo en ataque. Malia a derrota do equipo xuvenil ante o EMEVÉ Lois deixou as mellores accións do partido na rede, motivo polo cal se gaña unha semana máis o dereito a formar neste #7idealBoiroVoleibol. Central 2, Lía Villar: semana a semana o seu ataque é máis determinante e axuda a que o equipo infantil consiga vitorias. Líbero, Felipe Resúa: a súa presencia mellora por sí mesma a autoestima do equipo filial. Nun equipo plagado de xogadores en idade xuvenil Felipe é un oasis de experiencia, saber estar e veteranía.

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Brasi pedrero!

Narciso dixo...

Nun equipo plagado de xogadores en idade infantil??? Brasi xoga cos cadetes?? jajaja