Día de reencontros: María, Sheila e Felipe regresaron á Cachada |
Intenso día de volei o vivido este sábado dende primeira hora da mañá na Cachada. As boas novas non tardaban en chegar xa que as xuvenís que dirixe Mario Iglesias desfacíanse por 3-0 (25-20, 25-13, 25-20) das veciñas do Fisioterapia Cinesia Noia nun encontro no que a líbero local Sheila Outeiral voltaba ás canchas cunha actuación máis que atinada. Polas xuvenís xogaban Sara B., Sheila P., Sara C., Katy S., Alejandra G., Antía S. e Sheila O. (líbero). Agardando no banco atopábanse Nuria e Lea G. Non correron a mesma sorte as infantís, que pereceron por 1-3 (12-25, 25-23, 13-25, 17-25) no derbi comarcal ante as noiesas. O potente servicio visitante foi demasiado para un conxunto, o de Emilio Palacio, en fase de total construcción. Polas nosas xogaron: Ada V., Marta S., Laura O., Paula V., Lía V. e Sara. Como suplentes figuraban Irea T., Luciana V., Verónica, Laura P. e Marta C. O segundo triunfo local chegaría no partido cadete tras 5 disputados sets (23-25, 25-23, 25-20, 21-25, 15-11). O boirense un equipo en gran parte infantil acompañado da experiencia de Lea Gatbache, foi quen de competir e derrotar a un equipo mellor dotado físicamente. Polas cadetes xogaban Lea G, Paula V., Irea T., Sara, Lía V. e Laura P. Laura O., Laura S., Luciana V., Marta S. e Ada V. agardaban unha oportunidade dende o banco de suplentes. Tralo parón para o xantar chegaba a xornada de tarde con dous encontros senior. O das 17:30h, que enfrontaba ó noso primeiro equipo feminino ao XAV Cambados nun encontro que significaba o debut das nosas nesta 2013-2014 saldouse cun claro 3-0 (25-18, 26-24, 25-20) favorable ás de Mario Iglesias. As locais mostraron un xogo pragmático, apoiadas por unha defensa efectiva e por un ataque contundente da man da oposta Mariana Díaz e da receptora María Triñanes, que tras un ano no exilio coruñés (Voleibol UDC) regresaba á Cachada para defender as cores do Boiro Voleibol. Polas boirenses xogaban Sara B., Mariana D., María T., Verónica C., Alejandra M., Alejandra G. e Paula (líbero). Como reservas estaban Carla O., Cristina, Sara C., Katy S. e Sheila P. A continuación sería o turno dos rapaces. Os de Adrián Alves non poderían co seu rival noiés e caerían por 0-3 (20-25, 19-25, 23-25) nun encontro no que se competíu de igual a igual ante o actual campión da 2ª División Autonómica. Mención especial merece a actuación do líbero local Felipe Resúa que tralo seu paréntese regresa para axudar ó xoven equipo filial a seguir formándose. Polo Redesyl xogaban: Ismael Martínez, Diego Romero, Adrián Gatbache, Adrián Armental, Lois Vázquez, Fran Dieste e Felipe Resúa (líbero). Como reservas estaban Andrés Martínez, Pablo Redondo, Juan Outeiral, Dani Gey e Óscar Refojo.
1 comentario:
Que alegría ver de volta a xente coa que dei os primeiros pasos nesto do volei. Benvido Brasas! E por suposto tamén Sheila e María!
FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario