CYL PALENCIA 2014 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 25-19, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)
Bloqueo de Mario e Iván a Carlos Jiménez |
Non puido ser. A estrea do noso primeiro equipo masculino na categoría de prata do voleibol español saldouse definitivamente con derrota nesta visita ó Estadio de la Juventud palentino. A selección española júnior que dirixe Ricardo Maldonado mostrou un ritmo competitivo maior ó dos boirenses e apoiados nunha gran actuación dos seus receptores José María Giménez (21 puntos) e Carlos Jiménez (14 puntos) conseguiron, non sen atrancos, doblegar ós nosos en algo máis dunha hora de xogo. Pódese dicir que os tres sets estiveron cortados por un mesmo patrón. Igualdade máxima con alternancias de dominio para ámbolos dous conxuntos ata ben avanzados os parciais (máis alá do punto nº 15). Era neste momento cando o servicio local facía dubidar á recepción branquiazul permitindo posicionarse con maior precisión á defensa palentina á par que aumentaba a efectividade do seu bloqueo. Os 6 puntos directos de saque do receptor ciezano J.M. Giménez foron determinantes para darlle a tranquilidade necesaria ó xoven equipo castelán. Tres-catro puntos de ausencia boirense eran máis que suficientes para imposibilitar a reacción ante un equipo que mostrou unha gran estabilidade ó longo de todo o choque. Esta foi a clave. Á vertixinosa velocidade de balón que os locais imprimían no seu xogo uníuse que os de Emilio Palacio non conseguiron prolongar no tempo o nivel de inicios de set, pagando coa derrota a súa primeira batalla na SM-2. Outros resultados da xornada foron: CVAA Llars Mundet 3-0 Intasa San Sadurniño (25-15, 25-17, 25-22); CV Mediterráneo de Castellón 1-3 CDV Textil Santanderina (25-15, 19-25, 18-25, 17-25); cvleganés.com 3-1 F.C. Barcelona (20-25, 25-13, 25-19, 25-21). Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Gustavo Romero e Antón Pérez. Podes consultar a estadística do encontro premendo aquí.
STA. Mª DEL MAR 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-27, 13-25, 16-25)-(Liga Galega Infantil Masculina)
Dúas vitorias, seis sets a favor e ningún en contra. Ese é o balance dos infantís do Boiro Voleibol tralo transcurso de dúas xornadas da LGIM 13-14. O encontro deste pasado sábado comezaba con moitas dúbidas e nerviosismo entre os nosos cativos. Cantidade de erros non forzados no arranque do choque permitían ós herculinos distanciarse no luminoso. Tras un tempo morto, os nosos colleron impulso e comezaron a dominar o xogo revertindo a situación desfavorable de pouco minutos antes e adiantándose no tanteador xeral. A partires de aquí o choque tivo un claro dominio branquiazul. Levando a iniciativa dende o servicio os de Adrián Alves comezaron a trenzar accións positivas empuxados polo subidón de confianza que outorgara a vitoria no primeiro set. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Darío O., Daniel O., Pablo N., Christopher R. e Álex V. Tamén xogaron Borja S., Pablo D. e Manuel T.
STA. Mª DEL MAR 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOLO infantil masculino volve cos dous puntos de A Coruña |
(25-14, 25-22, 25-13)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Os nosos cativos caeron ante o Sta. María del Mar |
Derrota en tres sets do equipo cadete masculino ante os coruñeses do colexio Sta. María del Mar. A diferencia de físico entre os dous equipos fíxose patente dende o comezo do partido e pouco puideron facer os nosos para contrarrestar as ofensivas locais. A superioridade coruñesa dende a liña de saque foi determinante á hora de desequilibrar a balanza deste encontro no que tan só en tramos do segundo set puideron os nosos plantar batalla e achegarse momentáneamente no marcador. Non cabe dúbida que esta LGCM plantexa un reto interesante para o novísimo equipo da canteira do Boiro Voleibol, composto case que na súa totalidade por xogadores en idade infantil. A vindeira semana visita A Cachada o Xuvenil Teis vigués que vén de caer tamén por 0-3 ante o Voleibol Dumbría, actual líder. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Darío O., Daniel O., Pablo N., Christopher R. e Gabriel S. Como reservas estaban Antón V., Borja S., Pablo D., Manu T. e Álex V.
LICEO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-7, 25-12, 25-13)-(Liga Galega Infantil Feminina)
Exhibición do Liceo dende a liña dos 9 metros |
Derrota en tres sets do equipo infantil feminino na súa visita á cancha do Liceo coruñés. O poderío do servicio branquiverde deixaba prácticamente sen opcións de vitoria ás de Emilio Palacio. A construcción do JEALSA era inexistente froito dunha recepción que pasou moitos apuros na mañá do sábado. Como consecuencia destes factores os erros non forzados das boirenses non tardaban en facer acto de presencia, deixando en bandexa a vitoria ó equipo herculino. Tan só nun tramo curto do segundo parcial conseguiron as nosas enlazar algún punto de bo xogo mais non foi suficiente para incordiar as aspiracións das liceistas. As viguesas do Xuvenil Teis son as próximas rivais do JEALSA, difícil test para atopar a senda dos triunfos. Polo JEALSA xogaron: Ada V., Marta S., Paula V., Laura O., Sara T., Lía V. Estaban como suplentes Irea T., Marta C., Laura L., Verónica P. e Luciana V.
LICEO 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-15, 19-25, 25-15)-(Liga Galega Cadete Feminina)
A recepción do JEALSA perece ante o servicio do Liceo |
Derrota das cadetes na cancha dun Liceo que mostrou no saque a mellor arma do seu repertorio. As colocadoras boirenses sufrían para darlle sentido ó xogo barbanzano froito dunha recepción incapaz de facer fronte aos canonazos chegados dende o outro lado da rede. Esta situación facía que as nosas atacantes remataran balóns en peores condicións e por conseguinte, aumentasen a cantidade de erros. Foi no terceiro xogo cando o ímpetu da segunda liña de defensa do JEALSA fixo dubidar momentáneamente ás locais anotándose este parcial por 19-25. Nada máis lonxe da realidade, as liceistas de contado recuperarían o mando do partido deixando nun mero espellismo a reacción das nosas. As de Emilio palacio buscarán a súa primeira vitoria a vindeira semana cando a expedición do Xuvenil Teis aterrizará na Cachada. Polo JEALSA xogaron: Lea G., Paula V.,Ana B., Marta S., Laura P. e Lía V. Laura O., Laura S., Ada V., Sara T. e Irea T. agardaban no banco a súa oportunidade.
IES DE AMES 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 17-25, 17-25, 17-25)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Os xuvenís conseguen o seu "2 de 2" particular |
Segundo triunfo consecutivo para o equipo xuvenil nesta 2ª xornada da LGXM. De contado tomarían os nosos a dianteira no luminoso aproveitando o desconcerto e os erros locais do conxunto local. Minutos máis tarde o JEALSA devolvíalle o favor ós de Ames permitíndolle ós de Dani García adiantarse no encontro contra pronóstico. A partires de aquí os boirenses mostraron unha maior solidez. Apoiados ofensivamente polos seus atacantes de banda conseguirían os de Adrián Alves facerse cos tres xogos seguintes con relativa comodidade e poñer así a salvo os dous puntos da vitoria. Destacables foron a contundencia no remate do oposto Fran Dieste e do receptor Xian Pérez así coma os recursos ofensivos do punta Adrián Gatbache. A vindeira semana toca semana de descanso, a aproveitala. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Fran D., Xian P., Adrián G., Óscar R. e Lois Vázquez. Tamén xogaron Daniel V., Pablo R., Dani G., Jorge D. e Félix R.
IES DE AMES 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 6-25, 25-27, 20-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
Imaxe do JEALSA-Calasancias do Sábado 19 de outubro |
A primeira vitoria do noso equipo xuvenil feminino estivo claramente marcada polas imprecisións de ámbolos dous conxuntos durante todo o partido. Ás de Mario Iglesias custoulles moito entrar no encontro, proba delo a derrota parcial do primeiro set onde un carrusel de erros das branquiazuis lles impedía competir coas amienses. A partires de aquí dominaba o equipo que menos erros cometía. As boirenses concentráronse en cumplir o obxectivo de fallar menos que o equipo rival e conseguiron anotarse as tres mangas restantes nunha montaña rusa de resultados como se pode comprobar nos tanteadores parciais. Unha semana de adestramentos resta para preparar a visita do Xuvenil Teis do vindeiro sábado, ánimo rapazas. Polo JEALSA xogaron: Sara B., Katy S., Ana B., Sara C., Antía S., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Como reservas estaban Lea G. e Isa G.
AMES VOLEIBOL 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(27-25, 25-19, 25-21)-(2ª División Autonómica Masculina)
Mala actuación do filial na súa visita a Ames |
Debut con mala actuación do equipo filial nesta 2ª División. Nun igualado primeiro parcial os erros de servicio dos amienses equilibraban os erros en ataque dos de Boiro, que tras caer no primeiro set pola mínima baixaron incomprensiblemente os brazos para ledicia dos locais. A tónica errática do Redesyl continuaba co paso dos minutos e malia que se puideron ver accións defensivas e ofensivas exitosas de xeito puntual de contado se botaban por terra gracias a unha irregularidade fóra do normal. Os locais, que en resumo erraron menos convertiron a súa estrea ligueira nunha festa a conta dun inánime equipo boirense. O próximo sábado 26 o Xiriavolei visita A Cachada. Toca reflexionar, analizar e combatir erros. Polo Redesyl xogaron: Daniel V., Diego R., Xian P., Adrián A., Fran D., Lois V. e Juan O. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Pablo R., Dani G., Adrián G. e Óscar R.
CV BRUXAS 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 21-25, 12-25)-(2ª División Autonómica Feminina)
O noso primeiro equipo feminino estrea o casilleiro de vitorias |
Vitoria sen contemplacións do noso primeiro equipo feminino nun encontro dominado de comezo a fin. Apoiadas nun gran servicio e nun ataque efectivo conseguiron as de Mario Iglesias unha renda no primeiro parcial de ata 12 puntos. Tan só no desenlace do mesmo conseguían as locais maquillar este resultado gracias ás imprecisións durante a fase de construcción boirense. Durante o segundo as defensas impoñíanse claramente ós ataques. María Triñanes, Rebeca González e Mariana Díaz tomaron as rendas ofensivas do equipo para poñer o 0-2. No terceiro set tan só houbo un equipo sobre a cancha. O JEALSA, moi superior neste parcial, anotábase pola vía rápida un encontro que servía para estrear o casilleiro de vitorias das nosas. Polo JEALSA xogaron: Carla O., Mariana D., María T., Rebeca G., Andrea B., Ana B. e Paula R. (líbero). Suplentes: Sara B, Sheila P., Verónica C, Alejandra G. e Katy S. .
2 comentarios:
Ninguén dixo que sería fácil, a competitividade desta liga é máxima e os erros páganse carísimos. Merecida derrota de onte en Palencia.
Noraboa ós equipos que conseguiron o triunfo en especial ás rapazas que conseguen a súa primaira vitoria, seguro que primeira de moitas.
FORZA BOIRO VB!!!
Esto acaba de empezar!!!
Pronto chegaran máis éxitos!!!
VAMOOOOOOOS
Publicar un comentario