Plantel campión de liga na tempada 2010-2011 |
A 2ª División Autonómica volverá a contar coa presencia do primeiro equipo do Boiro Voleibol. Exitoso en campañas anteriores como na 2010-2011 onde se proclamou campión de liga baixo o mando de Andrés Martínez, o cadro agora ás ordes de Mario Iglesias volve renovado e pensando en estabilizar un proxecto a medio prazo. A crucense María Triñanes será a única supervivente daquel Proboin que acudira á fase de ascenso a 1ª División celebrada no Paco Paz ourensán. Mariana Díaz, Cristina Fernández, Carla Otero, Sheila Pouso, Verónica Calvo, Alejandra Mato, Andrea Bustelo e Paula Rial completan un plantel no que iremos vendo en moitas ocasións a xogadoras en idade xuvenil. O día do debut en competición oficial será o vindeiro 12 de outubro recibindo na Cachada ó Calasancias Coruña. En nome de toda a familia do volei boirense desexámosvos a tódalas recén chegadas unha agradable benvida e moitos éxitos nesta nova aventura que emprendemos xuntos. ¡Arrancamos!
2 comentarios:
Sorte con este equipo.
Que lastima que Rebeca Gonzalez non poida xogar esta tempada. As demais moito animo, e a traballar.
Esperamos que este equipo esté con nós moito tempo!!!!
Ánimo Mario, e todas as xogadoras, seguro que facedes unha gran tempada!!
Publicar un comentario