luns, 28 de outubro de 2013

NOVA SECCIÓN: EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL DESTA XORNADA

Estreamos sección, ¡animádevos a colaborar!
Renovarse ou morrer. O blog estrea sección na que semana a semana iremos recollendo ós xogadores e xogadoras destacad@s nos encontros oficiais que xoguen os nosos equipos en tódalas categorías. Por suposto, aceptamos suxerencias. Nas entradas das crónicas podedes propoñer nomes a ter en conta para engadir ó 7 ideal de cada xornada. Animádevos a participar. Os elixidos desta semana son: colocador, Rubén Martínez: excelente director e un seguro de vida dende a liña de saque . O colocador infantil colaborou de maneira activa na primeira vitoria do noso equipo cadete na LGCM. Oposto, Diego Romero: baluarte ofensivo e puntal en bloqueo do equipo filial masculino na vitoria dos de Adrián Alves ante o Xiriavolei. Receptoras, María Triñanes e Rebeca González: os canóns do primeiro equipo feminino. Versatilidade e efectividade máxima en ataque. As dúas canteirás do Boiro Voleibol abandeiraron a vitoria ante o Xuvenil Teis. Centrais, Christopher Rodríguez e Lois Vázquez: o primeiro, que tamén desempeñou roles de receptor no encontro do sábado, destacou en labores ofensivas a axudou a desestabilizar o entramado defensivo do Xuvenil Teis no encontro cadete. Pola súa banda, Lois (xuvenil de 1º ano), conseguía romper a monotonía ofensiva na primeira vitoria ligueira do filial masculino. O posto de líbero ten un claro dono nesta xornada. Felipe Resúa "Brasi" regresou tras dúas tempadas de descanso á disciplina do Boiro Voleibol e fíxoo pola porta grande, con vitoria en tres sets ante os carballeses do Xiria.

3 comentarios:

Adrián Alves dixo...

A facerme a pelota todo dios! jejeje

Animádevos!

FORZA BOIRO VB!!!

Jesus_pivot dixo...

En la fiesta de Bras.

Andrés "Araña" dixo...

mola la nueva sección. Gran idea Chicho.