O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 LICEO
(13-25, 4-25, 6-25)-(Liga galega infantil feminina)
Derrota en tres sets do equipo infantil feminino do Boiro Voleibol ante un conxunto moito máis experimentado como é o herculino do Liceo. O eficaz servicio das coruñesas condicionou o debut en competición oficial das xoves xogadoras boirenses que dirixen Andrés Martínez e Emilio Palacio. O empuxe das máis veteranas deste grupo como poden ser Emma Ordóñez e Lea Gatbache non bastou para contrarrestar o empaque do equipo visitante que en ningún momento do partido pasou apuros para se anotar a vitoria dun xeito claro neste arranque da liga galega. O do traballo é o camiño que debe seguir este grupo de rapazas que está nunha etapa de total formación e de seguro que no futuro lle dará moitas alegrías o volei boirense. Moito ánimo para elas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Emma, Lea, Marta, Lía, Irea e Paula. Tamén xogaron Ada, Luciana, Laura, Carla e Celia.
Primeiro partido oficial para as infantís en liga galega |
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 LICEO
(11-25, 16-25, 12-25)-(Liga galega cadete feminina)
Estreo ligueiro para as de Emilio Palacio nun encontro no que non conseguiron mostrar a súa mellor versión salvo nun curto tramo do segundo parcial. Moitas e importantes son as xogadoras que pasaron neste ano por idade á categoría xuvenil polo que este grupo necesitará tempo para aclimatarse á competición e para interiorizar os sistemas de xogo que o preparador lles require. Comezaba o encontro coas coruñesas firmes dende os 9 metros, faceta que impedía a construcción boirense e lles dificultaba o ataque. Tras un tempo morto no segundo parcial as nosas atopaban o camiño do bo xogo pero de contado as visitantes recuperaban a iniciativa dende o servicio para conseguir pechar o partido en 3 sets. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Emma, Lea, Claudia, Ana, Antía, Sara e Ángela (líbero). Como reservas estaban as infantís Irea, Lía, Marta e Paula.
Ana Bugallo, unha das poucas que repite no Ingeniería Trazos |
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 MEX. DE OURO VB. RIANXO
(18-25, 20-25, 25-15, 28-26, 15-13)-(2ª División autonómica masculina)
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-2 IES DE AMES
(18-25, 16-25, 25-17, 25-19, 15-5)-(Liga galega xuvenil feminina)
Estrea con vitoria do filial masculino |
Axustadísimo triunfo do equipo filial no derbi rexional correspondente á primeira xornada da 2ª división. Boirenses e rianxeiros facían vibrar ós afeccionados que se desprazaron ata Barraña levando a cabo unha espectacular remontada que se culminaba nos últimos intres do tie-break. No comezo do encontro os nosos mostrábanse inconstantes. Alternando momentos de bo xogo con outros de ausencia total o Mexillón de Ouro situábase cun favorable 0-2. A partires deste momento a cara dos locais mudou. Baixando sustancialmente o número de erros e guiados por unha intensidade defensiva crecente reducían distancias os nosos e acababan anotándose a primeira vitoria da 2012-2013. Merecido premio para o xoven plantel boirense que tanto está a traballar entre semana. Parabéns. Polo Redesyl xogaron: Isma, Fran, Alén, Adrián "Naranxo", Alfonso, Antón e Abel (líbero). Tamén xogaron Andrés, Diego Romero, Xian, Óscar e Juan "Mande".
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-2 IES DE AMES
(18-25, 16-25, 25-17, 25-19, 15-5)-(Liga galega xuvenil feminina)
As xuvenís remontan ante o IES Ames un 0-2 adverso |
As xuvenís non quixeron ser menos e calcaron o encontro que lles precedía. Desconcerto, desorde e apatía eran os descriptores que retrataban ás de Emilio Palacio no arranque do choque. Cumplindo moi ben co seu traballo as de Ames adiantábanse no luminoso mostrando un xogo pragmático que colocaba o 0-2 no tanteador. Foi neste momento cando o adestrador local atopou o punto de inflexión que as súas precisaban para non perderlle a cara ó partido. Tras unhas acertadísimas palabras do seu preparador as boirenses saían ó terreo de xogo coas pilas cargadas e, apoiadas pola ruidosa afección local, conseguían darlle á volta á situación que se lles presentara minutos antes. Destacable aportación en tódalas facetas do xogo da infantil Emma Ordóñez. Por O Secreto xogaban: Sara, Emma, Alejandra, Katy, Melissa, Ana e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia, Sheila Pouso, Isa, Andrea Davila e Antía.
4 comentarios:
O encontro infantil masculino contra Mex. de Ouro Vb Rianxo que está aprazado xogarase moi posiblemente a próxima fin de semana (13-14 de outubro)
¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!
Enhorabuena a los chicos de segunda que hicieron unos 3 ultimos sets buenos.
Enhorabuena tambien a las chicas juveniles que ganaron su partido, no dando ninguna opcion en el quinto set.
A seguir trabajando.
E increible como evolucionan as nosas pequenas. Pasan de xogar en liga provincial cadete á liga galega xuvenil e estreanse con victoria, e con 3 sets increibles.
A todolos equipos, so vai un partido. Os obxetivos teñense que lograr en marzo non en outubro. Hai que seguir entrenando
Hai que seguir traballando rapazas e rapaces, queda mooooooooooito por diante.
P.D: Emma MVP
Por outro lado, preocúpame moito a operatividade que vai a ter para nós o polideportivo de Barraña no inverno. O sábado sufrímolo por primeira vez. Tras unha semana de bo tempo, comezaba a caer choiva o venres e o sábado a pista estaba moi esvaradiza e perigosa para a integridade dos nosos deportistas. A condensación será moito maior cando se xogue en pistas laterales e coido que teremos que suspender bastantes encontros... Desde logo, fácil non o imos a ter.
¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario