sábado, 20 de outubro de 2012

BALANCE POSITIVO: 4 VITORIAS EN 5 PARTIDOS NOS DERBIS ANTE O CV NOIA:

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-2 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(7-25, 25-23, 25-19, 16-25, 15-13)-(Liga galega infantil feminina)

O servicio volve a ser definitivo no encontro infantil
A primeira vitoria nos derbis comarcais chegaba no encontro infantil feminino onde as que dirixe Andrés Martínez variaban un negativo comezo para acadar finalmente o triunfo. Como é tónica xeral nos partidos con xogadoras desta idade o servicio marcaba as diferencias. Así foi nos catro primeiros sets onde boirenses e noiesas alternaban vitorias parciais baseando o seu xogo no saque. O equipo que mantiña a batuta dende os 9 metros mandaba no encontro. Chegados ó tie-break no municipal de Barraña todo parecía indicar que a vitoria viaxaría cara terras noiesas posto que éstas, cun servicio que impedía a construcción boirense, situábanse cunha ampla renda que parecía ser definitiva (3-9). Foi neste momento cando o servicio de Lía Villar foi trascendental conseguindo un parcial de 7-0 para as súas e remontando o 5º set e deixando os dous puntos da vitoria na casa. Por O Secreto xogaron: Emma, Lea, Irea, Marta, Lía, Ada, Marta, Miriam, Paula e Laura.


INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 3-1 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(25-23, 26-24, 21-25, 25-15)-(Liga galega cadete feminina)

Estrea no casilleiro de vitorias para as cadetes. Parabéns
Primeira vitoria na 2012-2013 para as que dirixe Emilio Palacio nun encontro no que, en liñas xerais, foron superiores ó rival. O encontro comezaba con igualdade, as imprecisións nun e noutro bando que impedían a calquera dos dous cadros abrir fenda no luminoso. No momento dende o que as boirenses conseguiron entoar a súa construcción, o ataque polas bandas con Emma Ordóñez e Ana Bugallo foi demasiado para o combinado noiés. Cun 2-0 no tanteador, as boirenses baixaron uns minutos a garda, feito que foi aproveitado á perfección polas visitantes para recurtar distancias nun set no que mostraron a súa cara máis consistente. No descanso que afrontaría o 4º e definitivo as nosas tomaron impulso para pechar claramente o encontro cunha vantaxe de 10 puntos que en momentos sinalados chegou a ser maior froito dun atinado servicio. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Ana, Emma, Claudia, Antía, Sara, Lea e Ángela (líbero). Tamén Lía, Marta, Irea e Paula.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(25-19, 25-18, 24-26, 25-19)-(Liga galega xuvenil feminina)

En nome de toda a familia boirense, un forte abrazo Meli e Ali
Clara vitoria do equipo xuvenil feminino do Boiro Voleibol nun encontro que, exceptuando momentos puntuais do 4º parcial, dominaron de cabo a rabo. O saber facer das boirenses na súa construcción do ataque impedía a resposta do bloqueo-defensa das de Noia que unha e outra vez vían como as nosas atacantes levaban o balón ó firme do Municipal de Barraña. Excelente dirección da colocadora Sara Bugallo que malia ter unha tendinite nunha das súas mans conseguiu distribuir  con clase o xogo das nosas e achegar máis, si cabe, o triunfo ó casilleiro das súas. Con estes dous puntos, as de Emilio Palacio e Narciso Abalo sitúanse líderes da Liga Galega transcurridas tres xornadas da mesma. Causou baixa para o encontro Melissa Novoa á que, ó igual que á súa irmá Alicia Novoa (ex-xogadora do club), mandamos dende aquí todo o noso apoio e un forte abrazo. Por O Secreto xogaron: Sara, Katy, Ana, Emma, Alejandra, Antía e Sheila Outeiral (líbero). Tamén Lea, Andrea, Claudia e Sheila Pouso.

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 3-0 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(25-5, 25-15, 25-16)-(Liga galega xuvenil masculina)

O xuvenil masculino arranca a liga galega con triunfo
Tres sets e menos dunha hora precisaron os xuvenís do para desfacerse do Fisioterapia Cinesia Noia neste estreo ligueiro para os boirenses. O Trillizos xa dominaba o choque dende os primeiros compases onde se impoñía en tódalas facetas do xogo ó seu rival. O partido serviu para dar minutos a tódalas pezas do puzzle local exceptuando ós cadetes Ismael e Lois que se atopan de viaxe en Polonia. A pesar do abultado do triunfo, non se poden extraer demasiadas conclusións acerca do nivel que mostrarán os de Adrián Alves neste arranque de campaña posto que o reto que propoñía este encontro era mínimo. Cabe destacar a conciencia colectiva que o conxunto adquiriu en facetas defensivas, aspecto que na tarde de onte identificou ós nosos. Polo Trillizos xogaban: Dani Vázquez, Fran, Xian, Dani Sieira, Alfonso, Óscar e Abel (líbero). Tamén xogaron Dani Gey e Naji.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(22-25, 14-25, 22-25)-(2ª División autonómica masculina)

A recepción boirense non estivo á altura do derbi
E chegou a única cruz desta xornada de derbis. O Redesyl non foi capaz de desenvolver o seu mellor xogo tras unha semana de boas sensacións. O gran hándicap foi a recepción. Malia que o servicio noiés simplemente se centraba en poñer o balón en xogo, os colocadores locais sufrían moito para reciclar os pases defectuosos que lles enviaban os receptores. Os erros non forzados que cometían os nosos case sempre tiñan a súa orixe nunha deficiente recepción e provocaban que os locais xogasen cada punto a remolque. A confianza do Redesyl caía á par que o facía a súa recepción e os noieses non tremeron para aproveitarse da situación desempeñando un xogo pragmático e concentrándose en non cometer erros para levarse o encontro pola vía rápida. Polo Redesyl xogaron: Andrés, Diego, Xavi, Adrián "Naranxo", Antón, Alfonso e Abel (líbero). Tamén Dani Vázquez, Fran, Miguel Lorenzo, Juan "Mande" e Alén.

22 comentarios:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

En vez de tanto "pragmatismo" a cronica pode ser resumida en: un noia superior adxudicase o derbi" e punto, foi a realidad.

Anónimo dixo...

jajaja...vaya cronica del partido chicho.parece que narras sobre otro partido.saque a meter...manda carai. juego pragmatico...jajajaaj.el vuestro no era ni juego...asi fue el partido...perdisteis vosotros solos por lo que se ve, os gano alguien 0-3 sin que hiciera nada.Pues mal vamos sin aceptar lo que hay

Anónimo dixo...

Según esta crónica os do noia son mancos, sacaban de abaixo e pasaban o balon o outro campo de dedos,pero o boiro e peor por iso perdeu.vale que cando é o derby costa mais admitir a superioridade, pero non faltedes a verdad.

Anónimo dixo...

Non sei que lle vedes de mal, para os que viron o partido non e certo que so un xogador arriesgou sacando en salto e o resto eran saques faciles? e a pesar de eso hubo moitos fallos e malas recepcions. E tamen lle da o merito ao Noia de non cometer erros e saber cerrar o partido facil e rapidamente que non pon que o partido se perdera so polos fallos do Boiro... pero bueno, a cousa e criticar supoño

Anónimo dixo...

no, a cousa e ridiculizarvos no campo

Anónimo dixo...

que falas do partido xuvenil? ou do 4-1 total?

Anónimo dixo...

Como vexo grandes entendidos de voleibol por aki xa non poño nada mais porque decir que si non sacas en salto non arriegas e para ir mexar e non votar jota jajajajajajajaj ahora xa sabemos con quen tratamos, saudiños e ata o seguinte derby.

Anónimo dixo...

Referiame a que o resto de saques eran faciles, o unico que tiña algo era ese, a parte que non son do Boiro

Anónimo dixo...

falo do equipo de 2º, ese q da vergonza

Woody dixo...

4 anónimos diferentes rajando de la crónica en un margen de 5 minutos??Como se nota que son gratis los comentarios.
Derrota por 0-3, victoria indudablemente merecida para el Noia (enhorabuena) y tras leer la crónica no puedo estar mas de acuerdo en lo descrito. Dos aspectos definieron el partido: por un lado los incontables errores del Boiro (fruto, en su mayoría, de la recepción) y por otro lado la capacidad del Noia de no errar. Yo no vi un partido en el que el Noia nos sacase a pelotazos del campo, sino que tuvieron la capacidad de no errar. Aunque no suena tan espectacular, no por ello deben de sentir los noieses que se les quita valor a su victoria, nada mas lejos de la realidad. Nosotros mismos trabajamos por mejorar ese aspecto, minimizar errores y en el día de ayer fue lo que marcó el partido.

Para los de segunda; todos ayer nos fuimos muy jodidos para casa no por la derrota, sino por no haber sido quienes de mostrar lo trabajado durante la semana. Frustra mucho joderte toda la semana a entrenar duro y que llegado el día del partido, por las circunstancias que sean, no puedas reflejar en la pista cada hora de entrenamiento a la espalda. Vendrán días mejores, tengo seguridad al 100% de que estamos en el buen camino y que trabajando como hasta ahora la recompensa no se hará esperar.

Enhorabuena al resto de categorías, pena de nuestro partido que sino nos llevábamos el pleno de victorias!
Y gracias a los que se acercaron al pabellón a animar (aun perdiéndose el Madrid-Celta)jaja

A por el siguiente partido motretes!

Alén.(toma ladrillo)

Unknown dixo...

bueno, la verdad es que no estoy de acuerdo con la crónica. me parece que nos quitais merito echandoos toda la culpa a vosotros, como si el rival no jugara...y tampoco es asi.

no me parece que por no sacar en salto no se arriesgue.aunque esta claro que el saque en salto era el mas agresivo. Si tantos fallos hay en recepcion, sera por algo, y no seran por que los saques sean faciles...por que si no por lo menos se recibirian decentemente.

y claro que no os sacamos a pelotazos, ningun equipo saca a pelotazos a otro en esta liga. y lo importante no es dar mas pelotazos que el rival,sino hacer buenos ataques...

y como dice alen, "por las circunstancias que sean ", no jugasteis como entrenasteis, entonces igual fue por que los que teniais en frente eran otros, eso tambien es logico pensarlo y no pasa nada por decirlo.

suerte para los siguientes partidos.

Narciso dixo...

Supoño que hai moito "macho" para gritar no campo, e pouco "home" para comunicarse. Se queredes falar de voleibol, comentar dos partidos, ou outras cousas, tanto costa identificarvos??? Ou sides mnais felices dicindo estupideces? Con isto refirome a ámbolos 2 equipos.

Na miña opinión, e na de calquera que vise o partido, o Noia foi bastante superior en case tódolos aspectos do xogo. Posiblemente sexa un dos mellores equipos da liga esta tempada.

Noraboa a todolos rapaces e rapazas, que saldaron os seus encontros con victorias. Notase o duro traballo que se raliza cada semana. En especial ós equipos feminios, que inda que vai outro dia que comemos as 4 da tarde, merece a pena polas 3 victorias. E para a semana a por outras 3 se pode ser

Unknown dixo...

una cosa es rajar, que lo hacemos para dar vidilla y creo a la mayoria nos gusta, y sin faltar a la gente, hablo por mi y por los que yo conozco. pero eso no quita que hablemos en el campo tambien, como se vio ayer.

y por cierto, por rajar no se es mas o menos niño. se es mas niño si se raja sin sentido y ofendiendo a la peña, eso sí.

Adrián Alves dixo...

Parabéns para tódolos participantes na xornada de onte en Barraña e en especial para o meu compi Emilio que está levando a cabo un arranque de tempada xenial cos seus equipos. Grande Emi.

Para os anónimos: penso que os membros do CV Noia non carentes de personalidade sentirán vergoña dos comentarios e comportamentos de certos dos "seus" xogadores. Eses xogadores que entran no blog do veciño a molestar e chinchar por unha derrota cando os seus teñen encaixado 4. Vese aí o moito que vos importa o voso club.

Cholo: vas predicando ós catro ventos que "nosotros hablamos en la pista" e non facedes máis que falar fóra dela. Sodes uns nenos meu. En canto á crónica, evidentemente podo comprender e respetar que alguén pense diferente a min, pero esa foi a miña visión do partido. Sen máis. Eso sí, Noia xusto e claro gañador, faltaría máis recoñecelo!

Para rematar dicir que me alegro MOITO de que os ánimos do CV Noia estén de volta. Sen ningunha dúbida é algo moi positivo para o volei da zona. É moi bo ter no calendario un derbi para o cal os rapaces adestren con gañas durante a semana. Ánimo!

P.D: Gracias tamén ós voluntarios que axudaron pasando a mopa, montando redes, recollendo pelotas, etc, etc. Moitas gracias


FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

Sincerente os que entrenamos con eles ou mellor dito a misma hora que eles sabemos como e oseu traballo e como se esforzan. Vemos a Chicho todo o que lle prepara e sinceramente creo que vendo o partido non demostraron para nada o que son. Ou porque o Noia foi superior ou porque simplemente non foron capaces de xogar o nivel que realmnte teñen. Eu personalmente espero que na volta sean 5 victorias de 5. Porque co traballo que fan ven so merecen. Norabooa o resto dos equipos e rapazas a seguir asi haber se acumulamos algunha victoria mais.

Andrés "Araña" dixo...

Muy buena jornada para el club. 4 de 5... Genial equipos. A seguir trabajando y arrimando el hombro, que eso es lo que hace un club grande. Un placer el volver a ver a tantos amigos del Noia, Rianxo, Conxo, Riveira, Boiro... de estos últimos años. Lástima la lenta evolución mental de unos y otros. A seguir disfrutando en las canchas y que el voley siga creciendo y recuperando talentos... Frigu vuelveeee... jajaja. Un abrazo a todos.

Manu_Noia dixo...

Moi boas! Antes de nada darlle a noraboa a Boiro polas 4 victorias (unha pena o partido infantil que se nos escapase no último suspiro). O derbi de 2ª, un partido bonito e con bo ambiente. Solo decir unha cousiña a todos estos comentarios absurdos que critican crónicas ou os que din tonterías por decir: Tanto Chicho en Boiro como Cholo en Noia levan o blog de forma desinteresa (Cholo polo menos, e Chicho supoño que tamén) así que en vez de criticar, estaría ben agradecer...

Un saúdo a todos.

Anónimo dixo...

PEIPER

AS CRONICAS CANDO SE FAN CADA UN NA SUA PAGINA ADORNA COMO QUERE E IMPOSIBLE Q TODO O MUNDO TEÑA A MISMA OPINION DUN PARTIDO.
POLA MIÑA PARTE MOI CONTENTO CO DERBI Q COMO DI ANDRES E UN RENCONTRO CON AMIGOS E INDA Q CADA UN QUEIRA GANAR UNHA VEZ Q ACABA O PARTIDO SEGUIMOS SENDO AMIGOS.
INDA QDA OUTRO DERBI ASIQ ABERA TEMPO PARA MELLORAR OS DOUS EQUIPOS DURANTE A TEMPADA E VOLVEREMONOS A ENFRONTAR.

MOITA SORTE NOS PROXIMOS ENCONTROS


Unknown dixo...

Haya paz. 20 comentarios es algo inusual en un post y cómo no en el del derbi tenía que ser.
Nos conocemos todos, no hace falta rajar ni faltar a nadie.

Del partido está todo dicho, Noia fue superior a nosotros en todas las facetas y además no falló, nosotros fallamos y jugamos peor que ellos, perdimos y punto. A seguir trabajando y a mejorar para que a la vuelta no vuelva a pasar, que seguro que iremos más preparados al partido. Si bien es cierto que el principal fallo fue la recepción no sólo fallamos en eso, fallamos en ataques, apenas bloqueamos... etc esta semana más y mejor, y para la siguiente igual.

Enhorabuena al resto de equipos, sobre todo a los que jugaron por la mañana, ya que demostraron que llevan una progresión enorme y seguro que de aquí sale una promoción excelente (tanto en chicos como en chicas).

A seguir trabajando.
Forza Boiro Voleibol!

Anónimo dixo...

http://fgvb.es/noticias.asp?id=418 en esta cronica se ve reflejado lo que paso y punto, un derbi es una rivalidad sana por dios, tanto faltar acaba quitando las ganas a uno de jugarlo.