luns, 17 de novembro de 2014

O NÁUTICO CAE EN PALENCIA E SEGUE SEN SALIR DO SEU BACHE PARTICULAR:

CYL PALENCIA 2016 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(27-25, 25-20, 21-25, 29-27)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico choca contra un altísimo bloqueo
Terceira derrota consecutiva do noso primeiro equipo na Superliga 2 Masculina do voleibol español. A xornada comezaba marcada polo infortunio. Unha luxación nun dedo da súa man dereita no adestramento do viernes apartaba ó colocador Iván Souto dun desprazamento importantísimo para os de Emilio Palacio. O encontro comezaba cos locais máis atinados. A súa presencia en bloqueo intimidaba ós atacantes boirenses que ata 22 veces chocaron co muro palentino. Tras un inicio dubitativo os nosos reaccionaron da man de Narciso Abalo, que a posteriori remataría como máximo anotador do encontro con 20 tantos. Foi un erro en recepción o que afastou ós branquiazuis de poñerse por diante no luminoso. Esta derrota parcial danou moito a moral do Náutico. O central palentino Víctor Rodríguez fortificou o seu terreo de xogo cunha altísima muralla que sería a chave do segundo parcial. O 2-0 tocou a tecla do orgullo dos nosos que tralo descanso entre sets volveu irrecoñecible á pista. Da man dun gran Ismael Martínez os atacantes boirenses comezaron a mostrarse máis efectivos. Mario Iglesias e Gabriel del Carmen (18 puntos cada un) apuntaban unha e outra vez ó firme contrario e os ánimos dos nosos ía en aumento cando se recurtaron as distancias. A inercia do terceiro permanecía intacta no seguinte set. O Náutico tomáralle a medida ó encontro e tras chegar por diante ó primeiro tempo técnico (6-8) o xogo barbanzano volveuse a desmoronar. A primeira liña de defensa dos de Ricardo Maldonado volvía a mostrar a súa calidade e envergadura para levar ó límite un encontro que nese momento se poñía moi costa arriba para os intereses dos nosos (21-16). Unha gran xeira de saques de Ismael Martínez e Gabriel del Carmen igualou o parcial pero dous erros clamorosos do colexiado facían que o xogo caese en saco local logo de estragar os nosos 2 balóns de set que levarían o partido ó desempate. Polo Náutico xogaron: Ismael M., Narciso A., Gabriel del C., Cristóbal Á., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Germán R., Gustavo R., Miguel V. e Manuel P.

IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUV. TEIS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-17, 25-16)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

As senior caen no Municipal de Teis
Cuarta derrota en cinco partidos para o noso primeiro equipo feminino, certificando deste xeito o mal arranque ligueiro. Os erros non forzados das nosas protagonizaban o inicio do encontro. Co paso dos minutos as de Mario Iglesias, plagadas de baixas, foron entrando no encontro e mellorando a imaxe dos primeiros compases. O seu nivel de recepción era máis que aceptable pero a pouca dinamita facía moi predecible un ataque contrarrestado unha e outra vez pola de segunda liña do Xuvenil Teis. Sen maior historia remataba un encontro que deixa ás de Boiro 6ª na táboa clasificatoria agardando a visita o próximo sábado dun equipo que non coñece a derrota, as pontevedresas do CVP. Polo JEALSA xogaron Laura M., Cris F., Verónica C., Melissa N., Noelia D., Alejandra G. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Sheila P., Alejandra M., Paula R. e Paula V.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(13-25, 17-25, 18-25)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

Os xuvenís, lonxe do seu mellor nivel
Duro correctivo o sufrido polo nosos xuvenís ante un rival que presenta a súa clara candidatura para ser de novo campión galego. A recepción do JEALSA foi incapaz de facer fronte ó servicio visitante, condicionando totalmente os ataques dos nosos xogadores de banda. A actuación ofensiva dos receptores Pablo Penedo e Rubén Táboas foi a chave que abría a porta da vitoria vermella, xa que se mostraron imparables ó longo de todo o choque. As sensacións melloraron levemente no arranque do 3º pero de novo dende os 9 metros decidían os de Manu Rodríguez un encontro no que os boirenses non chegaron a mostrar o seu nivel. A vindeira semana será xornada de descanso e en 15 días partido trascendental no Municipal de Dumbría na LGXM. A traballar. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Xian P., Naji G., Marcos A., Lois V., Fran D. e Christopher R. (líbero). Como suplentes estaban Rubén M., Daniel O., Félix R., Borja V. e Dani G.

IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUV. TEIS 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 21-25, 27-25, 25-20)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CLUB VIGO VOLEIBOL
(25-16, 25-20, 25-23)-(Liga Galega Cadete Masculina)

Daniel Olveira castigou á defensa do Club Vigo Vb
Quinta vitoria da tempada para o JEALSA cadete masculino nun  encontro que salvo tramos do 3º set se dominou con claridade. Tralo tanteo inicial o servicio do JEALSA comezaba a marcar o territorio para decantar o parcial a favor dos nosos. Mesmo guión no segundo parcial. Presión desde a liña de saque e un acerto extraordinario en ataque do oposto branquiazul Daniel Olveira, enviando cada balón que tocaba ó chan do campo que defendían os vigueses. No terceiro set os nosos baixaron a garda. Imprecisos na súa construción vían os boirenses como os da cidade olívica chegaban cunha vantaxe de 4 puntos ós momentos decisivos do set pero o tino de Christopher Rodríguez no saque e o contraataue deixaban os dous puntos na casa. Polo JEALSA formaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Christopher R., Álex V., Pablo D. e Darío O. (líbero). Tamén xogaron Sergio C., Álvaro P. e Borja S.

IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUV. TEIS 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 21-25, 25-27)-(Liga Galega Cadete Feminina)

As cadetes confirman o bo estado de forma en Teis
Novo triunfo das cadetes, desta volta a domicilio no Municipal de Teis. A 5ª vitoria en 6 encontros mostra o gran estado de forma que atravesa o JEALSA neste arranque de tempada, na que ocupan o 3º posto igualado co 2º (CV Ribeira Sacra). A gran actuación ofensiva de Alejandra Moledo foi determinante para desequilibrar un encontro no que tan só en momentos do 3º set se perdeu a iniciativa. Cabe destacar tamén a eficacia en ataque de Lía Villar, convertindo en punto case que cada balón que tocaba. A vindeira semana visita a Cachada o sempre perigoso CVP (Pontevedra), 6º clasificado desta Liga Galega. Polo JEALSA formaban de inicio Lea G., Ada V., Lía V., Laura O., Alejandra M., Paula V. e Irea T. (líbero). Como reservas agardando a súa oportunidade estaban Marta S., Laura L., Laura P., Sara T. e Verónica P.

1 comentario:

Boiro Voleibol dixo...

Non esquezades deixar ós vos@s candidat@s da semana a formar o #7IdealBoiroVoleibol. Mañá mércores será publicado!