domingo, 16 de setembro de 2012

UNHA VITORIA E UNHA DERROTA NOS AMIGABLES DO SÁBADO:

Fran (dereita) firma unha excelente actuación co equipo sénior B
Sorte dispar para os equipos xuvenil e filial masculino. Boirenses e noieses medíanse na tarde do sábado, colleitando os nosos unha vitoria e unha derrota. O triunfo chegaba da man do equipo xuvenil (3-0). Malia o abultado do resultado o xogo dos nosos non se achegou ó nivel real do equipo, mostrándose conformistas en moitos treitos do encontro e cometendo erros que non acostuman a facer. Por outro lado, xogouse o derbi correspondente á categoría de 2ª división autonómica onde os noieses se levaron o choque por 3-1. A falta de constancia no xogo, a caída en erros non forzados, a pérdida de concentración en momentos puntuais e  os desaxustes tácticos que se repetían set tras set propiciaban a derrota boirense. Destacar a aportación do oposto en idade xuvenil Fran Dieste, quen cumpliu cunha excelente actuación no encontro sénior en facetas de ataque. Ánimo rapaces, a seguir co traballo.

4 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Recordade señores que a vindeira semana cambiamos horarios (xuvenil e filial masculino):

LUNS (19:30 no ximnasio)
MARTES (19:00 en Barraña)
XOVES (19:00 en Barraña)
VENRES (17:00-Xuvenil/19:00-2ª en Barraña)

A traballar

FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...

Sen dubida que non hay cor entre os xuvenis de Boiro e Noia.Os primeiros estan anos luz por diante. O outro partido a verdade e que viuse aun noia moi superior, cedendo un so set por 25.22 co equipo C. Boiro estivo mellor que en Noia, e Noia un pouco mais fallon,pero vexoos como un moy bo plantel. Por certo, o xuvenil de Boiro ben xogadoooooo. Cando comeza a liga??Sabese de que equipos a formaran?

Gayet

Anónimo dixo...

a anos luz esta o cerebro de calquera comparado co teu

Anónimo dixo...

las verdades duelen pero es asi...el año pasado habia equipo para ganar la segunda pero este año parece que vamos sufrir...pero eche o q ai.