martes, 25 de setembro de 2012

O BOIRO VB SUSPENDE A SÚA ACTIVIDADE OS DÍAS 26, 27 E 28 DE SETEMBRO:

O Boiro Vb interrompe a súa programación para o 26, 27 e 28
O Boiro Vb segue padecendo as terribles consecuencias do peche do Complexo Dep. da Cachada, que tanto dano e incertidume está creando ó redor da entidade. Nesta ocasión, o club deberá suspender a súa actividade cotiá os vindeiros 26, 27 e 28 de setembro no PM de Barraña debido a que éste permanecerá pechado por mor dos preparativos e celebración dunhas comidas da terceira idade. Os equipos infantil masculino/feminino, cadete feminino, xuvenil masculino/feminino e o filial do senior masculino non poderán exercitarse, interrompendo a preparación para as competicións autonómicas que dan comezo o 6 de outubro. En nome de toda a xunta directiva pedir desculpas a tódolos nosos deportistas e familiares  por tantas molestias ocasionadas nestes tempos revoltos. Aclarar tamén que se trata dunha problemática totalmente allea ó club e que estamos a traballar a reo para buscar unha solución e que o crecemento deste proxecto siga o seu camiño. Mil desculpas.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

En cuanto escampe a manifestarse,porque esta caro que si no se hace ruido esto va para largo.

Adrián Alves dixo...

Esto sí que me empeza a parecer moi moi grave. A planificación, o traballo de moita xente trastocados e a actividade de todo un club a expensas da nada, dun evento que nin tan sequera é de carácter deportivo. Creo que o voleibol boirense se gañou merecidamente un respeto ó que agora mesmo se lle está faltando. Que quede claro, ésta é unha opinión individual miña (Chicho). O Boiro Vb queda á marxe nestas palabras.


FORZA BOIRO VB!!!

Narciso dixo...

Eu opino o mesmo. Emigraremos se non queda outra alternativa, pero vannos oir

a10 dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Aunque funcionalmente no es un problema muy grande (solo seran 3 días) si que es cierto que es un feo favor el que se le hace al club.Seguir trabajando con fé chicos,sois un ejemplo y referente del deporte de este ayuntamiento y este pequeño bache que estais pasando ahora no podra frenar vuestra labor.Mucho animo

Anónimo dixo...

levo moito tempo seguindo este foro este tema esta situacion en xeral e desde un principio entendin que o 100% da culpavilidade e do goberno dese concello a empresa simplemente ofertou unha cantidade pola xeations das instalacions en perfecto estado , e si ese eatado se deteriora o reponsable unico e o seu dono neste caso o concello , e a miña opinion e creo que acerto si non imformou mal o doga.. no seu dia....

Anónimo dixo...

tamen se nota s proximidade de eleccions , pelotear a 3idade.... despois dos recortes que sufriron ahora un pouco de churrasco.... sempre foi a tactica do pp.... e o que vos toca en boiro... pendo que estabades millor co anterior goberno certo?

Narciso dixo...

Equivocaste nun par de cousas:

- De inicio, a responsabilidade do peche das instalacións, correspóndelle á empresa xestora, pois agora, está imcumnprindo o contrato que firmou. Os deterioros débense en parte, á defectos iniciais de construcción, i é a empresa constructora a que vai proceder a arranxalos. da outra parte dos deterioros, a culpable é a empresa concesionaria, por falta de mantemento das instalacións

- En canto á comida da terceira idade, lévase celebrando moitos anos, nas mesmas datas e instalacións. Tódolos gobernos van a polos votos, e BNG e o PSOE tamén o fixeron. O erro foi , non ter buscado unha sede alternativa para esta celebración..

Anónimo dixo...

o da comida non o ponho en dubida .. o do psbellon si digoche q desde a institucions non voss estan contando toda a verdade , so eso.....

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Resulta incomprensible o trato que están a recibir por parte da administración local o club como asociación, os rapaces e rapazas como xogodares, e o pobo de Boiro como afición comprometida co BOIRO VB. Outro atranco máis nunha temporada que non consigue arrancar motores para levar a cabo o seu proxecto por causas totalmente alleas. Ningún propósito social coas características e cos fins deste CLUB, merece a resposta que se lle está dando por parte dos nosos mandatarios. Boiro reclama XA! unha solución a esta ingrata e intolerable situación.

farrucox dixo...

NOTO EN FALTA ALGUNHA DECLARACION INSTITUCIONAL POR PARTE DO CLUB, OU É SENSACIÓN PERSOAL ?????

LEVO MORDENDO A LINGUA UNHA LONGA TEMPADA E, ABOFÉ QUE ME ESTOU..... ENVENENANDO.

ANÓNIMOS, ASINADE. GOSTAMOS DE MIRAR AOS OLLOS CANDO FALAMOS CON ALGUÉN, AINDA QUE VAIAN......ESCOTADOS

Bugallo

Anónimo dixo...

en que clase de concello vivides? exllicadelle a o alcaldillo que os pavillon son recintos deportivos , pa practica do deporte no para comilladas , para eso estan ou ben unha carpa ou ben restaurante! mirade o que lle imorta o voley a ese goberno que nin sequera se preocupa de si entrenades nin se non...
e tristemente o unico que poido facer e ofrecervos o que si esta a disposicion do voley , o de san sadurniño!!calquer cousa que necesitedes ( que non sexan cartos) si dispoñemos dela ou podemos facer algo por vos estamos pa eso en san sadurniño!!


uxio garcia ( pa que poño garcia si son o unico uxio de sansa.... jajajaj)

Anónimo dixo...

Este no es un problema de partidos politicos ni de que alcalde es mejor o peor.Este evento se lleva haciendo en el polideportivo de Barraña bastantes años,estando en el mandato partidos y alcaldes diversos.El voleibol en Boiro merece un trato de calidad directamente proporcional a la calidad de la labor que la entidad está llevando a cabo.Espero encontreis la solución y que se os tenga la consideración que os mereceis desde el ayuntamiento.