Ana Bugallo: "Tes que entregarte, ver o teu futuro no volei"
Ana Bugallo |
Desta volta atacamos á canteira: Ana Bugallo, de 13 anos. Malia a súa xuventude vai xa pola súa cuarta temporada no club. É unha infantil aplicada, que ten xogado con cadetes e xuvenís. Tamén foi receptora titular da selección galega infantil o ano pasado, conseguindo a cuarta praza no campionato estatal en Murcia. Entrégase nos partidos e nos adestramentos, prefire a pista á praia, e é tremendamente autoesixente: "din que ás veces me esixo demasiado, pero é que, se sei que podo facer algo mellor, quero facelo mellor". A irmá de Pablo Bugallo ten o listón moi alto na casa, pero isto en lugar de intimidala, dalle máis ganas para seguir pelexando.
-(Charo) És a miña entrevistada máis nova, aínda que o volei xa non é unha novidade para ti. Canto tempo hai que empezaches?
-(Ana) Esta é a miña cuarta temporada.
-Es infantil, pero tamén xogas con outros equipos, non é?
-Si, coas cadetes. E a temporada pasada adestraba tamén coas xuvenís.
-Xa estiveches concentrada coa selección galega, como foi a experiencia?
-Realmente emocionante! O adestrador animoume moito, e acabei xogando como titular, de receptora, na selección galega infantil. Participei en varias concentracións: tres en Noia, unha en Sada de tres dias... e despois foi o campionato.
Rodolfo, o adestrador de infantil na selección, contou comigo, e para min foi unha experiencia incrible: Estar no campionato de España en Murcia.
"Competir en Murcia foi unha experiencia incrible!"
-Cales son as tuas aspiracións, a curto e a medio prazo?
-Este ano aspiro a aprender bastante. Estamos na galega, e aínda que perdamos partidos, tamén xogamos con equipos de moito máis nivel que nós, así que contentas por enfrentar o reto.
A min encantaríame poder estar uns anos máis na selección galega. E sería un soño que me concentraran para a española, pero claro, é moi dificil, hai que ter moito nivel. É un sacrificio, tes que ter unha personalidade moi boa...
Ter a Pablo como irmán axúdame a facerme unha idea, el cóntame as súas experiencias, todo o esforzo, os adestramentos... E aínda con todo o duro que é di que pagou a pena. Viaxou moito, coñeceu moita xente... De todos xeitos eu confórmome con estar no Boiro, que estou en familia.
-En que sentido dis que é importante a personalidade?
-Pois porque non podes ser unha persoa con mal xenio nun partido, tes que apoiar. Tes que pensar en equipo, non é un deporte individual. A actitude no campo é fundamental, funcionar ben como equipo e despois facer un bo xogo. E tamén entregarte, ver o teu futuro no volei.
-Que é o máis duro ou dificil deste deporte?
-Pois, non che saberia dicir, tal vez a tensión no campo.
-E o máis agradecido?
-A min o que máis me gusta no Boiro é o equipo, a relación que ai entre a xente. Pero claro, a satifación de gañar... ainda que nós estamos unidas mesmo cando perdemos (risas).
-Cantas horas ao dia chegas a pasar en Barraña durante o circuito de voleipraia?
-Buff... (risas). Moitas, como unhas doce horas. Chegar ás dez da maña e marchar tamén sobre as dez da noite. Nas probas de boiro, por exemplo, empezamos ás dez da mañá e ás doce da noite seguiamos xogando pachangas cos amigos. Pero iso soamente nos circuitos. Durante a semana só de cinco a nove.
-Así que non vos cansabades?
-Que va! O cansanzo séntese ao día seguinte.
-Praia ou pista?
-Pois non sei, para min son deportes totalmente diferentes, até cambia a bóla. Na praia disfrutas moito, eu pasoo moi ben xogando con Sara, pero a pista tamén ten o seu, é hai moito máis espectáculo, sen dúbida. Ademais é un equipo completo... Non sei, penso que quedaría coa pista.
-A túa familia está moi vinculada ao volei.
-Si, dos catro irmáns, xogamos tres ao volei: Pablo, Sara e máis eu. E o meu pai está na directiva do Club. El vennos ver aos partidos sempre que pode, danos a súa opinión sobre o que facemos ben e no que fallamos, e sempre está aí apoiándonos.
"Claro, para min Pablo sempre foi o mellor"
-Hai piques cando xogas con Sara?
-Algunha vez en praia, pero na pista non. Sacando que xa chegaramos picadas da casa (risas). Pero gústame moito xogar con ela, temos moita complicidade. Mola ter alguén tan próximo no propio campo. E mira que discutimos moito, que nolo di todo o mundo, pero compenétrome moi ben co ela.
-E o teu irmán, -xogador de Superliga- apréndeche algún truco?
-Eu dígolle que ten que ser o meu adestrador persoal, e dime que si, o que pasa é que como está pouco tempo na casa normalmente aproveitamos para facer outras cousas. Cando non está intentamos ir velo a algún campionato, fomos a Soria ver o Preeuropeo, a Ribadesella... Sempre que o vemos éntrannos ganas de xogar. Claro, para min Pablo sempre foi o mellor. Cando eramos máis pequenos pelexabamos moito, pero cando marchou a primeira vez para Palencia, había un vacío enorme na casa, menos mal que falamos practicamente a diario por teléfono, ademais estou moi orgullosa del.
Charo López
4 comentarios:
Boa entrevista Ana, ainda que un tanto seria.Si segues entrenando seguro que seguiras coa seleccion galega.Podes convecer a Bea para que entre no Club, seguro que facia unha gran central.
Grande Anita, para la edad... Aprvecha bien las oportunidades que se te presenten que van a hacer que tu vida se enriquezca muy mucho. Un besiño crack y a seguir aprendiendo, que te papas a tu hermano en un plis plas...jajaja...
Vale Ana vale!!!
Vaia supersaga a dos Bugallo!
FORZA BOIRO VB!!!
Bien Ana bien, animo e sigue asi que vales moitisimo xula :) e poderas seguir demostrando todo do que eres capaz e seguir sorprendendo a todos.
Un bico
Publicar un comentario