sábado, 29 de outubro de 2011

RESULTADOS DO 29-30 DE OUTUBRO:

CALASANCIAS CORUÑA 1-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(26-28, 13-25, 26-24, 21-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

Primeira vitoria do Reyca
Bo partido o disputado na mañá do sábado na cidade herculina polos nosos cadetes no que consiguen a sua primeira vitoria da temporada. Saíron concentrados no primeiro set e dominaron os primeiros compases do mesmo cun 2-6 arriba, pero de contado a boa defensa do Calasancias acurtaba diferencias mantendo esa igualdade no marcador hasta os momentos decisivos do parcial. No segundo set o claro dominio boirense foi de principio a fin, moi atinados en saque sobre todo por parte de Ismael Martínez (10 puntos) e Fran Dieste (6 puntos). A igualdade volveu a reinar no terceiro set no que os boirenses puideron cerrar o partido, logo de remontar un 19-24 na súa contra. As boas defensas de Naji, que debutou como líbero, xunto cos ataques de Fran e Xián fixeron imposible a remontada coruñesa. Polo Reyca xogaron: Ismael Martínez, Xián Pérez, Raúl Lojo, Fran Dieste, Lois Vázquez, Óscar Refojo, Naji Gatbache (líbero) e Dani Gey.

AULE (León) 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(12-25, 13-25, 19-25)-(1ª Div. Nacional Masculina)
Espectacular actuación de Óscar Gómez en León
Vitoria en 50 minutos do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol nunha pista sempre complicada como é a do AULE. Non poden comezar mellor a competición ligueira os pupilos de Emilio Palacio, cunha vitoria incontestable no luminoso e cun dominio total no terreo de xogo. Dende o comezo do encontro os nosos dominaban o K1 con facilidade baseándose nunha gran recepción. O servicio do Náutico impedía a correcta construcción leonesa, feito que se traducía en numerosos bloqueos de fermosa factura e en constantes contraataques culminados con éxito. Memorable actuación do central Óscar Gómez, atínadísimo en ataque e impenetrable en bloqueo deixando claro que estamos ante un xogador dunha categoría moito maior á 1ª división nacional. Con este triunfo a clasificación ten ós boirenses no máis alto despois desta primeira xornada. A próxima semana recibiremos no polideportivo da Cachada ó CID Jovellanos de Gijón, equipo que tamén comezou a competición con vitoria. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Daniel Agra, Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Antón Pérez.

CD CONXO 1-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(23-25, 25-19, 12-25, 22-25)-(2ª Div. Feminina)
Rebe, moi atinada en Santiago
Volven á senda da vitoria as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol. Comezaron mandando no marcador ó longo do 1º set. Só a relaxación nos puntos finais fixo que o resultado fose máis axustado do que se podía imaxinar. No 2º parcial esta proseguiu esta relaxación custándolles ás nosas a derrota neste parcial pero unha recuperación do xogo propia do actual campión de liga levounas a imporse nas dúas seguintes mangas e polo tanto partido cun xogo por momentos espectacular. Destacar a actuación da central Alicia Novoa, con boas actuacións en ataque e bloqueo e a contundencia de Rebeca González en contraataque. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Sandra Lojo, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Carla Castro (líbero). Como suplentes estaban Evelyn Urrutia e Luisa Ferreirós.

CV VAGALUME 0-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 28-30, 21-25)-(2ª Div Masculina)
O Redesyl mantense líder
Nova vitoria do equipo filial masculino que dirixe Felipe García seguindo deste xeito con bo pé na liga, esta vez na sempre complicada cancha do CV Vagalume. Saíron concentrados os boirenses no primeiro set con moita orde, poucos erros e con moi boas defensas en segunda liña comandadas polo líbero Adrián Armental. Ese bo traballo deulle ós nosos 10 puntos de vantaxe que foron decisivos no tramo final do mesmo. As imprecisións chegaron no segundo parcial e os ferrolanos comezaron a facer o seu xogo de manter un ritmo elevado do partido, pese a boa construcción e ó bo facer da recepción boirense da man de Felipe Resúa "Brasi". Nos tramos fináis do mesmo, e salvando dous puntos de set, o Redesyl conseguía vencer e encarrilar o partido. O terceiro set a igualdade reinou ata o punto 19, onde os rapaces de Boiro lograron despegarse e conseguir esta terceira vitoria consecutiva que os mantén no máis alto da clasificación. Polo Redesyl xogaron: Andrés Martínez, Xavier Sarille, Pablo Suárez, Ignacio Cibeira "Frigu", Martín Herrera, Alén García, Adrián Armental "Naranxo" (líbero). Tamén participaron Roberto Rodríguez "Tito", Fran López, Dani García, Felipe Resúa e Diego Romero.

17 comentarios:

ismael dixo...

muy bien jugado este partido cadetes¡¡¡
a seguir mejorando que aun tenemos unos pocos de falllitos JEJEJEE
FORZA CV BOIRO¡¡¡¡

Anónimo dixo...

PLENO.Pim,pam,pum.

Adrián Alves dixo...

Si señor, pleno de vitorias. Noraboa para todos!

Vaia exhibición de Óscar en León amigos, que maneira de bloquear...caían como misiles!

NA MIÑA VIDA TAL VIN

FORZA CV BOIRO!!!

magenta dixo...

en xornadas coma a deste fin de semana da gusto entrar a mirar a cronica, noraboa rapaces

Narciso dixo...

Hai que resaltar que as 4 victorias conseguironse lonxe da casa. Isto vai funcionando.

xavi dixo...

Noraboa a todos e a seguir asi!
Andres subete fotos cabroncete, non as gardes na casa jajajjaja !

Adrián Alves dixo...

Andrés xa estivo subindo fotos a facebook, bótalle un ollo Xavi.

Os da Voz de Galicia continúan coa súa campaña de ignorancia hacia nós. Consultade as novas do Barbanza...Non sei que máis ten que conseguir este club para ser respetado por este medio: campións da 1ª nacional, fase de ascenso a FEV masculina, campións 2ª feminina, fase de ascenso a 1ª feminina, líderes actuais en 1ª e 2ª masculinas, múltiples rapaces e rapazas da canteira na selección galega, Pablo Bugallo xogando mundiais e militando no equipo líder da máxima categoría española...non debe ser suficiente, non entendo nada.


Pase o que pase nós ó noso...FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

¿Por qué pasa esto da Voz?

Adrián Alves dixo...

¿Que por qué pasa?, baixo a miña opinión este non é o lugar onde hai que preguntar eso, o problema desde logo non é o Boiro Voleibol.

P.D: firmade os comentarios!

Dani dixo...

valeee cadetes vale!! la primera victoria ahora van a venir todas seguidas ya vereis.

quen dixo medo en vagalume?? a seguir asi tioss, que el cambio se esta notando.
las chicas enorawenaa santiago es una campo siempre complicado.

Oscar dixo...

Da gusto jugar cuando se juega a gusto.

FORZA CV BOIRO.

Brasi dixo...

moi ben chavales ahora a seguir asi que é o mais complicado, esperemos que non sea o único finde con pleno!!!

Jesus_pivot dixo...

los de la voz no son tan malos, en la publicacion de hoy aparecemos nosotros, el equipo de primera, sin foto eso si.Y luego habla de los infantiles que estan de concentracion.Imagino que a lo largo de esta semana, hablará tambien de los equipos de 2ª tanto femenino como masculino que ambos se lo merecen.
Luego de una jornada como esta tan productiva en resultados, espero llenar el pabellon en todos los partidos de este fin de, yo haré lo posible para ir a todos.
Y....se podría sortear algo, estamos a tiempo?, es para que asi me resulte más facil convencer a mis socios de que vayan.
Animo y suerte a todos.

Adrián Alves dixo...

Non son tan malos...pero hoxe aparecemos gracias á labor de Gus que fixo de "mosca cojonera" con eles. Esperemos que a partir de agora sexan xustos con nós.

FORZA CV BOIRO!

Narciso dixo...

sortemos un muñeco "balboa". estas navidades triunfara

"a güivo"

Adrián Alves dixo...

JAJAJAJAJA...JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA!

Dani dixo...

oxe no tele barbanza falaron de andres martinez,dos comezos do boiro voleibol!!

no se donde se puede rescatar ese video pero , yo lo vi hoy por la tarde sobre las 4 y media de la tarde..

hay queda eso. jeje