TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 C.V. OURENSE
(9-25, 20-25, 12-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Cómoda vitoria dos xuvenís do CV Ourense na súa visita á Cachada nun encontro que dominaron de principio a fin. A baixa intensidade mostrada polos rapaces do Trillizos provocaba a desconfianza en todo momento, feito que desencadeaba en constantes erros de servicio, recepción e ataque. Moito traballo queda aínda por facer nun equipo moi novo e plagado de xogadores en idade cadete na que parece que será unha tempada difícil para os de Boiro. Paciencia, seriedade e disciplina son os ingredientes para atopar o camiño axeitado neste grupo de xogadores e sen dúbida que o proxecto chegará a bo porto. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Martín Herrera, Miguel Lorenzo e Lois Vázquez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Alfonso Rey e Adrián Gatbache.
Bloqueo de Xian e Alfonso |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 C.V. OURENSE
(18-25, 26-24, 15-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)
Bo partido o visto na tarde de sábado no encontro correspondente á liga galega cadete masculina no que os boirenses plantaron cara a un rival máis experimentado como é o C.V. Ourense. Comezaban os nosos a disputa con dúbidas e con algunha que outra imprecisión, o que permitía a vitoria ourensá no primeiro parcial. No segundo o Reyca reducía erros, sobre todo de servicio, feito que lles permitía permanecer por diante no tanteador durante todo o segundo set. De aquí en diante puidose ver un encontro bastante bo por parte dos nosos, mostrando o bo traballo que se está facendo nos adestramentos e a boa progresión que levan estes rapaces. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Adrián Gatbache, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Lois Vázquez (líbero). Como reserva actuou Daniel Gey.
Oscar e Fran na rede |
ZALAETA B 3-0 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-17, 25-21)-(2ª Div. Feminina)
Cae o actual campión |
Crónica de Narciso Abalo
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 C.V.OURENSE B
(25-15, 21-25, 25-17, 21-25, 15-8)-(2ª Div. Masculina)
Nova vitoria pola mínima do equipo filial masculino ás ordes de Felipe García, demostrando a dureza desta 2ª división autonómica na que deberán empuxar e loitar moito durante esta tempada que recén arrancou. O equipo mellora semana a semana e pódese dicir que aínda non está ó 100% pero con traballo de contado veremos a mellor cara do Redesyl. Baixo a boa dirección do experimentado colocador Andrés Martínez o equipo gaña en constancia respecto á pasada tempada e coa boa aportación de tódolos atacantes, tanto centrais como de banda, serán un equipo moi a ter en conta nesta edición 2011-2012 da liga autonómica senior. Con esta vitoria aúpase ó liderato o noso equipo filial masculino, algo totalmente anecdótico tras soamente dúas xornadas ligueiras pero que aportará moral para seguir traballando. Polo Redesyl xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Xavier Sarille, Alén García, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Dani García, Diego Romero, Fran López, Juan "Mande" e Felipe Resúa.
O Redesyl, líder |
4 comentarios:
Crónicas en trámite...
Buena jornada para los de 2ª que seguimos dando el callo, aunque podemos das máaaasss... (la foto, para los que creemos que fijamos bien el bloqueo y ponemos bien las manos, jajaja). Animo para los juves, pa que rompan ese cascarón de una vez y planten cara. Los cadetes currando bien y dando guerra, genial. Y las chicas cosechando frutos del poco trabajo... Trabajemos más para ganar más. Un abrazo
Vendo as fotos, parece que os unicos que bloquean ben son cadetes. habera que aprender un pouco deles tamen.
Eu os reis magos eille pedir unhas mans como as de Xian XD
o bloqueo... de chiste!! jajaj
os de 2º no poderiamos entrenar o sabado pola maña?? xa que os de coruña solo baixan os viernes e entrenamos un dia solo todos xuntos podiamos aproveitar este parón non?? si poden baixar os de santiago e si hai pabellon sería unha boa idea penso eu. falta nos fai que hai moita xente perdida polo campo e vendo a fotiño esa sobran as palabras jajajaj
Publicar un comentario