domingo, 2 de outubro de 2011

Resultado dos amigables en Barraña:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV NOIA
(26-24, 20-25, 25-17, 25-18)-(Xuvenil Masculino)

Nova vitoria do Trillizos
Nova vitoria do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol antes do comezo da liga galega o vindeiro sábado cando visiten a cancha do EMEVE de Lugo. Pese a que aínda quedan moitas asperezas por limar no xogo dos nosos o triunfo chegou a peto boirense tras demostrar unha mellora na orde defensiva e unha maior constancia no ataque dos nosos xogadores de banda. Os locais contaban coas baixas dos habituais nas convocatorias xuvenís Xian Pérez e Alfonso Rey, mais coseguiron impoñerse a estes contratempos co bo facer da colectividade do grupo. Destacados na tarde de onte foron na faceta ofensiva o receptor Daniel Sieira e a dirección dos colocadores Ismael Martínez e Daniel Vázquez; na faceta defensiva os líberos Arsenio Santos e Lois Vázquez cumpriron con nota. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron Daniel Vázquez, Fran Dieste, Daniel Sieira, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Martín Herrera e Arsenio Santos (líbero). Como reservas estaban Adrián Gatbache, Ismael Martínez, Daniel Gey e Lois Vázquez.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-1* CV NOIA
(25-19, 23-25, 25-21, 25-23)-(2ª Div. Masculina)

O Redesyl debe mellorar
Os rapaces de Felipe García volveron doblegar ós veciños do CV Noia nun encontro marcado polos constantes erros de ámbolos dous conxuntos, que en tódolos sets superaron os 10. Moitas eran as baixas que os locais presentaban por decisión técnica e algunha cara nova se deixaba ver neste equipo: Fran Dieste (cadete), Abel Sánchez e Martín Herrera (xuvenís). Falta de continuidade na recepción e no ataque, constantes erros no servicio e desconcerto no K2 foron os puntos clave na disposición boirense que non se sentiu cómoda en case que ningún momento do choque. A vindeira semana o Redesyl viaxa a Lugo (Domingo ás 10:00) para medirse ó EMEVE no primeiro encontro da 2ª división autonómica no que agardamos mostren a súa mellor versión. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez "Tito", Alén García, Xavier Sarille, Pablo Suárez, Martín Herrera e Diego Alcalde (líbero). Tamén xogaron Dani García, Fran Dieste, Felipe Resúa, Abel Sánchez e Fran López. Cabe destacar que tras finalizar o encontro cun resultado de 3-1 para os locais disputouse un set extra con triunfo visitante.

4 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Hai que mellorar, e moito, sobre todo en actitude, disciplina e compañeirismo. COMPAÑEIRISMO: onte faltábame xente no polideportivo, xente que por unha cousa ou outra non estaba na convocatoria e nin se dignaron a ir ver o que facían os seus compañeiros. Debe ser que o ben comun non lles interesa para nada. Sei de boa man que había algún que non podía acudir por motivos persoais...Señores, aquí é onde se ben os equipos, os conxuntos e como empecemos con estas caralladas non imos conseguir invertir as actuacións de campañas pasadas. Deixo esto para que todo o mundo refelexione sobre o temiña, non vaia ser que despois sexa tarde e xa estemos con lamentos e outras conxeturas...


FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...

Sempre estamos co mesmo, falamos dos que non están pero os que están nunca se mencionan. Creo que na grada estaban todos os xuvenís do partido anterior, xogadoras de 2ª división feminina, xogadores de 1ª masculina e alguns xogadores non convocados do partido de 2ª división masculina.
Un saúdo

Adrián Alves dixo...

Sei perfectamente quen estaba na grada, non fai falta enumeralos creo eu. O q si é reprochable é que a xente do equipo non se presente no polideportivo para estar cos seus compañeiros (que eu sepa dos non convocados dos que falas ningún presenciou o partido completo). Tes razón, sempre estamos co mesmo...


P.D: sigo sin entender pq nos ocultamos en anónimos, a que tendes medo?

Anónimo dixo...

chicho tiene razonn pero creo q Juan si q vio el partido entero.Sea como sea faltaba gente del equpo de 2ª y la verdad es q es una pena q esto pase.Queda feo yo creo.Animo para vuestras ligas