xoves, 13 de outubro de 2011

O VINDEIRO SÁBADO TOD@S TEMOS UNHA CITA CO CLUB:

O vindeiro sábado día 15 de outubro terá lugar o acto de presentación co noso novo patrocinador, o Club Náutico de Boiro. O evento celebrarase ás 11:30h no porto de Cabo de Cruz e tódolos xogadores e xogadoras do Boiro Voleibol (desde os máis cativos ata os maiores) deberán estar alí debidamente uniformados co chándal oficial para presentarse ante o novo sponsor e os medios de comunicación. Correde a voz para que non falle ninguén e que este novo inversor se leve unha boa impresión de nós xa que nos días que corren é moito de alabar unha colaboración como a que esta entidade tivo co noso club. Agardámosvos a tod@s.

Imaxe aérea do novo porto de Cabo de Cruz

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

A ver si nos damos xuntado tod@s!!

Despois da presentación estamos tod@s invitados a comer na casa de Narci...xD

Narciso dixo...

A casa do "Farrapa" esta mais preto... XD

Adrián Alves dixo...

bla bla bla...

a10 dixo...

en que parte do porto deportivo hai q estar?

Andrés "Araña" dixo...

na entrada do porto deportivo, en canto se ve o mar, á dereita... alí nos vemos e de alí nos movemos. Saludos