No día de onte rapaces do Boiro Voleibol representaban no campeonato galego universitario ás súas respectivas universidades galegas. O torneo, celebrado na cidade de Ourense rematou coa vitoria final do equipo da UDC (Universidade da Coruña) tras impoñerse nos seus encontros ante a USC (Universidade de Santiago de Compostela) e UVI (Universidade de Vigo). Os membros do club presentes en Ourense foron: Juan Lorenzo "Doc", Iván Souto "Pas", Narciso Abalo e Jesús Vázquez xogaron pola USC. Miguel Vázquez, Alén García, Manuel Pérez "Cholo" e Adrián Alves "Chicho" representaban á UDC e Antón Pérez formaba parte do conxunto da universidade viguesa.
NOVO CONTRATEMPO PARA O REDESYL BOIRO VOLEIBOL:
O receptor Xavier Sarille estará un par de semanas de baixa por mor dun esguince de nocello que se produciu o pasado martes. A mala fortuna volve a afectar a un xogador do equipo filial xa que un bo número de integrantes tamén padeceron doenzas varias ó longo da presente campaña.¡Moito ánimo Xavi!
6 comentarios:
En nome do clube e meu persoalmente mandar un saúdo a Xavi e desexarlle unha pronta recuperación. Agardemos que estés de contado entre nós e non dubidamos que así será.
Ánimo campeón... préstoche eu un dos meus mentres... Recupera pronto. Un abrazo.
animo xavi aer se te recuperas pronto un saudo
marquinhos
O misil do Redesyl!!!
Recupérate pronto animal!...y que no se te ocurra volver a pisar una pista de voley sin unas cuantas tobilleras!
Ánimo!!
FORZA C.V.BOIRO!!!
Ánimo Xavi!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
animo Xavi!! ya veras como en nada ya estas metiendo ostias e intentando gorrearme!jajaja
un saludo ANIMAAAL!
Publicar un comentario