xoves, 10 de febreiro de 2011

Campionato galego universitario:

No día de onte rapaces do Boiro Voleibol representaban no campeonato galego universitario ás súas respectivas universidades galegas. O torneo, celebrado na cidade de Ourense rematou coa vitoria final do equipo da UDC (Universidade da Coruña) tras impoñerse nos seus encontros ante a USC (Universidade de Santiago de Compostela) e UVI (Universidade de Vigo). Os membros do club presentes en Ourense foron: Juan Lorenzo "Doc", Iván Souto "Pas", Narciso Abalo e Jesús Vázquez xogaron pola USC. Miguel Vázquez, Alén García, Manuel Pérez "Cholo" e Adrián Alves "Chicho" representaban á UDC e Antón Pérez formaba parte do conxunto da universidade viguesa.

NOVO CONTRATEMPO PARA O REDESYL BOIRO VOLEIBOL:
O receptor Xavier Sarille estará un par de semanas de baixa por mor dun esguince de nocello que se produciu o pasado martes. A mala fortuna volve a afectar a un xogador do equipo filial xa que un bo número de integrantes tamén padeceron doenzas varias ó longo da presente campaña.

¡Moito ánimo Xavi!

6 comentarios:

Adrián Alves dixo...

En nome do clube e meu persoalmente mandar un saúdo a Xavi e desexarlle unha pronta recuperación. Agardemos que estés de contado entre nós e non dubidamos que así será.

Andrés "Araña" dixo...

Ánimo campeón... préstoche eu un dos meus mentres... Recupera pronto. Un abrazo.

Anónimo dixo...

animo xavi aer se te recuperas pronto un saudo


marquinhos

BlackBandana dixo...

O misil do Redesyl!!!
Recupérate pronto animal!...y que no se te ocurra volver a pisar una pista de voley sin unas cuantas tobilleras!
Ánimo!!

FORZA C.V.BOIRO!!!

LOST dixo...

Ánimo Xavi!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

dieguitoo! dixo...

animo Xavi!! ya veras como en nada ya estas metiendo ostias e intentando gorrearme!jajaja
un saludo ANIMAAAL!