INTASA SAN SADURNIÑO 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 14-25, 25-16, 25-23)-(Superliga 2 Masculina)
Díaz-Romeral ante o bloqueo ferrolano |
Merecido triunfo do Intasa no derbi da Superliga 2 Masculina que enfrontaba ós ferroláns e ó noso primeiro equipo o pasado sábado no Municipal de San Sadurniño. O encontro non arrancaba ben para os homes de Emilio Palacio. O frío ambiente do recinto ferrolán instalábase no xogo dos branquiazuis que vían como os homes de Flavio Calafell de contado tomaban a iniciativa no encontro. Gracias á extraordinaria aportación do seu receptor murciano Francisco Fernández (18 ptos) o Intasa chegaba con vantaxe ós tempos técnicos do primeiro set (8-5 e 16-10). Incapaces de reaccionar os boirenses vían como os locais golpeaban primeiro e poñían terra de por medio no derbi. Na reanudación as tornas cambiaron. O caudal ofensivo do Náutico comezou a carburar e Iván Souto delegaba en Gabriel Del Carmen (14) a responsabilidade anotadora dos nosos. Paseniño o empate antoxábase inevitable, e así foi. Cun contundente 14-25 daban resposta os boirenses á vitoria parcial no primeiro set do Intasa. No 3º set as sensacións, lonxe de mantarse coma no set precedente, volveron a desmoronarse por completo. O venezolano Hernán Tovar (14) encabezaba a resposta dos locais ó empate boirense chegando a disparar o luminoso do Municipal a un clarísimo 12-21. Maniatados polo acerto ferrolán os de Emilio Palacio volveron a ceder e perdían neste intre o primeiro punto do encontro. A mala imaxe dos nosos persisitía máis alá do descanso entre sets. Irregulares en ataque e dubitativos en defensa os barbanzanos volvían a ver como o Intasa se escapaba no tanteador (16-9). Unha leve melloría en conxunto, acompañada da recuperación en ataque do oposto Juan Díaz-Romeral apretou o parcial. Nos momentos decisivos dous erros de ataque boirenses e un primeiro tempo perfectamente executado polo central venezolano Manuel Blanco hacia zona 1 pechaban un encontro que deixaban os 3 puntos en Ferrolterra. Tódolos números do encontro aquí. Polo Náutico formaron Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Cristóbal Álvarez, Gabriel Del Carmen, Mario Iglesias, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Xavier Sarille, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Germán Romero.
ASESORES VILA CASTRO 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 25-17, 25-20)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Mala actuación do Redesyl no Paco Paz |
Mal encontro do noso equipo filial diante do 2º clasificado desta 2ª Div. O servicio ourensán poñía en serios apretos a recepción dun Redesyl incapaz de trenzar o seu xogo ofensivo. Condicionados pola baixa calidade do seu primeiro toque os atacantes boirenses chocaban unha e outra vez contra o bloqueo-defensa local, clave para a vitoria do Asesores Vila Castro. Deste xeito, prácticamente sen oposición ningunha por parte dos nosos se levaban os rapaces da cidade das Burgas os 3 puntos en xogo que os afianza na parte alta da táboa clasificatoria. A vindeira semana toca xornada de descanso, momento inmellorable para recargar as baterías e correxir erros. Polo Redesyl xogaron Ismael M., Pablo R., Xavier S., Adrián G., Félix R., Fran D. e Felipe R. (líbero). Tamén xogaron Daniel V., Xian P., Borja V., Juan O. e Diego R.
CALDARIA VOLEYOURENSE 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-21, 22-25, 29-27)-(2ª Div. Autonómica Feminina)
Un combativo JEALSA cae na casa do líder |
A visita ó líder invicto da categoría presaxiaba un partido moi duro e así foi. O encontro comezaba co JEALSA un tanto tímido, chegando ós momentos decisivos do 1º e 2º parcial con opcións reais de vitoria. O nerviosismo e os erros non forzados evitarían tal cousa. O partido tivo un guión claro: seguridade en recepción das nosas, presión desde a liña de saque e un bloqueo-defensa moi incisivo gracias á orde aportada na primeira liña. Durante a 3ª manga o servicio foi clave. Dúas xeiras extraordinarias das nosas distanciaban ás de Mario Iglesias no luminoso do Paco Paz e os fallos do Caldaria rematarían por condear ás locais coa derrota parcial. Na reanudación a igualdade persistía e tras malgastar un balón de set as nosas perecían vítimas de dous erros non forzados no ataque. Xogaron: Laura M., Mariana D., Melissa N., María T., Alejandra G., Katy S. e Sheila O. (líbero). Como suplentes estaban Sara B. e Sheila P.
ASESORES VILA CASTRO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-19, 25-21)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Segunda derrota do ano para os xuvenís |
Segunda derrota da temporada para os nosos xuvenís nesta Liga Galega 14-15 despois da sufrida na primeira volta diante do Club Vigo Voleibol. A ausencia de saber estar nos momentos importantes privaron ós de Adrián Alves de traer un ben máis prezado de Ourense. Os tres sets foron copias exactas. O JEALSA comezaba mandando con claridade gracias a súa efectividade ofensiva e a un bloqueo-defensa ordeado e bastante incisivo. Deste xeito acadáronse rendas tales como un 1-7 no primeiro set que sería desperdiciado polo motivo anteriormente citado. Xusto cando os das Burgas propoñían unha mínima oposición os nosos desactivávanse por completo e non eran capaces de mostrarse competitivos en situacións de igualdade. Malia a derrota o JEALSA mantén a 2ª praza da LGXM. A vindeira semana toca xornada de descanso. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Xian P., Adrián G., Lois V., Borja V., Fran D. e Christopher R. (líbero). Tamén xogaron Rubén M., Pablo N., Félix R. e Dani G.
VOLEYOURENSE 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-6, 25-17)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
Lea G. volveu a formar no equipo xuvenil |
Derrota en tres sets do JEALSA xuvenil feminino na súa visita á cancha do 2º clasificado da Liga Galega. O encontro comezou coas nosas moi entonadas, exercendo unha fortísima presión desde a liña de saque e mostrando un bo nivel de defensa en segunda liña. Chegado o punto 20, os erros en ataque impediron que as nosas tivesen opción de adiantarse no tanteador. A partires de aquí só houbo un equipo sobre a cancha e foi o Voleyourense. Desatinadas en saque, imprecisas en recepción e totalmente desactivadas en ataque as boirenses viron como ás ourensás se levaban os dous seguintes parciais con comodidade. A vindeira xornada (21/2) choque complicado, no cal visita A Cachada o Xuvenil Teis (4º clasificado). Polo JEALSA formaron de inicio Sara B., Lea G., Alejandra M., Melissa N., Alejandra G., Lía V. e Sheila O. (líbero). Tamén xogaron Ada V., Sara T., Paula V., Laura O. e Irea T.
ASESORES VILA CASTRO 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 12-25, 14-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Pablo Nieto volveu a destacar no JEALSA |
A primeira vitoria do día chegaba da man dos cadetes neste encontro que os mantén no máis alto da LGCM. Malia contar coa baixa de Daniel Olveira, Borja Santamaría, Gabriel Seijas e Manuel Tubío os de Adrián Alves souberon levar a iniciativa no Paco Paz para desfacerse en 3 sets do Asesores Vila Castro. A maior potencia e precisión de saque do JEALSA decantaba a balanza dun choque visto para sentencia en tódolos inicios de set, onde os nosos conseguían rendas imposibles de afrontar polos locais. Cabe suliñar que 5 dos xogadores do JEALSA concentraranse este entroido coa selección galega en Dumbría (Dani, Darío, Rubén, Christopher e Pablo). Polo JEALSA xogaban de inicio Rubén M., Álvaro P., Christopher R., Pablo N., Álex V., Pablo D. e Darío O. (líbero). Como suplente estaba o infantil Sergio C.
CVO TITO HEIDELBERG PELUQUEROS 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 20-25, 22-25, 22-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)
As cadetes remontan e gañan por 1-3 |
Unha das poucas boas novas que nos deixou a fin de semana en canto a resultados veu da man do equipo cadete feminino. As de Emilio Palacio sobrepuxéronse á derrota no primeiro set para regresar a Boiro cos 2 puntos da vitoria. A gran actuación desde a liña dos 9 metros ocasionaba que as nosas de contado adquirisen vantaxes amplas no tanteador imposibles de remontar para as locais. Cabe destacar a aportación de Paula Vázquez e Marta Segade preto da rede, ó igual que Alejandra Moledo en facetas ofensivas unha semana máis. O vindeiro 21 de febreiro o Xuvenil Teis, 3º clasificado desta LGCF, visita o feudo boirense no que se prevé un choque moi igualado. Polo JEALSA xogaban Lea G., Laura P., Alejandra M., Paula V., Lía V., Laura O. e Irea T. (líbero). As suplentes eran Marta S., Ada V., Sara T., Luciana V. e Verónica P.
ASESORES VILA CASTRO 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-23, 20-25, 25-23)-(Liga Galega Infantil Masculina)
Os infantís plantaron cara no Paco Paz |
Gran partido o xogado no Paco Paz ourensán polos máis pequenos do Boiro Voleibol. O encontro arrancaba cun JEALSA cohibido polo frío ambiente do recinto e mermado polas múltiples baixas que sufría. Punto a punto e set a set o xogo branquiazul mellorou e foi no 3º parcial cando se puido ver a mellor versión dos rapaces que dirixe Adrián Alves. A maior frecuencia de acerto en saque e a construcción de mellor calidade facía que os nosos infantís recurtasen distancias no luminoso e nos permitisen ser optimistas coa vitoria. O 4º set foi o de máis igualdade. No tramo final, só a maior puntería do Asesores Vila Castro evitaba que os dous puntos da vitoria fuxisen cara o norte. Polo JEALSA formaban de inicio Esteban P., Alexis S., Manuel L., Sergio C., Agustín L. e Juan Q. Como reserva estaba Abel G.
Ningún comentario:
Publicar un comentario