NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 2-3 CyL PALENCIA 2016
(26-24, 25-21, 23-25, 26-28, 18-20)-(Superliga 2 Masculina)
O Náutico roza a vitoria ante CyL Palencia 2016 |
Axustadísima derrota a sufrida polo noso primeiro equipo no encontro de Superliga 2 Masculina que traía á Cachada á selección española júnior. Os afeccionados que se achegaron ó recinto boirense a ver ó seu equipo disfrutaron dun espectáculo extraordinario no que os de Emilio Palacio vían como o combinado palentino remontaba un 2-0 para pechar o encontro con finais de infarto nos 3 últimos sets. O Náutico golpearía primeiro gracias á efectividade do seu bloqueo-defensa baseado nunha extraordinaria presión desde a liña de saque. Durante o 2º set o dominio dos boirenses fíxose patente e a extraordinaria aportación ofensiva do oposto alcarreño Juan Díaz-Romeral (38 puntos) era demasiado para un equipo, o palentino, ó que o encontro se lle poñía moi costa arriba. Os pupilos de Ricardo Maldonado non se amilanaron a pesar da súa xuventude. Da man dun gran Carlos Jiménez (27 puntos) conseguían equilibrar a balanza e levar a 3ª manga a un final totalmente incerto. Un erro de ataque boirense acababa coa igualdade e ocasionaba o 2-1. O guión seguía sin modificacións na reanudación. A presión desde os 9 metros por parte do Náutico non era tan efectiva como nas dúas primeiras mangas e os visitantes volvían a levar a igualdade do set a un final de fortes emocións. De novo os automatismos palentinos superaron a paixón branquiazul levando deste xeito o partido a un tie-break que auguraba un gran 5º set para o espectador. Os erros de saque facían que o Náutico chegase ó cambio de campo cunha desvantaxe que a posteriori sería unha lousa demasiado pesada. A reacción local chegou da man de Juan Díaz-Romeral e Gabriel del Carmen para levar as táboas ó tanteador chegada a decea de puntos pero tras desaproveitar un par de oportunidades de pechar o partido para deixar os 2 puntos da vitoria na Cachada os erros en ataque e o bloqueo dos visitantes privaban ós nosos de brindarlle a vitoria ós seus seguidores. Consulta neste enlace a estadística completa do partido. Polo Náutico xogaron de inicio Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Gabriel Del Carmen, Cristóbal Álvarez, Mario Iglesias, Germán Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Pablo Redondo, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Borja Vilas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario