xoves, 26 de febreiro de 2015

HORARIOS DUNHA FIN DE SEMANA CON SABOR A DERBI NA SUPERLIGA 2:

SÁBADO 28:

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, CGTD)-(Liga Galega Cadete Feminina)

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, A Xunqueira 2)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, A Xunqueira)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, CGTD)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

DOMINGO 1:

NARÓN VOLEA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Campo da Serra)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CV NARÓN VOLEA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Campo da Serra)-(Liga Zonal Infantil Feminina)

mércores, 25 de febreiro de 2015

O EQUIPO IDEAL DESTA SEMANA XA ESTÁ AQUÍ:

Equipo ideal da xornada do 21 de febreiro
A pasada non foi unha xornada demasiado prolífica para os nosos equipos en canto a resultados pero as actuacións individuais nos encontros con marcador favorable foron o suficientemente boas como para conformar un equipo de moita calidade. Colocador, Iván Souto: foi probablemente o mellor xogador do Náutico na visita dos de Emilio Palacio a Leganés. 4 puntos de bloqueo e 3 de ataque para un total de 7 son uns números estratosféricos para un colocador cando estamos a falar dun encontro a 3 sets. A xestión do caudal ofensivo por parte de Pas elevou a un 47% a efectividade atacante dos boirenses. Oposto, Juan Díaz-Romeral: 14 puntos de ataque sobre 28 intentos e un bloqueo directo son as credenciais presentadas polo oposto do Náutico para ser o mellor na súa demarcación esta semana. Receptor 1, Daniel Olveira: a baixa de Pablo Nieto levaba a Daniel a desempeñar funcións de receptor e a súa aportación na vitoria dos cadetes en Coia foi máis que satisfactoria. Seguro no primeiro toque durante todo o partido e contundente en ataque Dan gañouse o mérito de ser un dos mellores da xornada. Receptor 2, Manuel Pérez: gran aparición a do santiagués desde o banco conseguindo 3 puntos de ataque (60%) e un extraordinario 88% de recepcións positivas. Central 1, Alejandra Galbán: foi a mellor xogadora das xuvenís na derrota sufrida polas de Andrés Martínez ante o Xuvenil Teis. Durante gran parte do encontro foi o único recurso ofensivo das nosas para tentar manterse na pelexa. Central 2, Mario Iglesias: xunto con Iván, mellor bloqueador da xornada na Superliga 2 Masculina (4). Os seus 5 puntos de ataque cun 56% de acerto redondean unha extraordinaria actuación que lle sirve ó rianxeiro para formar tamén no septeto ideal da semana confeccionado pola RFEVB. Líbero, Darío Outeiral: auténtico faro do JEALSA cadete masculino en defensa. O nivel mostrado por Darío en recepción permitíulle ó seu equipo construir con comodidade o seu xogo de ataque.

domingo, 22 de febreiro de 2015

O NÁUTICO VENCE POR 0-3 E VOLVE COS 3 PUNTOS DA CAPITAL. RESULTADOS:

CVLEGANÉS.COM 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 21-25, 13-25)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico, no momento do saúdo inicial
Importantísima vitoria a acadada polo primeiro equipo masculino no Emilia Pardo Bazán leganense para amarrar a permanencia na categoría de prata do volei nacional. De contado tomaría a iniciativa o combinado boirense gracias á súa actuación en bloqueo. O central Mario Iglesias e o colocador Iván Souto mostráronse infranqueables na primeira liña de defensa branquiazul, conseguindo a renda coa que os de Emilio Palacio pecharían o primeiro set cunha diferencia de 5 puntos. O segundo parcial foi, sen lugar a dúbidas, o menos vistoso. Ambas escuadras viaxaban erráticas por un set no que as imprecisións estaban a ser as claras protagonistas. Foi co 18-18 cando un ataque ó segundo toque de Iván Souto rompería a igualdade do mesmo en favor dos visitantes. O central xuvenil Borja Vilas poñería o 18-20 cun bloqueo directo e de novo o propio colocador santiagués redondearía cun novo bloqueo directo unha actuación extraordinaria na que rematou con 7 puntos, unha cifra pouco habitual nun armador. No tempo que durou o 3º set tan só houbo un equipo sobre a pista. Juan Díaz-Romeral (15 puntos) e un inspiradísimo Manuel Pérez que aportou neste set 3 puntos de ataque cun 60% de efectividade destacaban nun Náutico que chegaba ó segundo tempo técnico en vantaxe de 9 puntos (7-16). Co paso dos puntos as cousas non cambiaban e un bloqueo do rianxeiro Mario Iglesias poría o punto e final a un encontro dominado de cabo a rabo polos galegos. Consulta aquí a estadística oficial do encontro. O Náutico formaba de inicio con Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Gabriel Del Carmen, Cristóbal Álvarez, Mario Iglesias, Germán Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Daniel Vázquez, Narciso Abalo, Manuel Pérez e os xuvenís Borja Vilas e Marcos Alvite.

xoves, 19 de febreiro de 2015

MADRID E VIGO, DESTINOS PARA O PRÓXIMO SÁBADO 21 DE FEBREIRO:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS
(9:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS
(11:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IBERICAR TURBOTRACCIÓN XUVENIL TEIS
(12:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CLUB VIGO VOLEIBOL - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, PM de Coia)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CVLEGANÉS.COM - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, Emilia Pardo Bazán)-(Superliga 2 Masculina)

CLUB VIGO VOLEIBOL - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, PM de Coia)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

domingo, 15 de febreiro de 2015

CyL PALENCIA 2016 SAE VICTORIOSO NUN CHOQUE NON APTO PARA CARDIACOS:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 2-3 CyL PALENCIA 2016
(26-24, 25-21, 23-25, 26-28, 18-20)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico roza a vitoria ante CyL Palencia 2016
Axustadísima derrota a sufrida polo noso primeiro equipo no encontro de Superliga 2 Masculina que traía á Cachada á selección española júnior. Os afeccionados que se achegaron ó recinto boirense a ver ó seu equipo disfrutaron dun espectáculo extraordinario no que os de Emilio Palacio vían como o combinado palentino remontaba un 2-0 para pechar o encontro con finais de infarto nos 3 últimos sets. O Náutico golpearía primeiro gracias á efectividade do seu bloqueo-defensa baseado nunha extraordinaria presión desde a liña de saque. Durante o 2º set o dominio dos boirenses fíxose patente e a extraordinaria aportación ofensiva do oposto alcarreño Juan Díaz-Romeral (38 puntos) era demasiado para un equipo, o palentino, ó que o encontro se lle poñía moi costa arriba. Os pupilos de Ricardo Maldonado non se amilanaron a pesar da súa xuventude. Da man dun gran Carlos Jiménez (27 puntos) conseguían equilibrar a balanza e levar a 3ª manga a un final totalmente incerto. Un erro de ataque boirense acababa coa igualdade e ocasionaba o 2-1. O guión seguía sin modificacións na reanudación. A presión desde os 9 metros por parte do Náutico non era tan efectiva como nas dúas primeiras mangas e os visitantes volvían a levar a igualdade do set a un final de fortes emocións. De novo os automatismos palentinos superaron a paixón branquiazul levando deste xeito o partido a un tie-break que auguraba un gran 5º set para o espectador. Os erros de saque facían que o Náutico chegase ó cambio de campo cunha desvantaxe que a posteriori sería unha lousa demasiado pesada. A reacción local chegou da man de Juan Díaz-Romeral e Gabriel del Carmen para levar as táboas ó tanteador chegada a decea de puntos pero tras desaproveitar un par de oportunidades de pechar o partido para deixar os 2 puntos da vitoria na Cachada os erros en ataque e o bloqueo dos visitantes privaban ós nosos de brindarlle a vitoria ós seus seguidores. Consulta neste enlace a estadística completa do partido. Polo Náutico xogaron de inicio Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Gabriel Del Carmen, Cristóbal Álvarez, Mario Iglesias, Germán Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Pablo Redondo, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Borja Vilas.

xoves, 12 de febreiro de 2015

EQUIPO IDEAL DA XORNADA PASADA, ESTES SON @S DESTACAD@S:

Equipo ideal da xornada do 7 de febreiro
Malia que os resultados non acompañaron durante a pasada fin de semana as actuacións dos nosos xogadores dan para confeccionar un equipo de garantías neste septeto ideal da semana no Boiro Voleibol. Colocador, Rubén Martínez: o pequeno dos Martínez volveu a ser o faro do JEALSA cadete masculino. O peso e precisión do seu saque foi unha lousa demasiado pesada para a recepción do Asesores Vila Castro. A intelixencia demostrada na dirección e o seu descaro sobre a pista fan de Rubi o mellor colocador da semana. Oposta, Mariana Díaz: soportou o volume ofensivo do JEALSA no extraordinario encontro que as de Mario Iglesias xogaron ante o Caldaria. A atacante rianxeira foi un dos motivos polo cal as senior foron competitivas até o final. Receptora 1, María Triñanes: a súa seguridade apuntalou a liña de recepción do JEALSA na que a acompañaron as xuvenís Melissa Novoa e Sheila Outeiral. O seu saber facer en momentos decisivos mantiveron as opcións de vitoria en moitos tramos do encontro. Receptor 2, Pablo Nieto: foi o auténtico estilete do JEALSA. O seus envíos de ataque eran demasiado para a defensa de segunda liña ourensá. Central 1, Lía Villar: a cadete de primeiro ano mostrouse moi inspirada preto da rede nunha das vitorias colleitadas o sábado pasado. A aportación desde a liña de saque da boirense foi tamén digna de mención. Central 2, Manuel López: foi o xogador máis destacado dos infantís no Paco Paz. O seu turno de saque era un soplo de aire fresco para o JEALSA. Líbero, Sheila Outeiral: gran actuación en recepción e defensa a mostrada pola líbero xuvenil no anexo do Paco Paz. 

domingo, 8 de febreiro de 2015

OS RESULTADOS NON ACOMPAÑAN NESTA PRIMEIRA XORNADA DE FEBREIRO:

INTASA SAN SADURNIÑO 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 14-25, 25-16, 25-23)-(Superliga 2 Masculina)

Díaz-Romeral ante o bloqueo ferrolano
Merecido triunfo do Intasa no derbi da Superliga 2 Masculina que enfrontaba ós ferroláns e ó noso primeiro equipo o pasado sábado no Municipal de San Sadurniño. O encontro non arrancaba ben para os homes de Emilio Palacio. O frío ambiente do recinto ferrolán instalábase no xogo dos branquiazuis que vían como os homes de Flavio Calafell de contado tomaban a iniciativa no encontro. Gracias á extraordinaria aportación do seu receptor murciano Francisco Fernández (18 ptos) o Intasa chegaba con vantaxe ós tempos técnicos do primeiro set (8-5 e 16-10). Incapaces de reaccionar os boirenses vían como os locais golpeaban primeiro e poñían terra de por medio no derbi. Na reanudación as tornas cambiaron. O caudal ofensivo do Náutico comezou a carburar e Iván Souto delegaba en Gabriel Del Carmen (14) a responsabilidade anotadora dos nosos. Paseniño o empate antoxábase inevitable, e así foi. Cun contundente 14-25 daban resposta os boirenses á vitoria parcial no primeiro set do Intasa. No 3º set as sensacións, lonxe de mantarse coma no set precedente, volveron a desmoronarse por completo. O venezolano Hernán Tovar (14) encabezaba a resposta dos locais ó empate boirense chegando a disparar o luminoso do Municipal a un clarísimo 12-21. Maniatados polo acerto ferrolán os de Emilio Palacio volveron a ceder e perdían neste intre o primeiro punto do encontro. A mala imaxe dos nosos persisitía máis alá do descanso entre sets. Irregulares en ataque e dubitativos en defensa os barbanzanos volvían a ver como o Intasa se escapaba no tanteador (16-9). Unha leve melloría en conxunto, acompañada da recuperación en ataque do oposto Juan Díaz-Romeral apretou o parcial. Nos momentos decisivos dous erros de ataque boirenses e un primeiro tempo perfectamente executado polo central venezolano Manuel Blanco hacia zona 1 pechaban un encontro que deixaban os 3 puntos en Ferrolterra. Tódolos números do encontro aquí. Polo Náutico formaron Iván Souto, Juan Díaz-Romeral, Cristóbal Álvarez, Gabriel Del Carmen, Mario Iglesias, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Xavier Sarille, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Germán Romero.

venres, 6 de febreiro de 2015

O DERBI DA SUPERLIGA 2 EN FERROL CONCENTRA AS MIRADAS DESTE SÁBADO 7:

ASESORES VILA CASTRO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Paco Paz)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

VOLEYOURENSE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Paco Paz)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

ASESORES VILA CASTRO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Paco Paz)-(Liga Galega Infanil Masculina)

CALDARIA VOLEYOURENSE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Paco Paz)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

ASESORES VILA CASTRO - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Paco Paz)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

ASESORES VILA CASTRO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Paco Paz)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CVO TITO HEIDELBERG PELUQUEROS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, IES Ferro Couselo)-(Liga Galega Cadete Feminina)

INTASA SAN SADURNIÑO - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Mun. de San Sadurniño)-(Superliga 2 Masculina)

domingo, 1 de febreiro de 2015

OS CADETES DÉIXANNOS A ÚNICA VITORIA DESTA FIN DE SEMANA:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 ZALAETA
(18-25, 20-25, 17-25)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

O bloqueo do JEALSA mellorou ante o Zalaeta
Derrota en tres sets do primeiro equipo feminino ante un durísimo rival que se presentou na Cachada con xogadoras de moita altura e calidade. Malia esto, as nosas plantaron cara en todo momento ofrecendo unha boa imaxe e mostrando valentía case que en tódolos tramos do partido. Unha deficiente recepción dinamitaba as opcións de vitoria parcial no primeiro set. Xa no segundo set esta problema desaparecería e as de Mario Iglesias conseguían unha renda inicial de 8-1 baseando o seu xogo no saque e bloqueo. Pouco a pouco as coruñesas afinaban os seus instrumentos e conseguían chegar ó final do set en condicións de pechalo. Durante a terceira manga as boirenses, conscientes de que debían asumir riscos para poder puntuar, cometeron un maior número de erros non forzados e as herculinas non tremeron para marchar da Cachada cos 3 puntos da vitoria. Consulta neste enlace a clasificación da 2ª División Feminina, onde o JEALSA ocupa tras esta derrota a 6ª praza desta fase regular. Polo JEALSA xogaron: Laura M., Mariana D., Xiana R., Noelia D., María T., Melissa N. e Sheila O. (líbero). Como reservas estaban Sara B., Katy S., Alejandra G., Sheila P. e Paula V.