sábado, 12 de abril de 2014

O JEALSA, CAMPIÓN GALEGO INFANTIL MASCULINO 2013-14:

Almería agarda polos nosos infantís. ¡Parabéns!
O día 12 de abril de 2014 quedará gravado con letras de ouro nos anais do Club Voleibol Cabo de Cruz xa que tras máis de 22 anos de historia un equipo da nosa canteira conseguiría facerse cunha medalla de ouro nun Cpto. Galego. A xornada comezaba dun xeito inmellorable onde os de Adrián Alves se desfacían sen atrancos dun combativo Sta. Mª del Mar (3-0; 25-15, 25-14, 25-18). O nivel de saque sería chave para desequilibrar a balanza dun choque que servía para colocar ós branquiazuis na final do play-off. Na outra semifinal o 2º clasificado da fase regular, o Voleibol Dumbría, tamén facía os deberes eliminando ó Burgas Volei (3-0; 25-15, 25-18, 25-20) conseguindo facerse un hoco na final. Na pelexa pola presea de bronce os ourensáns soportaron mellor a presión nos finais de set e conseguiron anotarse o encontro en tres axustados sets (22-25, 23-25, 16-25) onde a súa consistencia dende a liña dos 9 metros sería vital. Boirenses e dumbrienses citábanse nunha final para a que A Cachada vestiría as súas mellores galas. Os numerosos siareiros que se congregaron nas bancadas verían como os nosos levantarían a copa de campións galegos despois de 3 sets (13-25, 19-25, 13-25) e conseguían deste xeito un billete para o Campionato de España que se celebrará en Almería entro o 21 e o 25 de maio. A por todas rapaces!

3 comentarios:

farrucox dixo...

SODES OS DONOS DO VOSO FUTURO DEPORTIVO. SEGUIDE TRABALLANDO A REO E VEREDES CO TEMPO, QUE O DE ONTE, FOI O PRIMEIRO DOS MOITOS TRUNFOS QUE VOS AGARDAN. NORABOA, O ESFORZO SEMPRE TEN RECOMPENSA

Gus dixo...

A disfrutalo moito!!!

E despois...

Seguide traballando duro!


Enhorabuena!!!!!!

Unknown dixo...

Enhorabuena chavalessss!!